Buscar neste blog

12 setembro 2024

Presentación reto deportivo e solidario Salitre 558

O pasado 10 de setembro no Ateneo Ferrolán tivo lugar a presentación do reto deportivo e solidario Salitre 558, unha colaboración de Fegerec ( Federación Galega de enfermidades raras e conxénitas)  Salitre Malpica e o Clube deportivo 21 leguas os días 20,21 e 22 de setembro.

O reto retoma unha aventura xurdida no 2014 cuio obxectivo era visibilizar as enfermidades raras, para elo contaban có apoio da Fegerec e consistía en que varios deportistas fixeran en pouco tempo o percorrido de 203 km do Camiño dos Faros de Malpica a Fisterra.


 

Nesta ocasión no 2024 o Clube Deportivo 21 Leguas toma o relevo e 5 dos seus integrantes ,os “embaixadores” representando cada un a un grupo de enfermidades (cardiopatías conxénitas , neuromusculares , autoinmunes, metabólicas e sen diagnóstico ) van tentar facer ises 203 km rompendo o récord de tempo de Maite Rojo en 38 h e de Dani Bembibre en 35 h.

Para elo estarán acompañados por etapas de corredores e corredoras do mesmo clube


Máis alá dos récords deportivos o que se pretende có apoio de Fegerec e Salitre Malpica é visibilizar e concienciar a sociedade de que o que é sinxelo para todos non debe ser un handicap solo por estar enfermo.

Así na presentación Marcos Rouco un dos embaixadores que expoñía as necesidades das familias contaba como algo tan básico como a alimentación era un problema polo desmedido dos prezos.

Así mesmo tamén contou como a sociedade é inxusta as veces non comprendendo que son familias normais que precisan ocio como calquera e se xulga que se vaia ao cine ou tomar algo como se fora un luxo.

A presidenta do clube deportivo Esther Corral na súa emotiva intervención quixo amosar o apoio incondicional do clube as familias e afectados.

No acto interviu tamén Dani Bembibre que a semana pasada rompía o récord de Maite Rojo facendo o camiño en 35 h.

Veu contarnos como o enfrontou ,que precisou e deu consellos impagables aos 5 embaixadores.

Logo interviron os 5 deportistas , Toni Alonso , Rubén Pena , Gabriel Muíño , Marcos Rouco e por vídeo chamada o responsable de que o clube comece esta aventura Pedro Caro “Jabalí do Sacho”.

Falaron dos testemuños das familias coas que están e estarán en contacto ,de material preciso, da nutrición, do percorrido e do compromiso do clube como entidade non só deportiva ,tamén social.


 


A representante de Fegerec, Paca contounos da traxectoria da federación , como xurde ante a necesidade de dar servizos aos afectados e como medrou lamentablemente porque o seu é que sexan as administracións as que dean os servizos á comunidade e agradeceu a iniciativa como ferramenta de visibilización e apoio ás familias,tamén emocional.

 A directiva do Ateneo Ferrolán ,Sonia Mauriz recalcou o apoio ao reto desde a vocación social que sempre identificou a entidade e a necesidade de que a comunidade non mire a outro lado inmersa na velocidade do cotidiano esquecendo aos máis vulnerables, unha beirarrúa sen adaptar pode ser unha altura normal ou obstáculo se tes mobilidade reducida.


Quixeron agradecer tamén aos concellos de Malpica, Camariñas e Fisterra o apoio e colaboración neste reto.