O
Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos
(dende hai 22 anos) unhas
Xornadas de Gaita,
como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita
como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Este ano, organizadas polo
Ateneo Ferrolán, as
XXII Xornadas da Gaita, celebraranse o
sábado día 11 de decembro de 2010 ás 20:00h. no
Centro Cultural “Torrente Ballester”. (Haberá servizo de “barra”)
Con as actuaciós de:
- AIRINHOS DEL CAMPITO
- BERROS DO CASTRO
- SOBRE RODAS
Desde o
Ateneo Ferrolán, agradecemos a colaboración da
Deputación Provincial da Coruña e do
Concello de Ferrol - Cultura.
Unha
das características específicas é a participación de grupos de
música folk galega, que teñan na súa estrutura de acompañamento a gaita
como un elemento indispensable.