/*-- (script remplaza fecha) --*/

Ateneo Ferrolán

"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA"

Fundado no ano 1879 pasou por diferentes e comprometidas etapas até que foi pechado toda a longa etapa da dictadura franquista.

Refundado no ano 1976, o Ateneo Ferrolán, tense convertido nun punto de referencia e consulta imprescindible dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galicia, non so polos centos de actividades culturais (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos, etc...) que organiza senón pola súa capacidade crecente de convocatoria na realización das distintas e plurais actividades programadas, e tamén porque é unha entidade que ofrece o seu espazo a entidades e asociacións que queran dispoñer das súas instalacións.

O Ateneo Ferrolán, como entidade sen fin de lucro, ocupa hoxe un dos primeiros lugares como dinamizador da nosa cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a traves das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións...

Así, o Ateneo Ferrolán ven tentando dar unha resposta cultural ás necesidades dunha cidade galega, coas súas características de seu, como é Ferrol e a súa comarca. Velaí que tódalas súas actividades desenvolvense en función dunha demanda social concreta ó servicio da cal orientamos os nosos esforzos.

Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en idioma galego, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, no noso idioma, en galego.

Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuito, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán.

A sede do Ateneo Ferrolán, esta ubicada nun edificio histórico so século XVIII, enclavado no tamén historico "Barrio da Magdalena" e na rúa Magdalena no nº 202-204, a cincuenta metros do Mercado Central, e que foi restaurado polos arquitectos Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias.

Está distribuído por plantas (Ver fotos no apartado As Instalacións):
  • Planta Baixa:
    • Salon de Actos con capacidade para 100 persoas: Conferencias, proxeccións de cine e vídeo.
  • Primeira Planta:
    • Secretaría, sala de xuntas, sala exposicións, sala de socios, cafetería.
  • Segunda Planta:
    • Sala de exposicións.
  • Terceira Planta:
    • Biblioteca e a unica Hemeroteca da comarca. Prensa diaria local e estatal.
Dende hai anos lévanse facendo actividades permanentes, algunhas incluso de renome internacional:
  • Certame Teatro Infantil e Xuvenil “ATENEA”.
  • Certame Fotografico sobre Medio Ambiente.
  • Concurso Internacional de Gaita Galega ”Constantino Bellon”.
  • Xornadas da Gaita.
  • Xornadas de Curtametraxes

Tamén fanse outras estables como:
  • Publicación da Revista ATENEA (Periodicidade trimestral)
  • Publicación anual dun CADERNO orientado fundamentalmente á recuperación histórica do patrimonio cultural de ferrolterra.
  • Edición do CD das finais do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón
  • Cine, excursións e exposicions.
E a posibilidade, según coñecen asociacións culturais, A.VV., partidos políticos, entidades, etc., de facer calquer outro acto que se propoña, posto que o ATENEO é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa e sen exercer nunca ningún tipo de censura.