MARTES de CINE no Ateneo Ferrolán. Ciclo: "Cine feito por mulleres"

 MARTES de CINE no Ateneo Ferrolán

Ciclo: "Cine feito por mulleres"

Todos os martes ás 19 h. do 27 de abril ao 25 de maio de 2021



A nosa revista ATENEA nº 47

 


A nosa revista "ATENEA" nº 47 
#Ateneo #SomosCultura #Publicacións #Ferrol #Galiza 
 
Descarga:  
https://drive.google.com/file/d/1-fv6XO0TBIfBJut_yMw1Ff0Ok1n4Yeyr/view?usp=drivesdk
 
 Sumario:
 


 

Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021

 


Exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica 

Do 6 de maio ao 6 de xuño de 2021

 As salas do Ateneo Ferrolán acollerán dende o 6 de maio ao 6 de xuño deste ano 2021 unha exposición cos traballos premiados na decimocuarta edición do galardón de Creación Fotográfica Luis Ksado da Deputación da Coruña. Trátase dun premio que xa é un referente no eido da fotografía en Galicia e mesmo en España.

 Tendo en conta a significación especial que, para a difusión das artes da imaxe e, especialmente da fotografía, posúe, dende hai tempo a nosa provincia e coa finalidade de contribuír á conservación da memoria de personaxes tan representativas neste campo como foi Luís Ksado, a Deputación da Coruña convoca o Premio “Luís Ksado” de Creación Fotográfica.

 O vindeiro día 6 de maio abrirase no Ateneo Ferrolán a exposición do XIV Premio Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. A colección "Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real e "Gangborder" de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Ferrol até o 6 de xuño nunha itinerancia que visitará varios concellos da provincia da Coruña.

"A vontade da Deputación da Coruña é contribuír á difusión das obras gañadoras dos nosos premios culturais e, neste sentido, a itinerancia da exposición do Premio Ksado permitirá que moito máis público coñeza as obras premiadas e tamén se mostren en concellos pequenos, con máis dificultade para a programación cultural de artes plásticas", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

 Da colección de Alejandro Real, "Fillos de Breogán", o xurado destacou que se trata dunha "serie moi consistente cunha forma pouco usual e moi orixinal de achegarse ao motivo fotografado"

 En canto "Gangborder" de Javier Arcenillas, trátase, segundo o xurado, "dunha aposta de fotoxornalismo impecable, con moita forza e supón un relato redondo sobre un conflito case esquecido".

 Alejandro Real naceu en Lugo en 1983. Os seus comezos na fotografía datan do 2008 de forma autodidacta aínda que logo completa a súa formación como Técnico Superior de Artes Plásticas e deseño en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo. Gañou premios como o do Maratón fotográfico do campus de Lugo, o Concurso de relato fotográfico Dra. Susana Santeiro ou o concurso Findecurta. Os seus comezos foron na fotografía dixital, mais pronto empeza a se interesar pola fotografía clásica, traballando na actualidade en grande formato analóxico.

Javier Arcenillas naceu en 1973 en Salamanca e, como fotoxornalista, desenvolve ensaios humanitarios en que os protagonistas están integrados en sociedades que limitan e agreden toda razón e dereito. Gañou importantes premios internacionais, como o Arts Press Award, Kodak Joung Photographer, Euro Press de Fujifilm, Terceiro premio FotoPres, Luís Ksado, Poyi, Eugene Smith Grant ou World Press Photo. As súas reportaxes máis completas pódense ver en publicacións coma Time, Spiegel, Stern, Lens El Periódico de Guatemala, El País, El Mundo, Sunday Times, Gatopardo ou IL Magazine. Ten catro libros publicados como "City Hope", "Welcome", "Sicarios" "UFOpresences".


 

XIII Semana Poesía Salvaxe no Ateneo o xoves 22 de abril de 2021

 
XIII Semana Poesía Salvaxe 
 
Estarán no Ateneo Ferrolán coa súa palavra encarnada o xoves día 22 de abril
 
 

Programa completo:



A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutiliza os elementos «nobles» da praza. "Toros Ibéricos" de Alberto






A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutiliza os elementos «nobles» da praza. 
"Toros Ibéricos" de Alberto

A reforma da Praza de Armas conserva parte dos elementos da anterior praza, pero buscándolles unha nova localización. É o caso da escultura dos "Toros Ibéricos", obra do artista toledano Alberto, (cedida a traves do #Ateneo ao pobo de Ferrol) que se colocou nunha localización máis visible que a anterior, porque é o único elemento catalogado de todo o conxunto.

Algo de historia sobre o monumento Toros Ibéricos

O monumento foi doado no ano 1979 pola Fundación Alberto ao pobo de Ferrol, a través do Ateneo Ferrolán á cidade.

Nos pequenos xardíns que bordean a céntrica praza de Armas de Ferrol encóntrase situada a obra escultórica Toros Ibéricos, un traballo do artista toledano Alberto Sánchez, máis coñecidos no mundo da arte como Alberto a secas e considerado un dos mellores escultores españois do século XX.

O pequeno pedestal que sostén os animais foi realizado por Guillermo Feal e leva unha pequena inscrición en recordo deste regalo: «Toros Ibéricos Alberto 1895-1962 A Fundación Alberto ao pobo de Ferrol a traveso do Ateneo 1979».

A obra, que bota man dun material como o bronce para toda a súa composición, toma un estética moi organicista na que as formas inspiradas pola natureza, coa erosión da chuvia, o vento ou o sol desfán os corpos, facendo bastante difícil recoñecer o obxecto que inspira a representación.

Alberto contorna os corpos dos touros, púleos, dálles vida mediante unha morea de curvas e zonas erosionadas na rocha sobre a que se levantan. Nelas, a verticalidade cobra unha gran presenza. O mesmo acontece, segundo o volume La escultura pública en Ferrol con «a valoración do oco como factor activo e non simplemente pasivo».

Trátase neste caso dunha obra eminentemente figurativa que nos mostra a grande orixinalidade e saber facer do artista mediante uns touros de bronce sumamente estilizados que parecen alzar as súas cabezas ensimesmados con algo nas alturas.

Alberto, ocupou numerosos postos de traballo antes de dedicarse á creación artística e quizais eses oficios -os de panadeiro e ferreiro-, nos que tamén se afanaba na produción de formas, foron os que o empurraron a cultivar a escultura.

Situada no centro de Ferrol, a escultura chegou a pasar practicamente desapercibida.

Alberto Sánchez Pérez (Toledo8 de abril de 1895-Moscú12 de octubre de 1962) fue un pintor y escultor español, padre espiritual de la primera Escuela de Vallecas,1​ y vocal del Patronato de Misiones Pedagógicas desde 1931.2​ Exiliado en la URSS, murió en Moscú.

https://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_S%C3%A1nchez_P%C3%A9rez
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/02/05/reforma-armas-reutilizara-elementos-nobles-plaza/0003_201902F5C1995.htm
https://www.facebook.com/ateneoferrolan1879/
 


 

Related Posts with Thumbnails