NOVAS CONCURSO GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN"


Foto de José J. Presedo

Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”
En Ferrol no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por: Víctor Fernández Gabeiras, Xesús Vaamonde Manteiga, Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro, Xoán Rodríguez Silvar e actuando como secretaria, sen voto, Cristina Meizoso Alonso, reunido o día 8 de outubro de 2007 toman a seguinte DECISIÓN:


  • REVOGAR o PREMIO DE INTERPRETACIÓN DE GAITA GALEGA SOLISTA deste XVII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” celebrado en Ferrol o día 31 de agosto de 2007 por:

UNHA FALTA AO ESPÍRITO DO CONCURSO e INCUMPRIMENTO DAS BASES DO MESMO.

Por todo o antedito, se declara DESERTO O PREMIO do XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” do ano 2007.


En Ferrol a 8 de outubro de 2007

PROGRAMACION no ATENEO FERROLAN

- EXPOSICIÓN PERMANENTE FONDOS PROPIOS VARIOS ARTISTAS:
Segura Torrella, Carmen Chacón, Manuel Patiña, González Collado, Jorge
Llorca, Garaizábal, Morquecho, Laxeiro, Correa Corredoira, Mª Manuela,
Carlos Villaamil, Xan Xosé Braxe, José Leyra Domínguez, Tomás Barros,
Ricardo Pena, Luis Jaime, Juan Galdo, Spela Trobec, Juana Prieto, Luis
Rapela, Alba Leal ............. entre outros moitos.

...................................................................


CLUB DE LECTURA
Todos os primeiros MARTES DE CADA MES ás 19,30 horas.

Encontros coa LECTURA.

Xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para
reflexionar e comentar un libro nos locais do Ateneo.

............................................................................
....

MARTES DE CINE

As proxeccións terán lugar todos os MARTES ás 19 h. no salón de actos do
Ateneo Ferrolán.

............................................................................

SESIÓN VERMÚ con música en directo no Ateneo
Organiza: Colectivo OPAII e ATENEO FERROLÁN.

............................................................................

Todos os MÉRCORES - TERTULIA ás 18 horas.
............................................................................
....

Todos os últimos XOVES de cada mes - AMICOR ás 20 horas.

............................................................................
....

Related Posts with Thumbnails