Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: IN SITU.
"Ferrol Vello a A Magdalena. As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana"
Mércores día 31 de outubro ás 17 h. no Ateneo Ferrolán
O programa IN SITU
pretende crear outros
lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo
de debate ao contexto xeográkco e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo,
Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar
a diversidade das
situacións nas que se atopan
e introducir no debate
os aspectos complexos do debate arredor
da protección patrimonial da cidade
histórica.
O barrio da Madalena
e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman,
en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto
de crise urbana
que se prolonga
dende hai décadas.
Esta condición danos
pé a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios
das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.
PROGRAMA
17:00 horas Presentación
Rebeca
Blanco-Rotea, coordinadora da
Sección de
Patrimonio e
Bens Culturais
do Consello da
Cultura Galega
Teresa Nieto,
arquitecta, membro da sección de
Patrimonio e
Bens Culturais
do CCG
17:15 horas
A
participación veciñal no recoñecemento patrimonial e na
recuperación de Ferrol Vello e da Madalena
Miguel
Reimúndez González,
arquitecto
17:45 horas
Os
plans especiais nas estratexias para a recuperación da Madalena e a
rexeneración urbana de Ferrol Vello
Alfonso
Díaz
Revilla,
arquitecto,
Oficina
de
Planeamento,
S.A.
18:30 horas
A
xestión
da
área
de
rehabilitación
da
Madalena
e
Ferrol
Vello
Ignacio
Mendizábal
Ferreiro,
arquitecto,
Oficina
de
Rehabilitación
de
Ferrol
19:15 horas
Debate
ORGANIZA
Sección
de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
COLABORA
Ateneo
Ferrolán
COORDINA
Rebeca
Blanco Rotea
Teresa Nieto
LUGAR
Ateneo
Ferrolán
Rúa
Magdalena 202-204
15402
Ferrol
INSCRICIÓN
A
inscrición é gratuíta.
O
número de prazas é limitado.
As
prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
MÁIS
INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal