Asemblea Xeral Ordinaria do Ateneo. Luns día 10 de outubro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.9.16
Ferrol
21 de setembro de 2016
CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Benquerido
socio e socia:
Por
medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se
celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o luns día 10 de outubro de
2016 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en
segunda, cun único punto na Orde do Día tal e como aprobouse na
anterior Asemblea Xeral no
seu
punto
4
(Punto
4
- Pasados seis meses desde esta asemblea sen proclamarse xunta
directiva algunha, convocarase unha Asemblea Ordinaria para a
primeira quincena de outubro de 2016 para renovar ou revogar a
confianza na xunta xestora actual).
ORDE
DO DÍA
1.-
Renovación ou revogación
da Xunta Xestora.
Sen
máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,
A
Xunta Xestora do Ateneo
Etiquetas: Asembleas
[Actividade para socios e socias] O Ateneo en ruta ... 100 Anos Escuela Obrera Ferrol
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.9.16
O Ateneo en ruta...
Visita Guíada á exposición “100 Anos Escuela Obrera Ferrol”
Mércores, 5 de outubro de 2016 ás 18 horas.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Datos da actividade:
Visita Guíada á exposición “100 Anos Escuela Obrera Ferrol”
Colabora: Navantia-Exponav
Prezo: De balde
Data da actividade: Mércores, 5 de outubro de 2016
Hora de comezo: 18:00
Duración previsible: 60 minutos
Lugar de encontro: Sala Carlos III - Exponav (Ferrol)
Número de participantes: 10 mínimo / 25 máximo
Inscrición: Do 20 de setembro ao 3 de outubro de 2016
Formulario de inscrición: www.goo.gl/F2Rpcc
Normas completas de “O Ateneo en ruta”: www.goo.gl/vuUlkv
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Etiquetas: Actividades, En ruta, O Ateneo en Ruta
Charla do fotógrafo David Martínez Lombardía. Sábado 24 de setembro ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.9.16
Sábado 24 de setembro ás 20,30 h. no Ateneo Ferrolán
Organiza: Expofoto Galicia. Entrada libre e gratuíta
David Martínez Lombardía (Santiago de Compostela), acaba de asinar o seu primeiro contrato fotográfico en USA.
Na súa visita a Ferrol, ademais de ensinarnos o seu (impresionante) traballo fotográfico, quere dar unha inxección de ánimo a todos os que se dedican ou lles gusta calquera disciplina artística.
Vémonos!
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Exposicións, Fotografía, Obradoiros