O número premiado co cadro doazón de Suso Basterrechea resultante do sorteo
celebrado o pasado sábado día 26 de abril corresponde ao
nº 217
Poderase recoller ate o día 31 de maio de 2014.
Se non aparecese o bono, o cadro pasará a formar parte dos fondos patrimoniais desta entidade
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Bono Axuda, Exposicións
Presentación do Informe: "A ría de Ferrol e o seu saneamento, presente e futuro"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.4.14
O mércores día 30 de abril ás 19,30 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán terá lugar a
Presentación do Informe:
"A ría de Ferrol e o seu saneamento, presente e futuro"
Entrada libre
Neste enlace mandámosvos o traballo final das xornadas sobre saneamento que fixemos en Ferrol o ano pasado. E un traballo que, dende diferentes ámbitos, intenta dar a coñecer á cidadanía o sistema de depuración que a administración ten pensado para a ría de Ferrol.
Neste enlace mandámosvos o traballo final das xornadas sobre saneamento que fixemos en Ferrol o ano pasado. E un traballo que, dende diferentes ámbitos, intenta dar a coñecer á cidadanía o sistema de depuración que a administración ten pensado para a ría de Ferrol.
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Novas, Presentacións
Semana “Abril Portugués”
Organizan:
Ateneo
Ferrolán e o Dpto. Portugués da EOI
Ferrol
Do 22 ao 26 de abril
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
* Martes día 22 ás 19,30 h.
Presentación do libro: 'Emigrantes, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)' de Dionísio Pereira".
* Mércores día 23 ás 19,30 h.
Palestra: Falamos da ILP "Paz Andrade" que
promulga a disseminação da Galiza da língua e cultura portuguesas e que
chegou ao Parlamento galego encostada pela assinatura de 17.000 pessoas.
* Xoves día 24 ás 19,30 h.
Proxección
da película “Aniki Bóbó”. (VO)
Director: Manoel
de Oliveira
Interpretes
António Santos (I) Fernanda Matos Horácio Silva Nascimento Fernandes
Duración 68 m Xénero Drama País Portugal
Ano 1942
Dous nenos, o Carlitos (Horácio Silva) e o Eduardinho (António Santos), gústalles a mesma rapariga, a Teresinha (Fernanda Matos). Un é audaz e atrevido; o outro é de carácter tímido, bo, sosegado. A rivalidade vaise acentuando e, un día, para agradar á súa apaixonada, Carlitos rouba unha boneca. Teresinha séntese inclinada para el até que un día, nunha inocente brincadeira, Eduardinho escorrega por un talud e cae ao lado dun tren que pasa. Todos pensan que Carlitos o empurrou e todos pasan a afastarse del, mentres Eduardinho sofre nunha cama de hospital. Carlitos pensa en fuxir nun barco ancorado de Massarelos, mais todo se esclarece por intervención do dono da tenda das tentacións que vira o accidente e que, no final, tira todas as sospeitas de cima do mozo Carlitos. E os nenos alí puideron de novo xogar aos policías e ladróns, ao xogo do Aniki-Bobó.
* Sábado día 26 de abril ás 12 h.
Sesión Vermú con Jorge Mirancos
Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como
sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú.
Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao
Ateneo
Ferrolán
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Música en Directo, Proxeccións, Xornadas
Sesión Vermú con Jorge Mirancos o sábado día 26 ás 12
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.4.14
O sábado día 26 ás 12 Sesión Vermú con Jorge Mirancos no Ateneo
Celebrando ABRIL con Jorge Mirancos nunha Sesión Vermú onde haberá, como sempre, petiscos variados e de balde, cervexas ... e vermú. Sortearemos tamén os bonos para o cadro de Suso Basterrecehea en apoio ao Ateneo Ferrolán
Etiquetas: Actividades, Novas, Sesión Vermú
Asemblea Xeral Extraordinaria o día 5 de maio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.4.14
Ferrol 14 de abril de 2014
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
EXTRAORDINARIA
Benquerido socio
/socia:
Por medio da
presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o luns
día 5 de maio ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segundo,
coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Demanda contra o Ateneo Ferrolán por parte de
Mudanzas Felix por importe de 38.936,90 €
Sen máis e agardando
a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,
Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente
Etiquetas: Asembleas, Biblioteca-Hemeroteca, Estatutos