Buscar neste blog
12 marzo 2020
10 marzo 2020
SUSPÉNDENSE as VII Xornadas de AGAMME "Ludopatía en infancia e adolescencia". Venres día 13 de marzo ás 18 h.
VII Xornadas de AGAMME "Ludopatía en infancia e adolescencia" (2ª parte)
ADIADAS
O
vindeiro venres 13 de marzo AGAMME organiza a segunda parte das súas
VII Xornadas, baixo o título “Ludopatía en infancia e adolescencia”.
Terá lugar no Ateneo Ferrolán, a partir das 18 h.
O evento comezará cun relatorio a cargo de Antonio Rial Boubeta,
profesor de psicoloxía da USC, experto en adiccións na infancia e na
adolescencia. A continuación, darase paso a unha mesa redonda na que
participarán representantes dos partidos políticos. Finalizará cunha
quenda aberta para que o público presente poida trasladar preguntas e
propostas. Contaremos coa presenza de (por orde alfabética):
- Casal, por En Marea
- Prado, polo Partido Popular
- Rodil, polo Bloque Nacionalista Galego
- Solla, pola coalición Galicia en Común
- Torrado, polo Partido Socialista
Lembramos
que o aumento alarmante do número de locais de xogo e apostas en
territorio galego e o seu impacto na poboación máis nova, así como a
existencia de plataformas dixitais de apostas deportivas e outros tipos
de xogo on line, están causando gran preocupación na cidadanía. Nos
últimos meses creáronse en Galiza diversos colectivos que se opoñen á
proliferación de salóns de xogo e máquinas de apostas en puntos próximos
a centros educativos, bibliotecas, etc.
Por
outra banda, numerosos xogos electrónicos, que non presentan a primeira
vista formato de xogo de azar ou de apostas, están supoñendo a vía de
entrada neste universo de moitos rapaces e rapazas, cada vez de menor
idade. Esta modalidade de xogo presenta dificultades específicas de
regulación polo seu carácter electrónico e deslocalizado.
Durante
o ano pasado estivo a trámite unha nova lei do xogo que modificaría a
do ano 1985. Sen embargo, o texto recibiu fortes críticas por supoñer
unha regulación frouxa do negocio do xogo en Galiza, favorecendo así ás
empresas e non priorizando a protección da cidadanía e en especial os
nenos, nenas e adolescentes como colectivo especialmente vulnerable.
SUSPENDIDA a Palestra "O rural galego sobre a mesa". Xoves día 12 de marzo ás 19 h.
SUSPENDESE #CORONAVIRUS
O xoves, 12 de marzo chega a campaña "O rural galego sobre a mesa" a Ferrol cunha palestra para analizar a crise do mundo rural e da agricultura con Xoán Carlos Carreira e Xosé María García.
09 marzo 2020
Presentación da novela do xornalista Félix Soria, “Irán a por ti”. Mércores día 11 de marzo ás 19,30 h.
A novela
“Irán a por ti”, do xornalista Félix Soria, presentarase o
vindeiro mércores, 11 de marzo, no Ateneo Ferrolán.
O vindeiro mércores, 11 de marzo, as 19:30 horas, terá lugar no
Ateneo Ferrolán a presentación da novela do xornalista Félix
Soria, “Irán a por ti”. No acto de presentación,
organizado polo Club de Prensa de Ferrol, participará o escritor
Xavier Alcalá.
"Irán a por ti" é unha novela negra e fresco
social que relata as vidas de personas orixinarías de Galicia,
Andalucía, Aragón e Catalunya que conflúen na Barcelona dos
primeiros anos setenta nun episodio “coral” no que o tempo e o
lugar son secundarios.
Félix Soria (Lugo, 1953) é xornalista e reside na Coruña
desde o 2001. Estudou Filosofía e Letras e Dereito en Barcelona,
onde viviu 28 anos, e tamén en Andalucia, Bélxica, Castela e
Francia. Traballou ou colaborou con medios cataláns, andaluces,
galegos e nunha axencia francesa. Como xornalista, especializouse en
información local, económica, xeopolítica e da Unión Europea,
como correspondente en Bruxelas durante 6 anos. É o administrador do
blogue http://im-pulso.blogspot.com. es/
04 marzo 2020
Club de Lectura con "Fábulas" de Concepción Arenal. Martes día 31 de marzo ás 17,30 h.
Club de Lectura con "Fábulas" de Concepción Arenal
O martes día 3 e 31 de marzo ás 17,30 h. no Ateneo
O Club de Lectura do #AteneoFerrolán con #ConcepciónArenalA próxima lectura será o martes día 31 de marzo (por mor dos festivos de abril)
Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade. Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros martes de cada mes.
Estamos a ler "Fabulas" de Concepción Arenal
A estrutura do libro está composta por cincuenta poemas de extensión variable. Tres poemas alcanzan ou superan os cen versos, sendo o máis extenso o VI A verdade na feira, que conta con cento sesenta e seis versos. O o outro extremo, hai nove que están por baixo dos vinte e cinco versos, sendo o máis curto o XXVI.
Están escritas en verso, cúmpre a súa finalidade didáctica e todos os versos terminan nunha ensinanza baseadas no sentido común e na experiencia serena. Nunhas fábulas o diálogo corresponde a persoa, noutras a animais. O sentido da xustiza da que fose avogada penalista queda, igualmente, patente.
Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.
03 marzo 2020
Asemblea Aberta do Movemento Galego polo Clima. Venres día 6 de marzo ás 19 h.
O proximo venres día 6 de marzo ás 19 h., o Movemento Galego polo Clima celebra no Ateneo Ferrolán unha asemblea aberta para definir entre todas a folla de ruta do MGpC para os vindeiros meses.
O Movemento Galego polo Clima xurdiu en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future (Venres por Un Futuro), co obxectivo de saír á rúa a reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática e que garantan un futuro ecosocial xusto para todas.
Até o momento, o Movemento Galego polo Clima está conformado por máis de 85 colectivos e entidades galegas co fin de facer fronte todas xuntas á situación de Emerxencia Climática que vive o planeta enteiro, e particularmente Galiza. É por iso que temos intención de afrontar este reto tendo presente cales son as causas que máis están alentando o quecemento global no noso país e cales son as medidas que poderían evitar as consecuencias drásticas para o noso territorio e para o pobo galego no seu conxunto.
E para acadar este cometido, o MGpC está a redactar durante este primeiro trimestre do 2020 un manifesto encamiñado a establecer propostas para a transformación ecolóxica e social da Galiza, dándolle continuidade así ao manifesto do 2019.
https://movementogalegopoloclima.wordpress.com/
O Movemento Galego polo Clima xurdiu en Galiza como resposta á convocatoria de mobilización mundial feita polo movemento xuvenil Fridays For Future (Venres por Un Futuro), co obxectivo de saír á rúa a reclamar accións urxentes que fagan fronte á mudanza climática e que garantan un futuro ecosocial xusto para todas.
Até o momento, o Movemento Galego polo Clima está conformado por máis de 85 colectivos e entidades galegas co fin de facer fronte todas xuntas á situación de Emerxencia Climática que vive o planeta enteiro, e particularmente Galiza. É por iso que temos intención de afrontar este reto tendo presente cales son as causas que máis están alentando o quecemento global no noso país e cales son as medidas que poderían evitar as consecuencias drásticas para o noso territorio e para o pobo galego no seu conxunto.
E para acadar este cometido, o MGpC está a redactar durante este primeiro trimestre do 2020 un manifesto encamiñado a establecer propostas para a transformación ecolóxica e social da Galiza, dándolle continuidade así ao manifesto do 2019.
https://movementogalegopoloclima.wordpress.com/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)