Club de Lectura martes día 1 de abril ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 31.3.14Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Novas, Presentacións
CHARLA-COLOQUIO: "Os coidados ao final da vida e testamento vital"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 31.3.14Falarán:
ASCENSIÓN CAMBRÓN - Profesora de Ética de Dereito na Universidade da Coruña. Membro da DMD A Coruña
EMILIA IRIMIA - Coordinadora de DMD A Coruña
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Novas
Curso de fotografia nocturna: Astrofotografía de paisaxe
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 31.3.14Curso de fotografia nocturna:
Astrofotog rafía de paisaxe
sábado día 3 e domingo día 4 de maio
aberto o prazo de inscrición
Sábado 3 de maio Teoría de 17:00h a 21:00h
1. Astrofotografía de Paisaxe e tipos de fotografía nocturna ou con poca luz
2. Exemplos Visuais
3. Material técnico
4. Material non técnico
------------------------
Sábado 3 de maio Práctica de 21:00h a 03:00h
------------------------
------------------------
Etiquetas: Actividades, Certame Fotográfico, Exposicións, Novas
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Novas, Xornadas
A quen molesta o nome do Ateneo Ferrolán?
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.3.14A primeira de madeira e bronce que levaba 30 anos ao finalizar as obras e

Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Bono Axuda, Estatutos, Novas
Exposición Fotografía de José Luis Pérez
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.3.14As imaxes, de gran formato, non só reproducen o mundo real senón que transfórmano e son en si mesmas un instrumento de creación artística como se ve na elección do branco e negro.
Etiquetas: Actividades, Exposicións, Novas
O Ateneo Ferrolán, 135 anos facendo cultura
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.3.14O Ateneo Ferrolán, 135 anos facendo cultura
O Ateneo Ferrolán está de aniversario. Esta entidade cultural celebra estes días os 135 anos da súa fundación.
Un 24 de marzo de 1879 quedaba asinada a acta de constitución do primeiro Ateneo que houbo na cidade de Ferrol. O proceso de consolidación deste espazo para o saber e a cultura non foi doado. O seu actual presidente, Eliseo Fernández, explica que houbo que emprender unha serie de trámites complexos e superar un longo sistema de xestión ata que finalmente quedou formalizada a primeira directiva do chamado Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol.
Os seus impulsores eran persoeiros do mundo da medicina, a literatura e o xornalismo, moi vinculados ao ámbito da cultura, que tiñan como obxectivo «ampliar os coñecementos e difundilos entre as clases populares, elevando o seu nivel intelectual e familiarizándoos cos modernos ideais da ciencia e a arte».
A historia do Ateneo é densa e ben longa, mais a súa vida non sempre foi ininterrompida. Como sinala Eliseo, «houbo varios ateneos en Ferrol». Uns herdaban a corrente dos anteriores, pero «sempre conservaron o espírito ateneístico» que se foi transmitindo ao longo das épocas superando diferentes xeracións. Pero houbo tempos en que «o Ateneo apagou a súa chama en períodos de escuridade como as ditaduras de Primo de Rivera e Franco», para reaparecer en tempos de maior liberdade.
Despois de corenta anos de inactividade, o agora xa coñecido como Ateneo Ferrolán viviu o seu rexurdimento no ano 1976. En pleno fervor político e democrático, a entidade volveu coller forma baixo a presidencia de Fernando Álvarez Bouza. A este sucedéronlle unha decena de presidentes ata chegar aos nosos días, en que Eliseo Fernández ocupa o cargo dende o pasado mes de xaneiro.
A teima da actual directiva segue sendo a de continuar entendendo a cultura «como ferramenta transformadora e empregar o debate para intentar cambiar a sociedade». Destacan o carácter «aperturista» da entidade, na cal teñen cabida «tódalas ideoloxías».
A súa pretensión de cara aos vindeiros meses é enriquecer a súa programación semanal escoitando as propostas do público. «Non queremos facelo todo dende enriba, por iso estamos convocando asembleas abertas para consolidar unha programación que inclúa a participación cidadá», apunta Fernández.
O Ateneo Ferrolán está de aniversario. Esta entidade cultural celebra estes días os 135 anos da súa fundación.
Un 24 de marzo de 1879 quedaba asinada a acta de constitución do primeiro Ateneo que houbo na cidade de Ferrol. O proceso de consolidación deste espazo para o saber e a cultura non foi doado. O seu actual presidente, Eliseo Fernández, explica que houbo que emprender unha serie de trámites complexos e superar un longo sistema de xestión ata que finalmente quedou formalizada a primeira directiva do chamado Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol.
Os seus impulsores eran persoeiros do mundo da medicina, a literatura e o xornalismo, moi vinculados ao ámbito da cultura, que tiñan como obxectivo «ampliar os coñecementos e difundilos entre as clases populares, elevando o seu nivel intelectual e familiarizándoos cos modernos ideais da ciencia e a arte».
A historia do Ateneo é densa e ben longa, mais a súa vida non sempre foi ininterrompida. Como sinala Eliseo, «houbo varios ateneos en Ferrol». Uns herdaban a corrente dos anteriores, pero «sempre conservaron o espírito ateneístico» que se foi transmitindo ao longo das épocas superando diferentes xeracións. Pero houbo tempos en que «o Ateneo apagou a súa chama en períodos de escuridade como as ditaduras de Primo de Rivera e Franco», para reaparecer en tempos de maior liberdade.
Despois de corenta anos de inactividade, o agora xa coñecido como Ateneo Ferrolán viviu o seu rexurdimento no ano 1976. En pleno fervor político e democrático, a entidade volveu coller forma baixo a presidencia de Fernando Álvarez Bouza. A este sucedéronlle unha decena de presidentes ata chegar aos nosos días, en que Eliseo Fernández ocupa o cargo dende o pasado mes de xaneiro.
A teima da actual directiva segue sendo a de continuar entendendo a cultura «como ferramenta transformadora e empregar o debate para intentar cambiar a sociedade». Destacan o carácter «aperturista» da entidade, na cal teñen cabida «tódalas ideoloxías».
A súa pretensión de cara aos vindeiros meses é enriquecer a súa programación semanal escoitando as propostas do público. «Non queremos facelo todo dende enriba, por iso estamos convocando asembleas abertas para consolidar unha programación que inclúa a participación cidadá», apunta Fernández.
Acto conmemorativo
O Ateneo Ferrolán organizaba onte no edificio que ocupa na rúa Magdalena 202-204 un acto para conmemorar os 135 anos da súa fundación. A cita, á que acudiron medio cento de persoas, serviu para voltar a vista atrás e rememorar a historia deste emblemático colectivo. Pero, ademais, foi un propósito para replantexar a súa labor e reforzar a súa existencia de cara ao futuro.
A situación actual non é doada. As diferenzas co Concello de Ferrol e a perda de socios nos últimos anos -aos preto de 1.300 afiliados que chegaron nos anos noventa contrapóñense os 350 da actualidade- non favorecen o desenvolvemento plácido das súas actividades. Ademais, deben afrontar unha serie de débedas atrasadas e atopar relevo para ocupar os altos cargos do asociacionismo, algo que hoxe en día semella cada vez máis complicado.
Dende a directiva sinalan que entre as consecuencias que conlevaría a desaparición desta entidade están a perda de postos de traballo, así como o abandono dun amplo patrimonio cultural, composto por unha hemeroteca e diferentes obras de arte.
O actual presidente non teme pola súa desaparición, pero critica que, despois de ocupar máis de trinta anos o mesmo edificio, o consistorio ferrolán «cambie as condicións e os dereitos constantemente». Fernández fai referencia a un convenio de cesión do edificio a este colectivo por un período de quince anos, aprobado no 1996 en pleno municipal. Posteriormente, no ano 2008, cambiouse o obxecto deste acordo e reordenáronse os espazos do inmoble para cedelo a outras sociedades locais. Ademais, nos últimos días, desapareceu a placa co nome do colectivo que penduraba no exterior do edificio. Eliseo Fernández indica que o Concello de Ferrol pediulle á directiva, con anterioridade, que quitase a devandita placa, pero desobedeceron e, ao reclamaren a súa desaparición, «dende o Concello nos deron a calada por resposta». «O Concello considera que este edificio é o Concepción Arenal, pero queremos que deixen de cambiarlle o nome ao local», e lonxe de pedir «máis atención», desexan, di Fernández, «respecto» e «que nos deixen seguir facendo o noso traballo».
Cre que a reconciliación coa administración local é posible porque, di, «sempre estamos abertos ao diálogo». Iso si, pide que se lles deixe seguir dinamizando o panorama cultural da cidade porque, conclúe, «temos unha tradición que non se pode botar por terra».
Campaña de captación de socios
Para facer máis atractiva a adhesión a este colectivo, a xunta directiva emprendeu unha campaña de baixada de cotas, con descontos para desempregados, menores de 26 anos ou maiores de 65. Pero, ademais, Fernández insiste en pedir «máis participación colectiva por medio de actividades e que a xente participe coas súas propostas». Defende que «o diñeiro non sexa un obstáculo para seguir funcionando».
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Bono Axuda, Estatutos
A quen molesta o Ateneo Ferrolán?
Luns 24 marzo 2014
En tempos de inauguración de grandes contedores culturais non é inoportuno lembrar que a cultura é un fenómeno complexo que non pode reducirse a periódicos rituais nos que as persoas ficamos reducidas a meros espectadores. Dende o Ateneo Ferrolán pensamos que todas e todos somos cultura. E reivindicamos á xente de Ferrol e bisbarra como un pobo que é principalmente creador de cultura, e só como un efecto colateral resulta ser tamén consumidor de cultura.
É por iso que na nova xunta directiva que comezou a exercer as súas funcións no Ateneo hai escasos dous meses procuramos provomer outro tipo de cultura: nin unha cultura de élites nin unha cultura para as masas, senón unha cultura comunitaria e participativa coa implicación do maior número posible de persoas.
A complicidade e o apoio, tanto do tecido asociativo como das creadoras e creadores, está sendo fundamental nestes primeiros tempos. E seríamos moi desagradecidos se non fixéramos público o noso profundo agradecemento a todas as persoas e colectivos que están colaborando connosco nesta modesta obra de cultura. Xente de toda a bisbarra e tamén doutros lugares que desinteresadamente vén expoñendo as súas obras, compartindo os seus coñecementos e comunicando as súas actividades nos locais do Ateneo.
Grazas a todas e todos eles, nos vindeiros meses tentaremos continuar con novos proxectos de actividades culturais, promovidos pola nosa entidade en solitario ou en colaboración con outras asociacións do tecido cultural. Nun proceso de longo percorrido, aspiramos a facer un Ateneo máis participativo, no que as socias e socios teñan maior protagonismo e no que aumente a colaboración coas persoas e asociacións da bisbarra que manifesten calquera tipo de inquedanza cultural. Xunto a actividades consolidadas como o clube de lectura, os “martes de cine”, as charlas e as presentacións de libros, estamos tentando recuperar o cine infantil dos sábados e agardamos facer presente a memoria de persoaxes anónimas e de colectivos esquecidos. Como grande proxecto da entidade neste ano 2014 queremos lembrar a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira no centenario do seu nacemento, cunhas xornadas que se celebrarían no vindeiro mes de decembro.
Ao tempo, vimos de extender as cuotas reducidas ás persoas desempregadas, menores de 26 anos ou maiores de 65, ás familias nas que hai varios socios, ou a persoas que viven fóra da bisbarra. Deste xeito tentamos ampliar o número de socios e, sobre todo, implicar a máis xente ao traballo cultural nos locais do Ateneo.
Mais non todo vai como quixéramos. É ben coñecido que o Ateneo mantén unhas reivindicacións, que estimamos lexítimas, en canto ao edificio que vimos enchendo de actividade dende hai case trinta anos. O Ateneo non se considera superior a ningunha outra asociación cultural da cidade; mais tampouco nos consideramos inferiores, e mesmo reivindicamos con todo orgullo a tarefa que o Ateneo e as anteriores directivas fixeron en proveito da nosa cultura e da nosa cidade. Por iso asistimos con certa incredulidade ás dificultades cada vez maiores que temos para desenvolver a nosa actividade cultural.
Neste sentido, non podemos máis que manifestar a nosa indignación diante da desaparición da placa do Ateneo Ferrolán do exterior do edificio, o pasado mércores día 5 de marzo. O feito de retirar o noso nome da fachada principal (onde figuraba dende hai case trinta anos) é un paso máis nun proceso que leva á nosa entidade ao confinamento nas plantas terceira e baixocuberta do edificio, á ocultación da existencia do Ateneo, e á marxinalización das súas actividades. E malia todo, contra vento e marea, os compromisos do Ateneo continúan sendo os de ser un espazo aberto para a cultura, o de levar adiante o noso programa de actividades, e promover a cultura e o debate entre a xente de Ferrol e a súa bisbarra. O alento popular é a nosa mellor axuda nesta complicada travesía.
*Eliseo Fernández é o actual presidente do Ateneo Ferrolán.
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias
Celebración dos 135 anos do Ateneo. Luns día 24 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.3.14Etiquetas: Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Estatutos
Arredor da noite branca. Xoves 20 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.3.14comprácense en convidalo/a á actividade
baseada no do libro: A noite branca de Francisco X. Fernández Naval
O acto, que contará coa participación
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Novas
Etiquetas: Bono Axuda, Novas
Debate sobre o Naval: Aquí facemos barcos. Mércores día 19 ás 19,30.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.3.14Etiquetas: Conferencias, Xornadas
Sesión Vermú con Oscar Fojo. Sábado día 15 a partir das 12 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.3.14Etiquetas: Música en Directo, Sesión Vermú
Concerto: "Pelillos a la mar". Sábado día 15 de marzo ás 20h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.3.14Un novo proxecto MUSICAL con duracion determinada, proxecto de mecha corta e que autoexplotara en breve. Airan Beltran Garcia, Xurxo Garcia e Lucía Cortiñas Lorenzana e invitados estamos preeeparados!
Etiquetas: Música en Directo
Representación de "La farmacia de A. Chejov" a cargo de Angel Simón. Venres 14 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.3.14O venres día 14 de marzo ás 20,30 h. haberá no salón de actos do Ateneo Ferrolán a representación de:
6 Non Soci@s
Cumprimos un ano de botica, con 36 funcións pola metade norte peninsular, do Mediterráneo ao Atlántico, cruzando ríos e páramos. Isto significa que continuamos nosa andanza con esta aventura farmacolóxica que naceu relendo algúns textos de Chejov e saiban vostedes que serán benvidos este venres ás 20.30 no Ateneo,... Ateneo Ferrolán. Benvindos!
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/publico-tiene-mucho-recibir-y-teatro-tiene-muchas-cosas-contarle/20140312023201077975.html
Etiquetas: Poesía, Presentacións, Proxeccións, Teatro
Club de Lectura: "El callejón de los milagros". Martes día 11 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.3.14Mahfuz retrata no libro "El callejón de los milagros" unha sociedade pechada, frustrada e chea de desexos imposibles a través dunha galería de personaxes inesquecibles. Os personaxes maduros prefiren permanecer illados no seu mísero barrio, mantendo unha aparencia de normalidade e unha falsa atmosfera do pasado, en lugar de adaptarse aos tempos cambiantes. Pola súa banda, os mozos soñan con aventuras, riquezas e praceres e sobre todo con saír do barrio.E unha representación atemporal do conflito entre a tradición e a modernidade, entre o pasado e o presente.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura
II Jornadas comemorando o 10 de março do 72
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.3.141972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras
Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao en comemoraçom das luitas do março do 72 constaran de diversas actividades ao longo da segunda semana de março em Ferrol.
Empezaremos o dia 11 de março as 19:00 horas na A.V. de Esteiro, na rua Fernando VI no bloque I, cumha charla baixo o nome "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom". Na mesma falarannos Xan Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.
Seguiremos o dia 13 de março as 19:00 horas no Ateneo Ferrolam, na rua Madalena 202-204, com outra charla baixo o nome "Dinamizaçom da luita obreira". Nela falarannos Inacio Mártinez e um membro da CNT.
Continuaremos o dia 14 de março as 19:00 horas na Galeria Sargadelos, na rua Rubalcaba 30-32, coa ultima das charlas baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho". Nela falarannos Lupe Ces e Lola Ferreiro.
Para rematar o sabado 15 de março as 21:00 teremos no Chimarrao, na rua sartanha 61, o concerto dos Machina e a Savonarola. A entrada será de balde.
Etiquetas: Actividades, Conferencias