A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutiliza os
elementos «nobles» da praza.
"Toros Ibéricos" de Alberto
A reforma da Praza de Armas conserva
parte dos elementos da anterior praza, pero buscándolles unha nova localización. É o caso da escultura dos "Toros Ibéricos",
obra do artista toledano Alberto, (cedida a traves do #Ateneo ao pobo de Ferrol) que se colocou
nunha localización máis visible que a anterior, porque é o único elemento
catalogado de todo o conxunto.
Algo de historia sobre o monumento Toros Ibéricos
O monumento foi
doado no ano 1979 pola Fundación Alberto ao pobo de Ferrol, a través do Ateneo Ferrolán á cidade.
Nos pequenos xardíns que bordean a céntrica praza de Armas de Ferrol
encóntrase situada a obra escultórica Toros Ibéricos, un traballo do artista
toledano Alberto Sánchez, máis coñecidos no mundo da arte como Alberto a secas
e considerado un dos mellores escultores españois do século XX.
O pequeno pedestal que sostén os animais foi realizado por Guillermo
Feal e leva unha pequena inscrición en recordo deste regalo: «Toros Ibéricos
Alberto 1895-1962 A Fundación Alberto ao pobo de Ferrol a traveso do Ateneo 1979».
A obra, que bota man dun material como o bronce para toda a súa
composición, toma un estética moi organicista na que as formas inspiradas pola
natureza, coa erosión da chuvia, o vento ou o sol desfán os corpos, facendo
bastante difícil recoñecer o obxecto que inspira a representación.
Alberto contorna os corpos dos touros, púleos, dálles vida mediante
unha morea de curvas e zonas erosionadas na rocha sobre a que se levantan.
Nelas, a verticalidade cobra unha gran presenza. O mesmo acontece, segundo o
volume La escultura pública en Ferrol con «a valoración do oco como factor
activo e non simplemente pasivo».
Trátase neste caso dunha obra eminentemente figurativa que nos mostra a
grande orixinalidade e saber facer do artista mediante uns touros de bronce
sumamente estilizados que parecen alzar as súas cabezas ensimesmados con algo
nas alturas.
Alberto, ocupou numerosos postos de traballo antes de dedicarse á
creación artística e quizais eses oficios -os de panadeiro e ferreiro-, nos que
tamén se afanaba na produción de formas, foron os que o empurraron a cultivar a
escultura.
Situada no centro de Ferrol, a escultura chegou a pasar practicamente
desapercibida.
Alberto Sánchez Pérez (Toledo, 8 de abril de 1895-Moscú, 12 de octubre de 1962) fue un pintor y escultor español, padre espiritual de la primera Escuela de Vallecas,1 y vocal del Patronato de Misiones Pedagógicas desde 1931.2 Exiliado en la URSS, murió en Moscú.
https://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_S%C3%A1nchez_P%C3%A9rez
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/02/05/reforma-armas-reutilizara-elementos-nobles-plaza/0003_201902F5C1995.htm
https://www.facebook.com/ateneoferrolan1879/
Alberto Sánchez Pérez (Toledo, 8 de abril de 1895-Moscú, 12 de octubre de 1962) fue un pintor y escultor español, padre espiritual de la primera Escuela de Vallecas,1 y vocal del Patronato de Misiones Pedagógicas desde 1931.2 Exiliado en la URSS, murió en Moscú.
https://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_S%C3%A1nchez_P%C3%A9rez
https://www.facebook.com/ateneoferrolan1879/
Ningún comentario:
Publicar un comentario