Presentación "22 Sonetos de los sentimientos oscuros" de
Rafael Malvido Díaz. Con ilustracións de Sofía Piñeiro.
Venres día 30 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
Editorial Círculo Rojo
O
mariño e escritor ferrolán, nacido en San Felipe, Rafael Malvido
ten moi presentes as súas raíces. Os lugares que máis lle inspiran
para escribir están relacionados co mar.-Posiblemente Punta Penencia
sexa o lugar que máis me inspire. Ten que estar presente o mar, o
encontro da terra co mar, a praia, as ondas... Eu crieime en San
Felipe, e desde pequeno tiña un bote de remos e ía pescar, entón
teño o privilexio de haber nado e crecido nunha contorna natural.
Teño
unha imprimación dese neno que fun que estaba en contacto coa
natureza e os elementos. Nesa contorna sinto moi a gusto, teño unha
unión mística coa natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario