Os días 22 e 23 de decembro de 2010, no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, levaranse a cabo ás X Xornadas de Mostra de Curtametraxes, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Por mor da execución das obras de rehabilitación do edificio do Ateneo Ferrolán, o Concello de Ferrol por medio da Concellería de Cultura déixanos ubicarnos neste espazo do Centro Cultural Torrente Ballester para poder levar adiante as nosas, xa consolidadas, Xornadas de Curtametraxes, polo que dende aquí reiterámoslle as grazas.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos (máx. 30') en formato DVD e preferentemente en lingua galega, acompañados da ficha cumprimentada antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Grazas por participar!
Cubre, imprime e envía esta ficha xunto con a curtametraxe:
Ficha Xornadas Curtametraxes [PDF]
Ficha Xornadas Curtametraxes [PDF]