Buscar neste blog

30 decembro 2008

Memoria de actividades do ano 2008

BIBLIOTECA – HEMEROTECA:
Atención ao público ( 5 días á semana) por unha profesional titulada
  • FONDO LIBROS: 8.000
  • REVISTAS: 350 CABECEIRAS
  • PERIÓDICOS: 106 CABECEIRAS  
  • FILMOTECA: 400
  • FONOTECA: 125
Subscrición diaria a: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El País, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, El Mundo, La Opinión, O Correo Galego, Público, Xornal de Galicia.

CONVENIO UNIVERSIDADE DA CORUÑA-CAMPUS FERROL:
  • PRÁCTICAS ALUMN@S ESCOLA BIBLIOTECONOMÍA
  • Proxecto Recuperación, dixitalización e posta en valor da nosa Biblioteca – Hemeroteca pola Fundación Barrié de la Maza
EXPOSICIÓNS DE FOTOGRAFÍA E PINTURA: 
  • Gravados de Esperanza Campos
  • Pinturas Colectiva  
  • Pinturas de Guillermo Baamonde
  • Exposición Cooperación con Latinoamérica
  • V EXPOSICIÓN ARTES PLÁSTICAS PEQUENO FORMATO PARA SOCIOS e SOCIAS  
  • 18º CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE – EXPOSICIÓN FOTOGRAFÍAS SELECCIONADAS.
  • Mostra Fotográfica “Camiñando Rebeldías” de Lorena Garel de Pallas@s en Rebeldía.
  • Pinturas de Tonia Vázquez
  • Pinturas de Mº Julia López Ameijeiras
  • Instalación de Gustavo Sequeiro Vilar
  • Carteis “CHE É D@S REVOLUCIONARI@S”
  • Pinturas de Laura Lago Bellas
  • Oleos e Pinturas dixitais Alejandro Bica Lamas
  • Acrílicos de Marco Cerrón Duque
  • O EXILIO GALEGO EN VENEZUELA
  • ROSA FERNÁNDEZ SALANOVA
  • Homenaxe a MARIA MANUELA
  • AS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DO ARCO ÁRTABRO ATA RIBADEO
  • EXPOSICIÓN PERMANENTE FONDOS PROPIOS VARIOS ARTISTAS
    (A importancia da presenza dos artistas ferroláns no patrimonio do Ateneo Ferrolán)
    Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Juan Galdo, Mª Manuela, Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros, Juana Prieto, Ricardo Pena, Luis Jaime, Špela Trobec, Luis Rapela... entre outr@s moitos.
CONFERENCIAS – MESAS DEBATE:
  • “CICLO CONFERENCIAS: CULTURA E SOCIEDADE NUN MUNDO GLOBAL”
    (Xaneiro – Marzo – Abril) Organiza: Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada)
  • XORNADAS SOBRE SIDA
  • Presentación Libro Fundación Federico Engels
  • DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 maio)
  • A MEMORIA HISTÓRICA DA GALIZA
  • CHARLAS HOMENAXE A MARIA MANUELA
CONCURSOS – CERTAMES  PROPIOS do ATENEO:
  • CERTAME FOTOGRÁFICO “MEDIO AMBIENTE”. – ANUAL (18 anos)  
  • CONSURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” – ANUAL (18 anos).
  • CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA”  - ANUAL – (4 anos)
  • XXI XORNADAS DA GAITA – Anual (20 anos)
  • VIII XORNADAS DE CURTAMETRAXES (Anual 8 anos)
ASEMBLEAS – REUNIÓNS (OUTRAS ENTIDADES):
  • A ESCOLA DA VACA.  
  • IU - EU
  • FUCO BUXÁN
  • CONSELLO SECTORIAL MULLER
  • ADEGA.  
  • ACOF
  • MERCADO DA MAGDALENA
  • AA. VV.
  • SINDICATO PERIODISTAS
  • MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
  • SGHN
  • AMICOR
  • COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA RÍA DE FERROL
  • UNIÓN LIBERTARIA
  • ASOCIACIÓN BRIGA
  • PSOE
  • ASOCIACIÓN CULTURAL XUBILADOS DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
  • PLATAFORMA ÁRTABRA 21
  • AGACAMT
  • DEFENSA MONTES DE BRIÓN
  • DEFENSA CARBALLEIRA DE MENÁNCARO
  • COOPERATIVA XOANIÑA
  • COLECTIVO OPAII
  • FUNDACIÓN FEDERICO ENGELS
  • FUNDAÇOM ARTABRIA
  • ASOCIACIÓN GALEGA DA LÍNGUA
  • COFRADÍA DE DOLORES
  • CÍRCULO RACINGUISTA
  • COLECTIVO GALENTENDO
  • ASOCIACIÓN COMETA
  • VERDEGAIA
CONCERTOS EN VIVO:
  • SILVIA PENIDE
  • NORGE BATISTA
  • ROGER DE FLOR
  • ANDRÉS SUAREZ
  • IV SESIÓN VERMÚ (En colaboración con Radio Filispim)
  • V SESIÓN VERMÚ (En colaboración con Radio Filispim)
ENCONTROS:
  • CLUB DE LECTURA DIRIXIDO POR ANXELES SEOANE - MENSUAL. (Promovido polo Ateneo)
  • CIRPÉN (CÍRCULO DE PENSAMENTO) – MENSUAL (Promovido polo Ateneo)
  • GRUPO POETAS - SEMANAL
  • COLECTIVO OPAII - SEMANAL
  • MÉRCORES DE TERTULIAS – SEMANAL (Promovido polo Ateneo)
  • AMICOR – MENSUAL
  • COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA RÍA DE FERROL
  • RECITAIS POÉTICOS
MÚSICA - LIBROS – CINE:
  • MARTES DE CINE do ATENEO. ciclos trimestrais
  • CINE  COLECTIVO OPAII – RADIO FILISPIM  
  • PRESENTACIÓNS LIBROS
  • PRESENTACIÓN DAS PEZAS GAÑADORAS DO CONCURSO DE COMPOSICIÓN “CONSTANTINO BELLÓN”
PUBLICACIÓNS:     
REPARTO GRATUITO: SOCIOS e SOCIAS, ENTIDADES CULTURAIS , BIBLIOTECAS.
  • REVISTA “ATENEA” – (4 Ó ANO) TRIMESTRAL
  • CADERNOS ATENEO FERROLÁN nº 19: “A CONSTRUCIÓN NAVAL NA RÍA DE FERROL”   
RELACIÓNS INTERNACIONAIS DE ATENEOS:
  • ASOCIADO E MEMBRO DA DIRECTIVA (VICEPRESIDENCIA) DE AIFA.
  • MEMBRO DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ATENEOS.
  • Participación do ATENEO FERROLÁN (o Presidente) nos ENCONTROS ANUAIS, NACIONAIS e INTERNACIONAIS de ATENEOS.

