Buscar neste blog

Síguenos en...

Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións

12 febreiro 2016

Presentación libro "O reloxo". Xoves 18 de febreiro ás 18 h.



Presentación libro "O reloxo" 
escrito por Juana M Vera Meizoso e ilustrado por Eneko las Heras (Eneko)

O xoves día 18 de febreiro ás 18 h. no salón de actos do Ateneo


"O reloxo" é unha historia de luces e sombras, sumas e restas, das que nacen as horas, os números, o tempo e os soños. O seu protagonista está caracterizado pola súa constancia, o seu valor e o seu soño.

Historia na liña de Alicia no País das Marabillas ou de O Principiño, "O reloxo" conmove e foi escrito para persoas entre cinco e 105 anos.

Finalista do Premio Europeo de Literatura Infantil e Xuvenil Ilustrada, Apel-Lles Mestres, na súa versión en cor.

Foi exposto, no ano 2014, tamén na súa versión en cor, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e no Centro Torrente Ballester de Ferrol, no ano 2013.

Na súa versión en branco e negro, tamén ilustrada por Eneko Las Heras, "O reloxo", foi exposto no Museo de Instrumentos de Música de Berlín, no marco do Primeiro Congreso Internacional de Música, Matemáticas e Computación.

A autora, Juana M Vera Meizoso, tamén foi Finalista do Premio Nacional de Poesía Adonáis, 1995, co manuscrito Líneas. Publicou a obra Fantasía, Orach, 2009 e A nena dos toxos e o Deus do Barco no número 203 de la Revista Grial.

O ilustrador, Eneko Las Heras, quen asina as súas ilustracións como Eneko, traballa para o diario 20 minutos de Madrid, para revista El Jueves e para a revista Interview. Eneko Las Heras ten unha sólida traxectoria nacional e internacional como ilustrador, e tamén como pintor.

20 xaneiro 2015

Espectáculo de MARIONETAS: "La gallina de los huevos de oro". Sábado día 31 ás 12 h.

Un espectáculo de MARIONETAS para publico infantil e familiar
"La gallina de los huevos de oro"

Posta en escena e dirección - Plamen Dipchikov
Escenografía, marionetas e vestuario - Ani Petrova
 
Sábado 31 de xaneiro ás 12 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolan
Entrada: Infantil 3€ / Adultos 5€
Soci@s: 3€

23 decembro 2014

Un espectáculo de MARIONETAS: "El Gato con Botas". Domingo día 28 ás 12,30 h.



Un espectáculo de MARIONETAS para publico infantil e familiar
"El Gato con Botas"

Posta en escena e dirección - Plamen Dipchikov
Escenografía, marionetas e vestuario - Ani Petrova
Actores - Plamen Dipchikov e Sabela Amado Rojo

 
28 de decembro ás 12:30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolan

Entrada: Infantil 3€ / Adultos 5€

13 decembro 2014

Programación Especial Infantil. Decembro 2014

Comezamos no Ateneo unha Programación Especial para este mes de decembro 
que informaremos puntualmente


Nesta primeira, A Escola da Vaca e o Ateneo Ferrolan organizamos:
Entrada libre e gratuíta. 

Luns día 15 ás 18,30 h.: Escenificación dun Conto Infantil
Martes día 16 ás 18,30 h.: Concerto de Violín
Luns día 22 ás18,30 h.: Concerto Didáctico Blues
Martes día 23 ás 17,30 h.:  Actuación de Canto