Buscar neste blog

31 xaneiro 2020

Camiseta "Concepción Arenal" á venda/solidaria co Ateneo



Concepción Arenal Ponte nace o 31 de xaneiro de 1820 en Ferrol, no seno dunha familia acomodada con ideais liberais. A nai do feminismo español, Concepción Arenal (1820-1893)
No Ateneo temos a camiseta como lembranza:

"As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse"

 #ConcepciónArenal

#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustracion #FerrolEnPositivo

Camiseta á venda/solidaria co Ateneo Ferrolán

Para muller, home e nen@s en diferentes tallas e cores na secretaría do Ateneo.

Sesión Vermú co Sorteo de 3 obras pictóricas!. Sábado día 1 de febreiro ás 13 h.








Sábado día 1 de febreiro ás 13 h.

Bono Axuda Solidario co Ateneo
Sorteo de 3 obras pictóricas 
Cal é o obxectivo?

Dentro do proceso de rexeneración e reactivación do Ateneo Ferrolán, realizamos esta actividade co obxectivo de recadar fondos para continuar coa recuperación da entidade.


Que se sortea?

Sorteamos 3 obras pictóricas doadas polos autores a esta entidade con fins solidarios.



Como se Participa?

Para axudar e participar no sorteo, debes mercar un "Bono Axuda" emitido polo Ateneo Ferrolán de 2€ que terá un número para o sorteo e que, de ser o número agraciado obterá 1 das obras sorteadas.



Os bonos poderanse mercar no mesmo Ateneo Ferrolán, venderanse na secretaría como único punto de venda.



Cando e donde é o sorteo?

O sorteo das obras realizarase durante o transcurso dunha Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán que se celebrará o día 1 de febreiro de 2020. De non estar presente a persoa coa numeración gañadora, a publicaremos na web do Ateneo durante un mes. No caso de non ser recollido o premio, este pasará de novo a formar parte do Ateneo Ferrolán.




As obras levan as firmas de: Inma Doval, Raquel Castro Torrado (Reixel) e Rosa Guisán

 Tamén podes mercar o teu bono facendo a transferencia en:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


No sorteo que tivo lugar este pasado sábado (1 de febreiro de 2020) saíron os números dos Bonos Solidarios : nº 2, nº 133 e nº 153 que xa foron entregados aos respectivos gañadores "in situ" xa que estaban presentes na Sesión Vermú!

Grazas a tod@s en especial aos alumn@s de canto de A Escola da Vaca pola súa sempre desinteresada participación!!! Un pracer!



29 xaneiro 2020

Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires?. Mércores día 29 de xaneiro ás 19 h.

Charla e Coloquio: Qué Galicia prefires?

O mércores 29 de xaneiro ás 19 h. charla e coloquio no #AteneoFerrolán para falar con Mabel Rivera e Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde sobre o cambio climático, a ILP, a deseucaliptización e a defensa do bosque autóctono e do medio rural.

Agardamos a vosa presenza!! Organiza: Fuco Buxán

Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga. Xoves 30 de xaneiro ás 19,30 h.

Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga 
xoves 30 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán 

Contaremos coa presenza do autor e de Guillermo Llorca (historiador)

Xosé A. Fraga, doutor en Bioloxía e ex director dos Museos Científicos da Coruña presenta Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, un libro editado por Espacio Cultura que explica en 78 relatos a pegada que deixou a Ciencia na cidade desde mediados do século XVIII.

Ciencia próxima recompila os episodios da cultura científica que desde o ano 2014 Xosé A. Fraga publica no xornal La Opinión. «Son as mesmas pezas, revisadas e con ilustracións novas, que respectan o seu obxectivo orixinal: achegar ao público xeral o coñecemento científico», explica o autor.

A idea de xuntalos todos nun volume único xurdiu da experiencia lectora dente próxima e da propia observación de Xosé A. Fraga. Dunha banda, apunta, esta selección publicada por xunto, permite compensar «a lectura apurada dos domingos cunha máis relaxada que convida á reflexión».

Doutra, incide, «co paso do tempo e con case 80 episodios sobre a mesa, deime conta de que narraban moi ben a integración da Ciencia na cidade», tamén porque a súa historia foi parella á propia historia do desenvolvemento científico.

13 xaneiro 2020

Presentación da novela "El guardián de las flores". Venres 17 de xaneiro ás 19:30 h.


Presentación da novela "El guardián de las flores" de Roberto H.L. Cagiao
venres día 17 de xaneiro ás 19:30 h. no #AteneoFerrolán

Contará coa presenza de Sonia Mauriz como condutora e nela haberá unha charla sobre a novela, lendas e firma de exemplares xunto ao autor Rober H.L. Cagiao.

SINOPSE:
Corenta e oito horas para o gran día do Apóstolo. Colexiata de Iria Flavia. Un home aparece morto e a súa filla foi secuestrada, e só é o principio…
A comisaria Paola Gómez enfróntase a unha vinganza máis aló do persoal entre flores, libros e lendas galegas tinguidas de sangue.
O mosteiro de Caaveiro, o Castelo de Andrade ou a Igrexa de Breamo e o Parque Natural das Fragas do Eume son os emprazamentos polos que transcorre este thriller sen pausa que promete atrapar ao lector e deixalo sen respiración.


 AUTOR: Nacín en Bañobre en 1976. Xa no colexio doume conta de que o meu son as letras e pouco os números. Diplomado en Ciencias da Educación. Na miña mocidade encamiño a miña vida artística á música, gravando dous discos con Trashnos. Tras deixar (só de feito) o difícil mundo do rock, a vida engóleme. O destino e unha serie de variados acontecementos fan que en xuño de 2019 volva escribir. O Gardián das flores é a miña primeira vez. Moitas grazas a todos pola súa colaboración.