Ciclo de Cine Documental

Os días 2, 8 e 15 de xaneiro de 2009 ás 19,30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán, disfrutaremos dun estupendo ciclo de cine documental con tres obras impactante e directas á conciencia.

DÍA 2 de Xaneiros ás 19:30hs.

"LOS ESPIGADORES Y LA ESPIGADORA"
de Agnés Varda (Francia)

Hai que recuperar todo o que nos é útil, é unha cuestión de ética.




DÍA 8 de Xaneiros ás 19:30hs.

"LA PESADILLA DE DARWIN"
de Hubert Sauper (Francia, Austria e Bélxica)

Unha testemuña dramática dos desastres da globalización.




DÍA 15 de Xaneiros ás 19:30hs.

"ZEITGEIST"
de Peter Joseph

O seu contido cuestiona os efectos do sistema monetario sobre o conxunto da sociedade, propondo unha sociedade alternativa baseada non na moeda senón no uso dos recursos para satisfacer, primeiro que nada, as necesidades básicas de todos os habitantes do planeta.


22 decembro 2008

Andrés Suárez en concerto con Fran Rey

O Sábado 27 de Decembro, no Ateneo Ferrolán, ás 20:00hs., imos poder escoitar a Andrés Suárez en concerto con Fran Rey.

A entrada será de 6€.
[4€ para socias e socios do Ateneo Ferrolán.]


Mais info. e entradas:

18 decembro 2008

As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo

A exposición premiada polo MUSEO DO POBO GALEGO na edición deste ano do Concurso de Proxectos Didácticos “Antonio Fraguas” estará no Ateneo Ferrolán do 22 de decembro ao 13 de xaneiro.

Fotos, planos de chalanas, lanchas, traiñeiras, bucetas e botes pulpeiros, entre outros, enchen os paneis que forman a exposición coa que o IES Concepción Arenal optou ao Premio que cada ano convocan a Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego.

O feito de que boa parte da poboación galega, mesmo ribeirá, descoñeza a riqueza do patrimonio marítimo galego, levou a profesores e alumnos a elaborar un coidado traballo de investigación que os levou a percorrer moitos quilómetros de costa e parar ata en 64 lugares de interese: carpinterías, museos, confrarías, varadoiros, ramplas, ribeiras, tabernas, ...

Un dos apartados mais salientábeis da exposición chámase, moi graficamente, “O que houbo e se perdeu”. Pódense ver planos e fotos magníficas: un falucho de 11 mts. con vela latina, un traiñón de Viveiro de 15 mts. de eslora ou os patexeiros.

Os coordinadores e coautores da exposición, Bernardo Máiz Vázquez e Enrique Freire Hermida, estarán na inauguración o lúns 22 de decembro ás 20hs. na sala de exposicións do Ateneo Ferrolan.

V Exposición Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato"

Do 19 de decembro ate o 13 de xaneiro, estará exposta a V Exposición Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato" dos socios e socias do Ateneo Ferrolán.

PARTICIPAN :

ANXO ÁLVAREZ
ELVIRA MÍGUEZ
FERNANDO SÁNCHEZ CHAPELA
LAIS
LUCÍA MÍGUEZ CORTÉS
LUIS RAPELA
MARIBEL CABANA INSUA
MERCEDES ROMERO QUINTILLÁN
SABELA ARIAS
SPELA TROBEC
TERESA ALONSO
XOÁN XOSÉ BRAXE

Inauguración venres día 19 ás 7 da tarde. Estades tod@s convidad@s!

Vocalía de Artes Plásticas do Ateneo Ferrolán 2008

12 decembro 2008

08 decembro 2008

Roger de Flor en concerto no Ateneo

Tras unha longa espera por fin o músico fenés Roger de Flor presenta o seu novo traballo, "Naturalidad Silvestre", no que inclúe oito composicións propias e unha do seu compañéro de fatigas Serguei Izmailov. O CD gravouse nos estudios "La Buhardilla" (Limodre-Fene) e foi mesturado e masterizado nos estudios de Víctor Gacio "O Can Verde", en Neda.

No disco colabora un variado grupo de músicos e amigos da comarca, de calidade e experiencia contrastadas, como Fran Rey (piano), Cabe García (guitarra), Luís Cuba (baixo), Álvaro Lamas (steal guitar), Serguei Izmailov( batería), etc.

Entre os estilos que se poden atopar no novo disco están o swing pop, country, balada, sempre co toque persoal e humorístico que De Flor imprime as súas cancións que navegan no ronsel dun Burt Bacharach, un Ray Davies ou unhas Vainica Doble.

Logo de participar nunha infinidade de proxectos na súa carreira como o grupo de rock ´n´roll ferrolán "Bang 74" ou o dúo "La Sociedad Protectora del Hombre Mono", De Flor enceta a súa andaina en solitario a principios do 2007 coa presentación da súa primeira maqueta "Canciones de amor y retranca". Tras ter percorrido boa parte de Galicia presentando o seu primeiro traballo,con gran acollida de crítica e público, retírase temporalmente dos directos para participar na gravación de varios videoclips, entre eles, o da canción "Os dous amigos", segunda finalista no concurso "A polo ghit", organizado pola Radio Galega e o portal cibernético Vieiros, e na composición e posterior gravación das súas novas creacións, incluídas no mencionado disco "Naturalidad Silvestre".

O Ateneo Ferrolán foi o lugar elixido polo músico para a presentación do seu novo traballo na cidade.

http://www.myspace.com/rogerdeflor

Venres 26 de decembro ás 22,00h.
ENTRADA:
- Público 5 € co agasallo do CD "Naturalidad Silvestre".
- Gratis para Socios e Socias do Ateneo (sen disco).

01 decembro 2008

María Manuela, habemos de ir

Dentro dos actos de homenaxe a María Manuela, o Ateneo Ferrolán ten a sorte de ofrecer as actividades paralelas á Gala Central.

Do 1 ao 14 de Decembro, na sala de exposicións do Ateneo, estarán expostas varias obras pictóricas da artista ferrolá.

O 1 de Decembro, realizarase unha mesa redonda "María Manuela, a súa pintura no seu tempo", ás 20:00hs. na que intervirán Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López, a mesa estará moderará por Chelo Loureiro.

O 2 de Decembro, continuarase con a mesa redonda "María Manuela, a súa pintura no seu tempo" tamén ás 20:00hs. e desta vez intervirán Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela, a mesa estará moderará por Xulia Díaz.

A Gala Central será no Teatro Jofre o xoves 4 de decembro ás 20:30hs.

O Ateneo Ferrolán disporá sen límite de tempo do edificio municipal do século XVIII que ocupa dende hai máis de 20 anos

O Concello de Ferrol aprobou por unanimidade ceder en precario de forma indefinida ao Ateneo Ferrolán o edificio que ocupa desde fai anos: un inmoble do século XVIII pertencente ao Concello e procedente do Legado Carbajal. Ate agora, a cesión debía renovarse de forma periódica.

Antes de ter a función cultural que hoxe ten, tivo outros usos- tamén en beneficio da cidade- como queda recollido nos libros de actas, sendo escola de nenas, e como na actualidade Colexio electoral. Tivo tamén outras funcións e nunha relación dos bens do legado, cos seus valores, rendas, etc... faise mención ao edificio do Ateneo Ferrolán:

“finca urbana en Canalejas 204 unida por su interior al 202 y al 5 de Méndez Núñez [...] estuvieron los servicios de juzgados y escuela mixta, hoy sólo lo ocupan en la planta baja almacenes, comedor de cantinas y colonias escolares, en la planta superior los archivos notariales y del registro de la propiedad [...] tienen una superficie de 357 metros cuadrados y un valor de 106.250 pts.”

Unha casa das máis antigas do Ferrol, que se constrúe no século XVIII; nela destacan importantes e novidosos elementos arquitectónicos, como sinalan os especialistas, por exemplo parte dos seus muros de mampostería enlucida, sendo das primeiras edificacións que adoptou este sistema foráneo, tanto en Ferrol, como en Galicia; hai que destacar que hoxe seguimos conservando eses muros enlucidos. Unha das características máis destacadas do edificio son os seus balcóns de forxa que o identifican como un edificio claramente dezaoitesco, en contraposición ás galerías decimonónicas.

Todo este edificio, esta xoia, está hoxe en día aberta á cidade de Ferrol, desenvolvendo unha intensa actividade cultural, cunha biblioteca de interese galego e unha hemeroteca única na cidade.

Sentímonos orgullosos de seguir mantendo, desde o Ateneo, o espírito do Legado Carvajal, realizando un beneficio á sociedade.

Nada mellor para finalizar que as palabras dun importante historiador, que foi ademais presidente do Ateneo, Guillermo Llorca “É de supoñer que Pedro González Carvajal sentiríase satisfeito se vise que unha parte da súa xenerosa achega cidadá ía converterse, co paso do tempo [...], nun edificio modélico [...] ao servizo cultural de todos os ferroláns”.

Parte do artigo publicado na nosa Revista Atenea nº 30