Fundado no ano 1879 pasou por diferentes e comprometidas etapas até que foi pechado toda a longa etapa da dictadura franquista.
Refundado no ano 1976, o Ateneo Ferrolán, tense convertido nun punto de referencia e consulta imprescindible dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galicia, non so polos centos de actividades culturais (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos, etc...) que organiza senón pola súa capacidade crecente de convocatoria na realización das distintas e plurais actividades programadas, e tamén porque é unha entidade que ofrece o seu espazo a entidades e asociacións que queran dispoñer das súas instalacións.

Así, o Ateneo Ferrolán ven tentando dar unha resposta cultural ás necesidades dunha cidade galega, coas súas características de seu, como é Ferrol e a súa comarca. Velaí que tódalas súas actividades desenvolvense en función dunha demanda social concreta ó servicio da cal orientamos os nosos esforzos.
Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en idioma galego, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, no noso idioma, en galego.
Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuito, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán.
A sede do Ateneo Ferrolán, esta ubicada nun edificio histórico so século XVIII, enclavado no tamén historico "Barrio da Magdalena" e na rúa Magdalena no nº 202-204, a cincuenta metros do Mercado Central, e que foi restaurado polos arquitectos Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias.
Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa colaboración do Concello, do M.O.P.U., de Caixa Galicia e do arquitecto D. Alfredo Alcalá Navarro, en 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762); trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación.
Magnificamente restaurado e habilitado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro do histórico Barrio da Magdalena.
Está distribuído por plantas (Ver fotos no apartado As Instalacións):
- Planta Baixa:
- Vestíbulo, Cafetería e Salon de Actos con capacidade para 100 persoas: Conferencias, proxeccións, Artes Escénicas, Concertos, ...
- Entrechán:
- Secretaría/Administración.
- Primeira Planta:
- Sala de Soci@s e Sala de Exposicións (1).
- Segunda Planta:
- Sala de Exposicións (2). Aulas Actividades/Reunións
- Terceira Planta:
- Biblioteca e a unica Hemeroteca da comarca. Prensa diaria local e estatal.
O ATENEO funciona a través dunha Xunta Directiva e reparte as tarefas e actividades nas distintas VOCALÍAS segundo os Estatutos vixentes:
* Vocalía de Humanidades
* Vocalía de Audiovisuais
* Vocalía de Música
* Vocalía de Artes Escénicas
* Vocalía de Muller e Igualdade
* Vocalía de Literatura
* Vocalía de Artes Plásticas
* Vocalía de Ecoloxia e Medio Ambiente
Tamén a posibilidade, según coñecen asociacións culturais, AVV., partidos políticos, colectivos, organismos, entidades, etc., de facer calquera outro acto que se propoña, posto que o ATENEO é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa cultural e social.
0 comentarios :
Publicar un comentario