Exposición "Don Ricardo de Fingoi (Carvalho Calero en Lugo)". Luns día 2 de marzo ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.2.20
A presidenta do Club de Prensa
de Ferrol, Julia Díaz Sixto, xunto ca Real Academia Galega e o
colectivo Egeria, comprácese en convidala/o á inauguración da exposición
"Don Ricardo de Fingoi (Carvalho Calero en Lugo)"
luns, 2
de marzo, ás 19:30 horas
no Ateneo Ferrolán.
Inauguración
da mostra Don Ricardo de Fingoi (Carvalho Calero en Lugo), que
conmemora os 15 anos en que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG)
lle dedicará o vindeiro 17 de maio residiu na cidade da Muralla para
exercer como profesor.
A exposición Don Ricardo de Fingoi,
elaborada polo Colectivo Egeria para dar conta da presenza en Lugo de
Ricardo Carvalho Calero entre 1950 en 1965, conta co patrocinio da
Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a colaboración da
RAG e do Colexio Fingoi. Consta de trece paneis que percorren a
relación do autor das Letras Galegas 2020 coa cidade da Muralla,
acompañados de sinaladores de lectura e dun folleto que recolle os
mesmos contidos dos paneis.
https://www.facebook.com/events/592066304969779/
Etiquetas: Actividades, Cultura, Educación, Exposicións, Ferrol, Galiza, Historia, LetrasGalegas, Lingua
Exposición de Pinturas "Nais da Terra" de Montse Pernas
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.2.20
Exposición de Pinturas "Nais da Terra" de Montse Pernas
Do 2 ao 31 de marzo na Salas de Exposicións (Sala 2) do #Ateneo
Do 2 ao 31 de marzo na Salas de Exposicións (Sala 2) do #Ateneo
Inauguración este venres día 28 de febreiro ás 19,30 h.
Entrada libre
Entrada libre
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Muller, Pintura
Entrevista ao responsable da Biblioteca – Hemeroteca «Ángeles Alvariño» do Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.2.20Entrevista ao responsable da Biblioteca – Hemeroteca «Ángeles Alvariño» do Ateneo Ferrolán, unha entidade cultural fundada en 1879 e que desde entón mantén vixente o seu compromiso coa cultura na cidade de Ferrol.
Archivoz: International Archives Magazine
A cidade de Ferrol foi berce de numerosas cabeceiras, moitas delas de carácter efémero apenas superaron o primeiro número, outras aínda perviven, aínda que lle fosen amputadas á cidade, como o diario El Correo Gallego. Esta cabeceira, nacida en Ferrol foi trasladada a Santiago de Compostela en plena guerra civil. Todas estas cabeceiras son como instantáneas mecanoscritas da historia, fiel reflexo dun momento da cidade. Na Hemeroteca do Ateneo conservamos exemplares de gran interese –moitos deles únicos– da prensa local dos séculos XIX e XX.
Por outra banda, a colección da biblioteca está orientada cara aos estudos de carácter local. Queremos ser moi selectivos con esta colección sobre, temas ferroláns e galegos, que na actualidade crece grazas a doazóns públicas e privadas que son sempre moi benvidas. Como mostra da importancia deste tipo de coleccións, este ano por exemplo temos dúas celebracións protagonizadas por personaxes históricos ferroláns que transcenden o interese local, como son a conmemoración do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, ou a celebración do Día dás Letras Galegas en homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero.
As nosas coleccións son o reflexo do devir histórico do Ateneo Ferrolán como entidade, e da cidade en xeral. Gonzalo Torrente Ballester dicía sobre a súa cidade natal que é “unha cidade lóxica situada nunha terra máxica”. Ferrol foi creada a mediados do século XVIII practicamente desde a nada para erixir os Reais Arsenais da Armada seguindo os ideais de racionalidade da Ilustración. Esta inxente realización atraeu a miles de persoas, chegando a ser a primeira cidade de Galicia en número de habitantes no último terzo do XVIII.
Desde entón ata hoxe a cidade está suxeita e acusa especialmente as vicisitudes históricas de Galicia e España, pola súa forte dependencia das políticas estatais cos seus núcleos de decisión por centos de quilómetros, acentuando os efectos das cíclicas crises sociais e económicas. No seo da sociedade local, altamente estamental, creceron os ideais conservadores e liberais; e tamén o movemento obreiro, xa que Ferrol era unha illa industrial nunha Galicia que foi practicamente allea á revolución das máquinas.
Entrevista completa: https://www.archivozmagazine.org/fernando-rivera-ateneo-ferrolan/
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Arquivos, Biblioteca-Hemeroteca, Cadernos do Ateneo, Cultura, Ferrol, Galiza, XornadasDOC
Día de Rosalía de Castro. Venres día 21 de febreiro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.2.20
conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Ao redor do 24 de febreiro en diversos espazos e localidades
organízanse lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro. En todos
estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano
elaborou o escritor Daniel Asorey.
No #AteneoFerrolán realizarase o venres 21 de febreiro ás 20 h. coa participación de: Mariola Hermida, Rosa Martínez, Aurora Varela e Rosa Méndez.
Compartimos as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a nosa poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico: “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.”
#ErrantesPoloMundo_rdc_20 #LetrasGalegas #SomosCultura
https://www.facebook.com/events/2726556224281320/

Etiquetas: Actividades, Cultura, Ferrol, Galiza, Letras, LetrasGalegas, Libros, Lingua
Andrés Comerma y Batalla elixido "Científico Galego do Ano 2020"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.2.20
Andrés Comerma está considerado unha das figuras clave da enxeñaría
naval en España.
Esta fotografía apareceu no Almanaque Gallego de 1913.
O “visionario” enxeñeiro Andrés Comerma, Científico Galego do Ano 2020
O
investigador, que viviu gran parte da súa vida en Ferrol, foi tamén
farmacéutico, xornalista e impulsor de diversas iniciativas culturais na
cidade
É unha das figuras clave da tecnoloxía
naval en España nos últimos séculos. Ideou e dirixou a construción do
Dique da Campá de Ferrol, foi fundador tamén en 1879 do Ateneo Ferrolan
Recoñecido na comunidade científica como unha das figuras máis relevantes da tecnoloxía naval española dos últimos séculos, Comerma foi o autor do proxecto e director da construción da obra máis importante realizada en Galicia en todo o século XIX: o Dique da Campá no Arsenal de Ferrol, que polas súas dimensións se converteu nun dos máis grandes do mundo na súa época.
O enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador
Andrés Comerma y Batalla (1842-1917) será o homenaxeado este ano no
Día
da Ciencia en Galicia
A celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias
(RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das
súas figuras máis destacadas e, en moitos casos, descoñecidas para o
gran público.
O carácter polifacético e visionario deste intelectual,
xunto coas importantes achegas en termos de progreso e modernidade que o
seu traballo supuxo para Galicia, foron os principais motivos da súa
elección unánime por parte do pleno da RAGC.
O acto académico de homenaxe terá lugar o 8 de outubro, a RAGC iniciará de inmediato os contactos con todas as
institucións científicas vinculadas a Comerma para organizar nos vindeiros meses actividades de difusión e divulgación sobre a súa figura.
Info: https://www.gciencia.com/ciencia/andres-comerma-cientifico-galego-2020/
"XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO”. Sábado 15 de febreiro de 10 a 14 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.2.20
Dende a Federación Comarcal de Ferrolterra de ANPAs de Centros Públicos (FEANPAs) queremos convidarvos a participar desta
"XORNADA DE PREVENCIÓN E ACTUACIÓN ANTE O ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO”
Data: SÁBADO 15 de FEBREIRO
Hora: 10.00 a 14.00 h.
Lugar: ATENEO FERROLÁN (sito na rúa Magdalena nº 202 - 204 de Ferrol)
Afondaremos nas causas, na detección, nas consecuencias e na prevención a través das distintas ponencias.
É RESPONSABILIDADE CONXUNTA da comunidade educativa e de toda a sociedade evitar que o acoso siga existindo.
Lembrámosvos que a entrada é aberta a calquera persoa que queira achegarse, mais están adicadas especialmente a todas as nais e pais de alumnas/os que, de calquera maneira partcipan nas ANPAS, coa intención de que poidamos aprender e resolver cantas dúbidas podan xurdir.
Xuntamos a este correo o cartaz e programa da xornada para que teñades a información completa.
Agardamos contar coa vosa presencia neste acto.
Presentación do libro "Homenaxe a Santiago Alvarez (1913-2002)". Venres 14 de febreiro ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.2.20
Venres día 14 de febreiro ás 19 h. no #AteneoFerrolán
Presentación do libro "Homenaxe a Santiago Alvarez (1913-2002)"
o libro dos amigos, camaradas e admiradores.
Interveñen:
Manuel Peña-Rey Bouzas (Presidente de Honra do PCG e Coordinador da biografía)
Carlos Portomeñe Pérez (Ex-Secretario Xeral do PCG)
Coa publicación desta obra o Partido Comunista quere render tributo á figura do comunista ourensán Santiago Álvarez Gómez, dirixente histórico do PCG do que foi fundador e primeiro secretario xeral.
A súa traxectoria, dende a labor desempeñada na organización do campesiñado galego a partir do ano 31, a súa participación como como comisario político na Guerra Civil ou o seu papel decisivo na dirección e rearticulación do Partido Comunista, son imprescindibles para comprender a historia do movemento comunista en Galicia e España.
No libro recóllese unha selección das miles de páxinas das súas memorias e da súa obra “Castelao y nosotros los comunistas”, numerosas colaboracións por parte de amigos e camaradas, unha reseña biográfica elaborada polo historiador Víctor Santidrián, así como un epílogo do profesor Alonso Montero. A coordinación da edición e o prólogo corresponde a Manuel Peña-Rey con ilustracións do pintor Xaime Quessada.
Manuel Peña-Rey Bouzas (Presidente de Honra do PCG e Coordinador da biografía)
Carlos Portomeñe Pérez (Ex-Secretario Xeral do PCG)
Coa publicación desta obra o Partido Comunista quere render tributo á figura do comunista ourensán Santiago Álvarez Gómez, dirixente histórico do PCG do que foi fundador e primeiro secretario xeral.
A súa traxectoria, dende a labor desempeñada na organización do campesiñado galego a partir do ano 31, a súa participación como como comisario político na Guerra Civil ou o seu papel decisivo na dirección e rearticulación do Partido Comunista, son imprescindibles para comprender a historia do movemento comunista en Galicia e España.
No libro recóllese unha selección das miles de páxinas das súas memorias e da súa obra “Castelao y nosotros los comunistas”, numerosas colaboracións por parte de amigos e camaradas, unha reseña biográfica elaborada polo historiador Víctor Santidrián, así como un epílogo do profesor Alonso Montero. A coordinación da edición e o prólogo corresponde a Manuel Peña-Rey con ilustracións do pintor Xaime Quessada.
Etiquetas: Actividades, Galiza, Historia, Libros, Politica
Exposición pictórica "Hipster" de Marla Chacón. Do 5 ao 27 de febreiro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.2.20
Exposición pictórica "Hipster" de Marla Chacón
Do 5 ao 27 de febreiro de 2020
Salas de Exposicións do Ateneo (sala 1)
Inauguración mércores día 5 de febreiro ás 19,30 h.
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Exposicións, Pintura