XIX
MOSTRA de CURTAMETRAXES 2019
11
e 12 de decembro de 2019 ás 19 h. no #AteneoFerrolán
Participa e Difunde!!!!
Facemos
un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas
xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’,
preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha
cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 15
de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Normalmente
recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo.
Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta
máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga"
habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos
totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra
plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder
collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da
nosa entidade.
Os
días 11 e 12 de decembro de 2019, levarase a cabo a XIX MOSTRA DE
CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público
en xeral.
A
Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de
difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir
unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a
cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas
xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa
programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén
damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes
días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que
sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e
galegas en especial.
O
OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e
variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas
están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para
divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica
agochada.
Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que
atesoura gran calidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario