Concurso de Composición para Gaita Galega Solista 2013
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.8.13
Concurso de Composición
para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XXI
Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO
BELLÓN” 2013
En Ferrol, o día 28
de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa
Magdalena 202-204 o XURADO
ACORDOU, conceder ó PREMIO
de Composición para Gaita Galega Solista a:
DANIEL ROMAR SAMBADE
pola obra “Fantasía
concertante para gaita e banda”.
Así mesmo acordan conceder os accésit a:
JAVIER
Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ
pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5 con quinteto de frauta, clarinete,
piano, violín e violonchelo)
LOIS
PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.
(Para gaita solista e corda)
Etiquetas: Actividades, Constantino Bellón, Novas
Mención Gaita de Ouro "Constantino Bellón" 2013
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.8.13
Témolo
pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución
da Mención Honorífica do Ateneo Ferrolán, na modalidade de Gaita de Ouro
“Constantino Bellón” e a concesión da mesma.
A
imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas,
no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XXI Concurso Internacional de Composición
e Gaita Galega “Constantino Bellón”,.
O Ateneo Ferrolán
acorda concedela Mención Gaita de Ouro
“Constantino Bellón” correspondente ao ano 2013 a:
PABLO
CARPINTERO
pola súa
labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.
Pablo Carpintero naceu en San Cristobo de
Castro, no concello de Carballedo, na provincia de Lugo en 1969. É gaiteiro
desde os oito anos e estudou ciencias biolóxicas na Universidade de Santiago de
Compostela onde, en 1992, acadou o grao de
doutor. Nesta mesma universidade obtivo o diploma de estudos avanzados
en musicoloxía no ano 2006.
Hai máis de vinte anos que se dedica a estudar
e difundir os nosos instrumentos musicais, para o que ten feito traballo de
campo en toda Galicia, Asturias, Portugal e o Bierzo, estudando principalmente
a gaita de fol e a súa música. Froito deste traballo é a súa obra de
investigación máis destacada: “Os instrumentos musicais na tradición galega”, onde
se dá conta de máis de 150 instrumentos musicais empregados na Galicia tradicional.
Ten editado tamén numerosos traballos discográficos, ben cos seus grupos
“Ultreia” e “A Requinta de Xián”, ben con gaiteiros de idade para consevar os
seus orixinais sons.
Pablo Carpintero é membro directivo da
Asociación de Gaiteiros Galegos e forma parte da comisión do Arquivo Sonoro do
Consello da Cultura Galega. Traballou seis anos como técnico do proxecto Ronsel
para a posta en valor do Patrimonio Cultural de Galicia e, en 2011, foi
escollido para formar parte do comité da UNESCO que avalía as candidaturas á
Lista Representativa de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, tarefa
que segue a realizar na actualidade.
Hai máis de dez anos que colabora na sección
“O Recuncho da Palleta” dentro do programa “Lume na Palleira” da Radio Galega,
e desde hai tres anos realiza unha sección dentro do programa “Luar” dedicada á
nosa música máis tradicional.
Na actualidade dedícase á fabricación de
gaitas de fol, percusión, requintas e frautas no seu obradoiro de Santiago de
Compostela, sendo a súa principal teima a réplica de gaitas de fol antigas e a
recuperación dos seus sons.
Conexión con Pablo Carpintero en directo dende o Teatro Jofre.
Etiquetas: Actividades, Constantino Bellón, Música en Directo, Novas
XXI Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.8.13
O Ateneo
Ferrolán comprácese en convidarlle aos
actos do
XXI Concurso de Composición e
Gaita Galega
“CONSTANTINO BELLÓN”
Data: sábado día 31 de agosto
de 2013
HORARIO: 20 h. LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.
Etiquetas: Actividades, Constantino Bellón, Novas
Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.8.13
XXI Concurso Internacional de
Composición e Gaita Galega
“CONSTANTINO
BELLÓN” 2013
Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013
En Ferrol, o día 16
de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa
Magdalena, 202-204 o XURADO do XXI Concurso Internacional de Composición e
Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:
D.
Víctor Fernández Gabeiras
D.
Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier
Rodríguez Fariñas
D. Pablo
López Torneiro
D. Xoán
Rodríguez Silvar
e actuando como
secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e
valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as
partituras que se requirían para participar no mesmo,
ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
- David Fernández Vaamonde Coruña.
- Pablo Devigo Vázquez Castro Caldelas - Ourense.
- Carme López Fernández Lugo.
- Daniel Fernández López Lugo.
- Serafín Santamariña Sanmartín Fene – A Coruña.
- Walter Andrés Almirón García Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO”
- Daniel Lumbreras Rodríguez Donosti “GAITEIRO DE SOUTELO”
- Raquel García Martínez Valencia “GAITEIRO DE SOUTELO”
Etiquetas: Constantino Bellón, Novas