O libro de feitura colectiva “GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquín Campo Freire” presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 30 de Novembro ás 19,30 h.
O Club de Prensa de Ferrol comprácese en presentar o libro “GANDUXANDO VIDAS. Homenaxe a Xaquin Campo Freire”, que terá lugar o xoves día 30 de Novembro as 19:30 horas no Ateneo Ferrolán.
Xaquín Campo Freire, nado na terra Chá de Lugo, é un crego que ten desenvolvido en Ferrolterra una labor destacada nos eidos relixioso, social e cultural a quen un grupo de amigos baixo o nome “Ganduxando Vidas”, e con motivo do seu 8º aniversario rendeu unha fermosa homenaxe en forma de libro plural e colectivo. Nel ao través de 191 olladas dende diferentes lugares e condicións, achégasenos a figura humana , relixiosa, e cultural de Xaquín Campo Freire.
Acompañando a Campo Freire, no #AteneoFerrolán estarán Nieves Espiñeira, Carmen Solloso , Xoán Rubia Alejos e Julia Díaz Sixto
Colaboran neste acto: Asoc C. Xermolos; Irmande Manuel María, Ateneo Ferrolán e Club de Prensa de Ferrol.