Biblioteca - Hemeroteca "Angeles Alvariño"



 
 
Dende o ano 2012 a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán leva o nome da investigadora ferrolá Angeles Alvariño  zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global.

No ano 1989 foi considerada “BIBLIOTECA DE TITULARIDADE PRIVADA DE ESPECIAL INTERESE PARA GALICIA”.

E dende o ano 1996 (Orde do 21.10.1996) está “INTEGRADA NA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA”.

 Ferrol ao longo da súa historia destacou polo seu interese pola prensa e desde o século XIX foi unha das cidades nas que o xornalismo e a prensa máis variada, desenvolvéronse dun xeito máis destacado. Nós continuamos con esa tradición e a hemeroteca do Ateneo conserva exemplares únicos de prensa local desde o século XIX.

O Ateneo Ferrolán, é unha institución sen ánimo de lucro, de carácter cultural, que desenvolve a súa actividade dentro do ámbito de Galicia, pero cunha proxección máis ampla, e cunha clara vocación de ser un lugar onde atopen cabida todas as opinións e expresións artísticas, enlazando co espírito dos ateneos decimonónicos, nos que temos a nosa orixe.

 Esta biblioteca-hemeroteca está composta na actualidade por máis de 12.000 volumes, no seu fondo bibliográfico, fondos de carácter xeral, pero que fan especial incidencia no Fondo Local, nos temas relacionados coa cidade de Ferrol, e con todo o referido á arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia. 

 A hemeroteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 500 cabeceiras de prensa. Divididas en revistas e prensa diaria; tanto en coleccións pechadas como abertas; esta prensa é de ámbito internacional, pero desde logo, a súa parte máis importante é a prensa local.

A destacar:
  • EL OBRERO - 1932-1936
  • EL RADICAL - 1935
  • LA DEMOCRACIA - 1891
  • DIARIO FERROLANO 1904-1913
  • FARO DE FERROL - 1914
  • EL ECO FERROLANO - 1866
  • GALICIA - 1885
  • LA LUCHA - 1920
  • IR - Principios do século XX
Outra das características da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo, é que malia ser unha entidade de titularidade privada está considerada de especial interese para Galicia e é unha biblioteca aberta ao público en xeral.

O Ateneo Ferrolán ven realizando ininterrompidamente, dun xeito gratuíto e público, dende o ano 1983 o seu servicio de Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca, coa atención especializada dun profesional, que inclúe as seguintes prestacións:

Servicio Público: 900/1000 horas anuais
  • •       Lectura/Consulta de Fondos.
    •       Lectura e Fotocopiado de Microfilmes e Microformas.
    •       Servizo de Reprografía.
    •       OPAC
    •       Información Bibliográfica


HEMEROTECA:
Colección única e completa do FERROL DIARIO-EL NORTE.

Dende o ano 1977, mantemos as coleccións completas para o servicio público e gratuíto de: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, O Correo Galego, A Nosa Terra, El Pais, Diario 16 de Galicia, O Comarcal. Iniciando as coleccións de Galicia Hoxe, La Opinión, Diario de Ferrol.

ESPECIALIZACIÓN de fondos de temática galega e propios de Ferrol e comarca.

Anualmente mantemos un convenio coa UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CAMPUS FERROL para que na nosa biblioteca realicen prácticas os alumnos e alumnas da ESCOLA DE BIBLIOTECONOMÍA.

As institucións, máis destacadas, coas que habitualmente mantemos contacto e intercambio de publicacións son :
  • Xunta de Galicia
  • Concello de Ferrol
  • Revista de Estudios Mindonienses de la Diócesis Mondoñedo - Ferrol
  • Club de Prensa de Ferrol
  • Concello de Pontedeume
  • Concello de Betanzos
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña)
  • Archivo del Reino de Galicia
  • Deputación Provincial de A Coruña
  • Fundación Eugenio Granell
  • Instituto Ramón Piñeiro (Santiago)
  • Centro Dramático Galego
  • Asociacións de Ferrolterra e Galicia
  • Concello de Neda
  • Institucións públicas Galegas e Estatais
É importante sinalar que tamén se reciben donazóns de particulares.
  • “Mundo” e “Bazán”.
  • “Socialista”.
  • ABC.
O Ateneo Ferrolán, a través da biblioteca, colabora noutras actividades que se basan na cesión dos seus fondos hemerográficos; exemplos:
  • Diario de Ferrol :
    • Co que colaborou cedendo “Ferrol Diario” para a seccción “hace 25 años”.
  • Editorial Embora :
    • Á que se lle facilitou a prensa para a elaboración do seu “Anuario”.
  • UGT :
    • Ós que cedimos exemplarres de ABC dos anos 20 para unha exposición homenaxe a Pablo Iglesias. 
  No nacemento de EL CORREO GALLEGO: Ferrol entre dous séculos 31.07.2008. A cidade naval celebra os orixes da cabeceira, nacida en 1878. O ATENEO FERROLÁN nacía en 1879.

Na Hemeroteca temos 500 cabeceiras de Periódicos diferentes e 332 títulos de Revistas, entre as que se poden destacar algunhas cabeceiras de prensa:
  • “A Nosa Terra”, colección completa e pechada dende 1907.
  • “El Obrero” (1932 - 1936), encadernado e máis en microfilme.
  • “La Voz de la CONS” (1937), en microfilme.
  • “Fuero” (1938 - 1939), en microfilme.
  • “Ferrol Diario” (Colección completa encadernada).
  • “El Ideal Gallego”, encadernado, desde 1977.
  • “La Voz de Galicia”, desde 1977 (microfichas, desde 1991).
  • “El Correo Gallego”, desde 1980 (microfichas, desde 1991).
  • “El País”, desde 1981 (microfichas, desde 1991).
  • “O Correo Galego”, desde 1994.
  • “El Mundo Obrero” - Cesión do PCG de Ferrolterra
  • “Le Monde Diplomatique” - Cesion dun socio.
  • “Galicia Hoxe”. Colección completa e pechada.
Ademais existen diferentes periódicos editados no século XIX e principios do XX, como :
  • “La Descripción del Reyno de Galicia". (Juan de Molina, ano 1551).
  • “La Ilustración". Editado en Madrid, no ano 1851.
  • “La primera enseñanza”. (Revista de 1862 - 1863).
  • Prensa europea
  • Prensa americana
 No ano 2008 o Ateneo Ferrolán e a Fundación Pedro Barrié de la Maza asinan un convenio para o proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán", un dos proxectos seleccionados pola Fundación na súa III Convocatoria de proxectos en colaboración 2006-2007.

Esta colaboración ampliouse coa doazón de máis de 230 títulos editados polo servizo de publicacións da Fundación e coa cesión ao Ateneo da colección de microfilmes de El Correo Gallego correspondentes ao período 1878-1974.

 Fondo Muller: Dende o ano 1976 a Vocalía da Muller cando non exisitían espazos específicos de reivindicación, apoio e loita feminista. Mantemos un fondo documental nesta biblioteca Carteis, Fotos, Dípticos, Libros... relacionados con actos conmemorativos sobre o 8 de marzo, así como alusivos á violencia de xénero, ou calquera outro destinado á reivindicación dos dereitos da muller, en tódolos ámbitos sociais e laborais ó longo da historia.

 Fondo Teatro: Xa nos seus comezos polos anos 70, o Ateneo Ferrolán, era impulsor dun Premio de Teatro. sendo algunhas obras as premiadas: ¡Ollo, hai lurpios na costa! de Anxela Loureiro, 1º Premio Teatro Infantil do Ateneo Ferrolán en 1978.
O Ateneo é pioneiro dos "Xoves Teatrais" coa recuperación do Teatro para Ferrol e organizadores en 1988 do "1º Encontro de Teatro Profesional Galego".
Os fondos adicados ao mundo das Artes Escénicas é grande e valioso: libros, cartelería, afiches, programas, dossier's, fotografías.

        A filmoteca do Ateneo Ferrolán conta na actualidade con ± 1.000 títulos entre longametraxes, curtas e documentais.

O noso importante arquivo fotográfico composto de fotografías de diversa tipoloxía de principios de século (construción naval, social, industrial, carteis ....). 

O importante arquivo de partituras inéditas e orixinais para gaita galega así como as súas gravacións presentadas ao longo dos 21 anos do noso Concurso Internacional de Gaita Galega e Composición “Constantino Bellón”. 


Os FONDOS increméntanse, como non podía ser doutra maneira, mes a mes, o que supón un esforzo económico e persoal para a conservación e difusión de dito patrimonio.

      O
Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuitamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.



 

Constantino Bellón

Fotos de José J. Presedo




 INTRODUCIÓN





O Ateneo Ferrolán ven realizando o Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”, un certame único en Galicia de composición e interpretación de gaita galega, para solistas, dende o ano 1991.

Este certame está dirixido á potenciación da música de gaita galega, por ilo o Xurado cualificador valora o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas. Outra das condicións básicas para participar no mesmo, é a obrigatoriedade de presentar partituras inéditas, polo cal, ano tras ano vai aumentando dun xeito importante a calidade e cantidade de pezas creadas exclusivamente para este certame. Do mesmo realízase unha gravación e posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre o día 31 do mes de agosto.

O ámbito e alcance do “Constantino Bellón”, tanto a nivel de participación como de publicidade, está a acadar cada ano unha meirande importancia no panorama da música tradicional galega, considerado como un dos máis importantes certames a nivel internacional. Desde hai varias edicións creouse unha participación directa na final de catro gaiteiros seleccionados dos centros galegos da emigración galega de todo o mundo. De cara a ilo e a promoción da nosa música, tanto a publicidade como as gravacións posteriores se envían a tódolos centros galegos da emigración.




RESEÑA HISTÓRICA





O "Constantino Bellón" foi creado  polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estrito das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor LUÍS SEOANE, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a todos os gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.

Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un papel representativo de Galiza e Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade, e engadindo tamén o día 30 para o de composición.

Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.


No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos e posteriormente, do Obradoiro SEIVANE co seu significado sempre comprometido na defensa da cultura  galega.


Dende a 6ª edición, no ano 1996, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible grazas á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financiou durante 14 anos os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste sentido, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón”, o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a todos os centros galegos do país e da diáspora.


Tamén, e dende o ano 2003 engadiuse o Punto nº 9 ás Bases do Constantino Bellón o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.


Tamén, dende o ano 2008 engadiuse ao Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón” referente ao Gaiteiro de Soutelo, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición que será concedida a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.

EDICIÓN DAS GRAVACIÓNS





O "Constantino Bellón" foi creado  polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.


Do mesmo, realízase unha gravación para a súa posterior edición no ano 1991 dun LP (disco en vinilo) e nos seguintes anos en CD, dicir que dende o ano 2003 vimos contando co equipo móbil de gravación da RTVG que realiza as gravacións en directo os dous días no Teatro Jofre de Ferrol coa posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre os días 30 e 31 do mes de agosto.


A distribución desta gravación é gratuíta achegando, entre outros, a entidades culturais, a todos os Centros Galegos do Exterior copias para a súa distribución e arquivo nas súas fonotecas.


Os dezanove anos da edición deste disco supón un amplo arquivo de pezas inéditas para gaita galega creadas para este Concurso organizado polo Ateneo Ferrolán.

OS PREMIADOS


5.1 Premio “Gaiteiro solista”




·        Ano 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da Xiada e Xota para Ourense.



·        Ano 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira.



·        Ano 1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da Cabra e Muiñeira picada.



·        Ano 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa interpretación de Preludios de gaita e Aturuxeira.

       

·        Ano 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira.



·        Ano 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con “Non te namores meniña” (Tradicional) e “Saltareira” (xota), de Pepe Vaamonde.



·        Ano 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con “Peizoquiña”, de Suso Vaamonde e “Muiñeira do mesón”, de Suso Vaamonde.



·        Ano 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con “Valse de Cecebre”, de Pedro Lamas e “Postludio Indigestat”, de autor.



·        Ano 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con “Piricuchiña” e “A gaita de Melchor”, de Iván Costa.



·        Ano 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, “Alalá de Pradías”, de Pepe Vaamonde, “415 de Casto Sampedro”,  “Muiñeira de San Froilán” de Pepe Vaamonde.



·        Ano 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con “A codea de pan” de Daniel Bellon e “O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira” de Pedro Lamas Varela.



·        Ano 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con ”Barlovento” e “Cuasimuiñeira” de Oscar Miranda.



·        Ano 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con ”Aloumiños” e “Andame unha pulga atrás dun piollo” de Agustín Sánchez.



·        Ano 2004. Alberto Coya Otero, de Hio (Pontevedra), con ”¡Malditas palletas ...! e “Non me amoles” de Alberto Coya Otero.



·        Ano 2005. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Un lustro” de Daniel Bellón García, “Río de Anxo” de Xosé Romero Suárez e “Prieguiceira” de  Ernesto Campos.



·        Ano 2006. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Fisterra, variacións de noitébrega”, de Brian Booshby- Xosé R. Suárez (Daniel Bellón) e  “Sen máis “ de Daniel Bellón.



·      Ano 2007. Brais Monxardín López, de A Fonsagrada (Lugo), con  “Aria, suite nº 3” de  J.S. Bach / Arranxos Pepe Vaamonde e  “Aires de San Martín” de Brais Monxardín López. REVOGADO POSTERIORMENTE.



·        Ano 2008. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con  “Abime des Oiseaux” de Olivier Messiaem  e “Xota da utopía”  de Pablo Devigo Vázquez.  



·        Ano 2009. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 1 ou A Xana”de Pablo Devigo Vázquez e “Xota nº 2 ou Carral 1846” de Pablo Devigo Vázquez       



·     Ano 2011. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 2, Canto de afiador” de Pablo Devigo Vázquez e “Chacona en DOM” de Pablo Devigo Vázquez

  


·     Ano 2013. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 4, Surr” de Pablo Devigo Vázquez e “Asturias (Leyenda)" de I. Albéniz. Adaptación Pablo Devigo Vázquez

5.2 Premio “Gaiteiro de Soutelo”




o       ANO 1997

Anabel Arias Andrés - Sabadell (España)          

María Isabel Mouzo Ameijeiras - Bos Aires-Arxentina                 

Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo                               

Miguel Angel Freire Santos - Xenebra- Suiza     



o       ANO 1998

Anabel Arias Andrés -  Sabadell (España)          

Carina Fragoso Pegito - Bos Aires-Arxentina       

Elvira Lara Fernández - Cornellá (Barcelona)

        


o       ANO 1999

David Martínez Montes - La Habana (Cuba)          

Walter Andrés Almirón García - Buenos Aires (Arxentina)           

Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo (Bizkaia)                          

Manuel Coedo Freijo - Terrassa (Barcelona)                          



o       ANO 2000 
Carina Fragoso Pegito - Buenos Aires – Arxentina.
Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.



o       ANO 2001

Walter Andres Almirón Garcia - Arxentina.

Daniel Lumbreras Rodriguez - Guipuzkoa.

Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.

Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.



o       ANO 2002

David Rodríguez Anido - Londres (Reino Unido).

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti (Guipúzcoa).

Magalí Tella - Suiza.

Walter Andrés Almirón García - Arxentina.



o       ANO 2003

Santiago  Agustín Molina - Bos Aires (Arxentina)

Francisco Franco Caamaño - Baracaldo (Bizkaia)
Walter Almirón García - Bos Aires (Arxentina)
Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián (Donostia)



o       ANO 2004

Juan Pablo Aguirre Alegre - Bos Aires, Arxentina.

Julio Jesús León Pérez - Castellón.

Santiago Agustín Molina - Arxentina.

Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.



o       ANO 2005 
Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa

Pablo Martín Rocco Couselo - Arxentina

Juan Pablo Aguirre Alegre - Arxentina

Anáisy Gómez Fernández - Habana, Cuba



o       ANO 2006

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa

Vicente Carlos González Siri  - Rincón de la Bolsa, Uruguay

Laura Burgué Fernández - Hospitalet de Llobregat, Barcelona

Raúl Lacilla Crespo - Barcelona


o       ANO 2007

Jordi Torres  - Bos Aires - Arxentina

Raúl Lacilla Crespo - Barcelona - España

Manuel Gómez García - Altza-Gipuzkoa- España

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián – España



o       ANO 2008

Jordi Torres - Bos Aires - Arxentina

Vicente Carlos González  Siri - Uruguai

Santiago Agustín Molina - Arxentina

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián – España



o       ANO 2009

Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez - Bos Aires - Arxentina

Eric Alexander Corrante - Venezuela

Santiago Agustín Molina - Arxentina

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donostia – España



o       ANO 2011 
Diego Bello Fernández - Bembibre, León 
Xosé Antonio Constela Martínez - Xenebra, Suiza       
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia 
Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez - Arxentina

 o       ANO 2013
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia 
Walter Andrés Almirón García - Arxentina
Raquel García Martínez - Valencia



5.3 Mención Gaita Galega “Constantino Bellón”




o       Ano 1995 
Mención Gaita de Ouro - Quinteto Tradicional “Raparigos”   
Mención Gaita de Prata - Carlos Zaera Landeira


o        Ano 1996 
Mención Gaita de Ouro - Antón Corral, Universidade Popular de Vigo
Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Garceiras”



o        Ano 1997 
Mención Gaita de Ouro - José Seivane Rivas, artesán
Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Rosales”

       

o        Ano 1998 
Mención Gaita de Ouro - Emilio Corral Vázquez, gaiteiro

Mención Gaita de Prata - Real Coro “Toxos e Froles”

        

o        Ano 1999                          

Mención Gaita de Ouro - Juan Bello Mallou

Mención Gaita de Prata -“Os Montes”                      


o        Ano 2000                          

Mención Gaita de Ouro - Enrique Otero Covelo

Mención Gaita de Prata - Asociación Xuvenil “Xacarandaina” 

        

o        Ano 2001                          

Mención Gaita de Ouro - Luciano Pérez Dìaz

Mención Gaita de Prata - “Faiscas do xabre”                                      



o        Ano 2002                          

Mención Gaita de Ouro - Xosé López Bao, artesán

Mención Gaita de Prata - Orfeón Terra Nosa                                      



o        Ano 2003                          

Mención Gaita de Ouro - Rogelio Groba y Groba

Mención Gaita de Prata - Escola de Gaitas de Ortigueira. Mención especial a Xavier Garrote.                                                 



o        Ano 2004 
Mención Gaita de Ouro - José Luis Calle
Mención Gaita de Prata - Programa de Radio “LUME NA PALLEIRA”



o        Ano 2005                          

Mención Gaita de Ouro - José Temprano Castro

Mención Gaita de Prata - Conservatorio de música tradicional e folk de Lalín   



o        Ano 2006                          

Mención Gaita de Ouro - Alvaro Seivane Maside 

Mención Gaita de Prata - Grupo Milladoiro e a Manuel García Pereira, Lolete



o        Ano 2007                          

Mención Gaita de Ouro - Rubén González López

Mención Gaita de Prata - Cantigas da Terra                                                                                                                        



o        Ano 2008                          

Mención Gaita de Ouro[1]  Ao programa da TVG “ALALÁ”



o        Ano 2009 
Mención Gaita de Ouro - Miguel Doval González



o        Ano 2011                          

Mención Gaita de Ouro - Xosé Manuel Seivane Magide  


o        Ano 2013                          

Mención Gaita de Ouro - Pablo Carpintero 

5.4 Premio “Composición”




· ANO 2003- JESÚS ÁLVAREZ LOZANO pola partitura para Gaita e Piano  “ALALÁ E JOTA DE RIBEIROÁ”



·  ANO 2004- AGUSTÍN SÁNCHEZ IGLESIAS pola partitura para Gaita e Piano “CAPRICHO DE GAITA”



· ANO 2005- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRÍGUEZ pola partitura para Gaita e Orquestra de Corda “CARMINA UTRICULARIS”



·   ANO 2006- ERNESTO CAMPOS CAMESELLA pola partitura para Gaita e Piano “AMENCER EN FISTERRA”



·    ANO 2007- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura Fantasía para Gaita e Piano “TROULA PARA CONSTANTINO”



·    ANO 2008- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano


FINALISTAS nesta edición: 
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda
DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.



·  ANO 2009- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura “LUGRÍS” para Gaita Solista, Orquestra de corda, percusión e piano.

Accésit a: 
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “TUMBALEIRA” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra “JOTA” para Gaita, Orquestra de corda e Piano.



· ANO 2011- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ  pola partitura “As cousas de Sabela” Suite para Gaita Solista en La e Orquestra.

Accésit a: 
JESUS RODIL RODRIGUEZ pola obra “OCTOPUS” para Gaita e Piano.

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola obra “LOIA” para gaita en Do5 e electrónica en vivo.

· ANO 2013- JDANIEL ROMAR SAMBADE  pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda".

Accésit a: 
JAVIER Mª LÓPEZ RODRIGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5  con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo)

LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.(Para gaita solista e corda)  



5.5 Premio “Seivane”




Premio SEIVANE 2008- SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA de Arxentina



Premio SEIVANE 2009- ERCIK ALEXANDER CORRENTE ESPINOZA de Venezuela



Premio SEIVANE 2011- XOSÉ ANTONIO CONSTENLA MARTÍNEZ de León

Premio SEIVANE 2013- RAQUEL GARCÍA MARTÍNEZ de Valencia







[1] A partir deste ano so concederase a Mención Gaita de Ouro desaparecendo a de Prata                                                                                                                       
 

Related Posts with Thumbnails