Presentación do Poemario "Onde nacen os Pexegueiros" de Mariola Hermida Romero. Venres día 30 de xuño ás 20 h.

 

 


Presentación do Poemario "Onde nacen os Pexegueiros" de Mariola Hermida Romero
Venres día 30 de xuño ás 20 h. no Ateneo Ferrolán
 

Mariola Hermida:

A miña afección pola escrita ven desde hai moitos anos. Este é o meu terceiro Poemario.
Formei parte dun Obradoiro Literario en Fene durante dez anos, levado a cabo por Eduardo Estévez. Tamén doutro de Escritura Creativa na Biblioteca de Ferrol durante tres anos, a cargo de Luz María Leira Rivas. Participei nun Taller da escrita durante varios anos na Biblioteca de Fene e que estivo a cargo do poeta Pablo Bouza Suárez.

Fago poesía e Microrelato.
Os meus poemas están espallados nalgunhas revistas, como” Voces para a Catalepsia”, “Tejiendo microhistorias”, “Microfaíscas”, “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da emoción”, “Poesía en Feminino “Mulleres do rural” etc.
Formo parte do Colectivo Literario Moraima. Sempre que podo colaboro en recitáis poéticos ou en eventos culturais.

"Onde nacen os Pexegueiros" é un poemario dedicado á casa familiar paterna, observada cos ollos da nostalxia. Son os meus recordos a través dos anos da infancia e xuventude principalmente. Aínda que tamén percorre outros anos de madurez. Quérese facer unha homenaxe a toda a xente da aldea, á súa loita e fortaleza. Tamén á muller que xoga un papel tan importante, aínda que moitas veces solapado. E como non podería ser doutro xeito unha homenaxe tamén á natureza,  que está moi presente ao longo do poemario. 

 Este libro está deseñado polo meu fillo Ángel Fernández Hermida, así como as fotografías e a maquetación. A Editorial é TerraIgnota.

Exposición fotográfica "Rodolfo Ucha: O arquitecto da beleza" de Ovidio Aldegunde. Ate o 30 de setembro de 2023

 


Exposición fotográfica "Rodolfo Ucha: O arquitecto da beleza" de Ovidio Aldegunde 
no Ateneo Ferrolán ate o 30 de setembro de 2023
 
 Inauguración este xoves día 22 de xuño ás 20 h. nas salas de exposicións do Ateneo
 

Rodolfo Ucha Piñeiro: O arquitecto da beleza” é a exposición coa que se quere propoñer unha revisión actualizada do legado arquitectónico de Rodolfo Ucha Piñeiro, encargado de renovar a estética da cidade de Ferrol mediante a introdución dos novos estilos á arquitectura do seu tempo.

As fotografías de Ovidio Aldegunde traen á actualidade a obra de Ucha reivindicando o seu papel como grande arquitecto de Ferrol e creador de moitos dos seus edificios máis significativos, arquitecturas emblemáticas que constitúen verdadeiras iconas como o Teatro Jofre, o Casino, o Hotel Suizo, a Casa Antón, a Casa Pereira, a Casa Romero ou A Pescadería, entre moitos outros, poderán verse e recoñecerse en imaxes fotográficas froito da ollada máis persoal do fotógrafo ferrolán que con esta selección quere poñer de novo en valor a obra dun arquitecto que foi clave na escena galega durante todo o S.XX converténdose nun exemplo de creatividade, eclecticismo e permeabilidade cara ás novas correntes estéticas do primeiro tercio do século, recollendo no seu aspecto formal e creativo dende o Modernismo ata o Racionalismo, pasando pola Art Déco e o Novo Eclecticismo.

Ucha entendía o seu traballo como unha intervención que dotaba ao tecido urbano por medio dos edificios de elementos individualizados que debían ser singulares e distintivos, dotados de capacidade representativa para embelecer e dar carácter propio ao espazo que ocupaban. E así o fixo, esforzándose por adaptarse aos gustos estéticos imperantes en cada momento pero achegando sempre solucións eficientes e orixinais, todas elas facilmente recoñecibles por ferroláns e visitantes, e moi susceptibles de salientar no imaxinario á hora de falar do patrimonio urbano local, enriquecido sen dúbida por estas xoias arquitectónicas.




 

Presentación do poemario "Versos Violentos". Venres día 16 de xuño ás 20 h.

 


Presentación do poemario "Versos Violentos" de Iria Bragado editado por Saurobuks.
 
Venres día 16 de xuño ás 20 h. presentada por Sonia Mauriz Pereira
 
A violencia intrínseca a esta sociedade enferma na que vivimos é a que fai que Iría Bragado torne as palabras tamén en violencia porque en si propia non hai violencia senón unha resposta ás atrocidades cometidas por este sistema ao seres humanos e ás mulleres en particular.

Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".

 


Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".

En lembranza das persoas que pola súa defensa da legalidade republicana e das liberdades democráticas foron vítimas da represión franquista en Ferrolterra, Eume e Ortegal. 1936 - 1975.


Contén: 
 
- A modo de introducción
- Comisión Pro Memorial Vítimas do franquismo en Ferrolterra
- Comisión (membros): Suso Basterrechea López, Ton Blanco Carballo, Vicente Couce Ferreira, Sabela Díaz Regueiro, Anxo Ferreiro Currás, Bernardo Máiz Vázquez, Xavier Montero Dongil, Iván Rivas Rico, Malay Sobrín Sueiras e Xosé Manuel Suárez Martínez.
- Historiadores da Memoria en arquivos e estudos de campo.
- Os vitimarios.
- Congresos da Memoria, Verdade, Xustiza e Reparación.
- Comisión a prol do Memorial do Monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra.
- Acto homenaxe ás vítimas do franquismo, 18 de xullo de 2021.
- Creación da Mesa de Memoria Histórica no Concello.
- 1936 - 1976, Corenta Anos de Historia: A grande e continua represión.
- Vítimas do Franquismo en Ferrol, Eume e Ortegal. 1936 - 1975. Elaboración propia dos autores: Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez Martínez.
 

Related Posts with Thumbnails