ACTIVIDADES
CULTURAIS do 13 ao 17 de outubro 2015
*
“28x40x11” Exposición colectiva nas salas do Ateneo Ferrolán.
Do
2 ao 31 outubro, 2015
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/10/28x40x11-exposicion-colectiva-do-2-ao.html
*
Martes de Cine: Ciclo "Mellor baixo un ceo irlandés" ás
19 h. no salón de actos do Ateneo
Martes
día 13 de outubro: “Michael Collins”
Ano
1996 Duración 132 min. País Estados Unidos
Director
Neil Jordan
Reparto
Liam Neeson, Aidan Quinn, Stephen
Rea, Alan Rickman, Julia Roberts, Ian Hart, Brendan Gleeson, Sean
McGinley, Charles Dance, Gerard McSorley, Owen Roe, Frank O'Sullivan,
Stuart Graham, Jonathan Rhys-Meyers
Sinopse
Michael Collins
(1890-1922) foi un líder revolucionario irlandés que loitou
encarnizadamente contra a ocupación inglesa da súa patria. Cos seus
mozos pistoleros levou a cabo unha serie de sanguinarios atentados
que xeraron unha non menos cruel represión.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/martes-de-cine-ciclo-mellor-baixo-un.html
*
Club de Lectura martes día 13
ás 19,30 h.
Estamos
a ler: “Los pazos de Ulloa” de Emilia PardoBazán
Dende
o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA,
segue levándose a cabo todos os primeiros MARTES DE CADA MES.
Encontros
coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros
martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola
profesora ANXELES SEOANE.
*
ESCOLA
DE TEATRO do Ateneo. Dirixida por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia
e arte teatral).
Martes
e Xoves de 19 a 21 h.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/escola-de-teatro-do-ateneo-martes-e.html
*
Clases de IOGA Integral no Ateneo. Luns e
Mércores de 11:30 a 13:00 e de 17,30 a 19 h.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/clases-de-ioga-integral-luns-e-mercores.html
*
Acto “Outros exilios: as nenas de Rusia” mércores 14 de outubro,
ás 19:30 horas
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/10/acto-outros-exilios-as-nenas-de-rusia.html
Nos
anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil, varios millares de
nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión
Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis
afectadas polos combates. Moitos daqueles nenons e nenas exiliados
non puideron voltar ás súas zonas de orixe polas vicisitudes da II
Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica da guerra fría.
Araceli
Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927)
son dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova é unha
moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun
deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa
experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para
moita xente. E a narración da súa experiencia en primeira persoa
irá seguida dun coloquio co público asistente.
Organizan:
Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e o Ateneo
Ferrolán
*
II Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. Arquivos para a
cidadanía. Arquivos da cidadanía. Xoves 15 de outubro de 2015 ás
17.00 horas,
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/10/ii-xornadas-de-documentacion-do-ateneo.html
http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org
-
O
papel dos arquivos da administración pública e das institucións
privadas no servizo á cidadanía.
-
Experiencias
na creación de arquivos e centros de documentación baseados na
aportación e colaboración colectivas.
*
Taller Infantil de "Pintura loca" con Carmen Martín.
Sábados de 11,30 a 13 h.
Enfoncado
para nen@s a partir de 3 anos
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2015/09/taller-infantil-de-pintura-loca-con.html