Buscar neste blog

25 marzo 2014

O Ateneo Ferrolán, 135 anos facendo cultura

ARY LÓPEZ | Martes 25 marzo 2014 | 

O Ateneo Ferrolán está de aniversario. Esta entidade cultural celebra estes días os 135 anos da súa fundación.
Un 24 de marzo de 1879 quedaba asinada a acta de constitución do primeiro Ateneo que houbo na cidade de Ferrol. O proceso de consolidación deste espazo para o saber e a cultura non foi doado. O seu actual presidente, Eliseo Fernández, explica que houbo que emprender unha serie de trámites complexos e superar un longo sistema de xestión ata que finalmente quedou formalizada a primeira directiva do chamado Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol.
Os seus impulsores eran persoeiros do mundo da medicina, a literatura e o xornalismo, moi vinculados ao ámbito da cultura, que tiñan como obxectivo «ampliar os coñecementos e difundilos entre as clases populares, elevando o seu nivel intelectual e familiarizándoos cos modernos ideais da ciencia e a arte».
A historia do Ateneo é densa e ben longa, mais a súa vida non sempre foi ininterrompida. Como sinala Eliseo, «houbo varios ateneos en Ferrol». Uns herdaban a corrente dos anteriores, pero «sempre conservaron o espírito ateneístico» que se foi transmitindo ao longo das épocas superando diferentes xeracións. Pero houbo tempos en que «o Ateneo apagou a súa chama en períodos de escuridade como as ditaduras de Primo de Rivera e Franco», para reaparecer en tempos de maior liberdade.
Despois de corenta anos de inactividade, o agora xa coñecido como Ateneo Ferrolán viviu o seu rexurdimento no ano 1976. En pleno fervor político e democrático, a entidade volveu coller forma baixo a presidencia de Fernando Álvarez Bouza. A este sucedéronlle unha decena de presidentes ata chegar aos nosos días, en que Eliseo Fernández ocupa o cargo dende o pasado mes de xaneiro.
A teima da actual directiva segue sendo a de continuar entendendo a cultura «como ferramenta transformadora e empregar o debate para intentar cambiar a sociedade». Destacan o carácter «aperturista» da entidade, na cal teñen cabida «tódalas ideoloxías».
A súa pretensión de cara aos vindeiros meses é enriquecer a súa programación semanal escoitando as propostas do público. «Non queremos facelo todo dende enriba, por iso estamos convocando asembleas abertas para consolidar unha programación que inclúa a participación cidadá», apunta Fernández.

Acto conmemorativo
O Ateneo Ferrolán organizaba onte no edificio que ocupa na rúa Magdalena 202-204 un acto para conmemorar os 135 anos da súa fundación. A cita, á que acudiron medio cento de persoas, serviu para voltar a vista atrás e rememorar a historia deste emblemático colectivo. Pero, ademais, foi un propósito para replantexar a súa labor e reforzar a súa existencia de cara ao futuro.
A situación actual non é doada. As diferenzas co Concello de Ferrol e a perda de socios nos últimos anos -aos preto de 1.300 afiliados que chegaron nos anos noventa contrapóñense os 350 da actualidade- non favorecen o desenvolvemento plácido das súas actividades. Ademais, deben afrontar unha serie de débedas atrasadas e atopar relevo para ocupar os altos cargos do asociacionismo, algo que hoxe en día semella cada vez máis complicado.
Dende a directiva sinalan que entre as consecuencias que conlevaría a desaparición desta entidade están a perda de postos de traballo, así como o abandono dun amplo patrimonio cultural, composto por unha hemeroteca e diferentes obras de arte.
O actual presidente non teme pola súa desaparición, pero critica que, despois de ocupar máis de trinta anos o mesmo edificio, o consistorio ferrolán «cambie as condicións e os dereitos constantemente». Fernández fai referencia a un convenio de cesión do edificio a este colectivo por un período de quince anos, aprobado no 1996 en pleno municipal. Posteriormente, no ano 2008, cambiouse o obxecto deste acordo e reordenáronse os espazos do inmoble para cedelo a outras sociedades locais. Ademais, nos últimos días, desapareceu a placa co nome do colectivo que penduraba no exterior do edificio. Eliseo Fernández indica que o Concello de Ferrol pediulle á directiva, con anterioridade, que quitase a devandita placa, pero desobedeceron e, ao reclamaren a súa desaparición, «dende o Concello nos deron a calada por resposta». «O Concello considera que este edificio é o Concepción Arenal, pero queremos que deixen de cambiarlle o nome ao local», e lonxe de pedir «máis atención», desexan, di Fernández, «respecto» e «que nos deixen seguir facendo o noso traballo».
Cre que a reconciliación coa administración local é posible porque, di, «sempre estamos abertos ao diálogo». Iso si, pide que se lles deixe seguir dinamizando o panorama cultural da cidade porque, conclúe, «temos unha tradición que non se pode botar por terra».
Campaña de captación de socios
Para facer máis atractiva a adhesión a este colectivo, a xunta directiva emprendeu unha campaña de baixada de cotas, con descontos para desempregados, menores de 26 anos ou maiores de 65. Pero, ademais, Fernández insiste en pedir «máis participación colectiva por medio de actividades e que a xente participe coas súas propostas». Defende que «o diñeiro non sexa un obstáculo para seguir funcionando».

Ningún comentario: