Buscar neste blog

28 novembro 2019

Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Venres 29 de novembro ás 20,30 h.



Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". 
Así se chama a nova criatura discográfica de Amparo e Roger Arias

Venres 29 de novembro ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán

Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia hai cinco anos, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake. 

Eses escritos místicos e visionarios espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas. Así é como se orixina SMF; e baixo este pseudónimo decídese a gravar dez desas cancións xurdidas durante a viaxe coa colaboración fundamental da súa irmá Amparo e outros músicos afíns, para poder compartir este tesouro atopado hai xa un lustro, que foi cociñándose a lume lento nun proceso de creación e gravación máxicos. 

A presentación deste disco singular será o próximo 29 de novembro ás 20:30h no Ateneo Ferrolán. Para este directo contan cun espectáculo multidisciplinar que en pouco máis dunha hora percorre o imaxinario poético de William Blake a través destas xoias pop atemporal de dous/tres minutos, algún que outro poema recitado e a proxección dalgunhas das súas ilustracións e pinturas máis emblemáticas. 

Entrada: 3 euros.

27 novembro 2019

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Luns día 16 de decembro ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segunda


 










Ferrol 28 de novembro de 2019







CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerida socia e socio:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o luns día 16 de decembro ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (26.06.2019)
2.- Informe Xeral de xestión.
3.- Programación Actividades
- mes de decembro 2019
- previsión actos 2020
4.- Modificación Estatutos do Ateneo (compromiso asemblea anterior).
5.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,






Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

26 novembro 2019

Presentación videoclip "Me pierdo" de Marcos Mella. Xoves 28 de novembro ás 20 h.

 
O xoves dia 28 de novembro ás 20 h., presentaremos no Ateneo Ferrolán o videoclip pertecente á canción "Me pierdo", do autor Marcos Mella, que neste caso conta coa colaboración de Rosa Cedrón. 
 
Na presentación se falará de como xurdiu a idea de realizar o videoclip ma linguaxe de signos, e da importancia que ten a incursión na música e noutros artes. Contaremos coa presenza dunha interprete.
A presentación constará da presentación e o publico poderá facer preguntas e logo coa proxección do videoclip, para rematar cun pequeno concerto do autor, no que interpretará 4 temas coa axuda da interprete.

Enlace do video

Ficha do videoclip:

Videoclip oficial da canción "Me pierdo" do intérprete ferrolán Marcos Mella, incluído no disco que esta a piques de sair "300 meses", e gravado nesta ocasión coa cantante Rosa Cedrón .
O videoclip é interpretado en lingua de signos polos actores galegos Lucia Regueiro e Oswaldo Digon, que coa axuda da intérprete Natalia Navaza aprenderon a interpretar a letra da canción.
Os bailaríns Silvana Castelo e Fernando Piñeiro foron os encargados de interpretar o sólo de violonchelo a partir dunha coreografía creada por eles mesmos para a ocasión.
O videoclip está gravado pola empresa Filmate de Santiago
A maquillaxe e perruquería estivo a cargo de Instetic Yolanda

08 novembro 2019

Boletin Outubro Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca

Boletin Novidades Outubro da nosa Biblioteca-Hemeroteca

As bibliotecas aptas para todos os públicos

#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

07 novembro 2019

Exposición Óleos de Chechela. Ate o 30 de novembro

Exposición Óleos de Chechela
"Bota unha ollada, imaxina, soña ... despois vive o soño"

Do 4 ao 30 de novembro de 2019
nas Salas de Exposicións do Ateneo (sala 2)

Inauguración o venres día 8 ás 19,30 h.




04 novembro 2019

XIX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2019. Días 11 e 12 de decembro ás 19 h.


XIX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2019

11 e 12 de decembro de 2019 ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Participa e Difunde!!!!

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.

Os días 11 e 12 de decembro de 2019, levarase a cabo a XIX MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. 
Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.