A banda de rock
96 GRADOS, presenta en formato acústico o seu primeiro traballo discográfico
"mañana sale el sol" que pódese escoitarse en
www.96grados.esO venres día 29 de maio ás 20 horas
no Auditorio do Ateneo Ferrolán.
A entrada custa 3 € co CD.
96 GRADOS, un nome que define o espírito co que nace esta banda de rock sinfónico, un proxecto froito da paixón pola música que marcou a nosa era.
A banda sonora que marcou á xeración dos 70 e os 80 conforma a fonte de inspiración da que bebe este grupo, novo e entusiasta, cuxa principal razón de ser radica en promover un novo estilo de música propia, á vez que manter as raíces labradas por unha inesquecible xeración de músicos de incalculable talento: Dire Straits, Eric Clapton, Police, U2… 96 GRADOS traballou sen cesar desde o seu nacemento, a principios do ano 2005 en Santiago de Compostela.
O grupo o compoñen:- Fernando Romasanta: voz e guitarras
- Alfonso Lage: baixo e coros
- José Vázquez: batería e coros
O estilo fundamentase nun rock sinfónico e sen estridencias, música de luxo lonxe dos canons comerciais que dominan o panorama musical actual. A banda traballa buscando a perfecta elaboración dos temas de produción propia, co obxecto de salvar os escollos que dificultan a entrada nos circuítos profesionais do mercado musical español.
Temas intimistas, incisivos, e en xeral, de indiscutible orixinalidade, conforman a primeira selección de títulos da formación.
96 GRADOS ofrece un directo realmente potente que tradúcese nun espectáculo variado, aplicando en cada tema seus gustos melódicos, enriquecidos con sos de guitarra, o acompañamento rítmico do baixo e a forza na percusión.