O mércores día 25 de setembro de 2013 ás 20 h. no Ateneo Ferrolán presentación do libro “Palabras”; do ilustrador Xaquin Marín e o fotógrafo Gabriel Tizón, prólogo de Quico Cadaval.
Falarán deste libro: Xaquin Marín e Gabriel Tizón xunto co periodista Nicolás Vidal.
Buscar neste blog
19 setembro 2013
Proxección documental "A fazaña da liberdade"
O Xoves 26 de Setembro de
2013 ás 19,30 h., o Ateneo Ferrolán proxectará o documental biográfico sobre
Alexandre Bóveda do director Senén Outeiro "A fazaña da liberdade", o acto será presentado polo
historiador Bernardo Máiz. A entrada é de balde.
11 setembro 2013
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA o 27 setembro 2013
Ferrol
10 de setembro de 2013
CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Benquerido/a
socio/a:
Por
medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que
se celebrará o venres día 27 de setembro ás 20 horas en primeira
convocatoria e ás 20,30 horas en segunda no salón de actos do
Ateneo Ferrolán, coa seguinte
ORDE
DO DÍA
1.- Lectura e
aprobación da Acta anterior.
2.- Informe
Directiva.
3.- Proposta
datas apertura proceso para convocatoria de eleccións a Xunta
Directiva.
4.- Rogos e
preguntas
Sen
máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial
saúdo da Xunta Directiva,
Asdo.-
Ramón Veloso Rodríguez
Presidente
03 setembro 2013
Acta Final do XXIº Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” 2013 no Teatro Jofre
XXI CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO
BELLÓN” - ANO 2013
En Ferrol a 31 de agosto de 2013, no
Teatro JOFRE, o XURADO cualificador do XXIº Concurso Internacional de Composición
e Gaita Galega “Constantino Bellón”,
integrado por :
*
Víctor Fernández Gabeiras
*
Xabier Rodríguez Fariñas
* Pablo
López Torneiro
* Xoán
Rodríguez Silvar
* Xesús
Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas
a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a
interpretación de tódolos gaiteiros finalistas,
Acordan outorgar o Premio
SEIVANE que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para
esta edición (punto g) correspondente ao
“Gaiteiro de Soutelo” a :
Raquel García Martínez Valencia
_________________________________________________________________________________________
Acordan outorgar dous accésit de 1.000 € cada un a:
Daniel Fernández López Lugo
_________________________________________________________________________________________
Daniel Lumbreras Rodríguez Donosti
_________________________________________________________________________________________
Así mesmo, ACORDA
por unanimidade, concederlle o PREMIO ÚNICO de 3.000 € deste 21º
Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón” a
Pablo Devigo Vázquez Castro
Caldelas - Ourense
_________________________________________________________________________________________
O Xurado quere facer constar o importante nivel de
calidade acadado por tódolos finalistas seleccionados para este Concurso Internacional
de Gaita Galega na súa vixésima primeira edición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)