O xoves 22 de novembro, ás 19:30h, terá lugar no Ateneo Ferrolán a
presentación de "Galicia no labirinto da nova política" de Xoán Hermida González.
Estarán acompañando ao autor
Bernardo Lorenzo Cuétara e Bárbara Primo.
Editorial Galaxia
Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro, Xoán Hermida González analiza as organizacións que se orixinaron nas correntes altermundistas, colleron forza nos movementos Nunca Máis e 15M e materializáronse nas Mareas, que hoxe detentan o poder municipal en non poucos concellos de Galicia e xa son unha forza determinante no espazo sempre en movemento da esquerda en Galicia. Unha análise profunda sobre unhas plataformas que naceron para mudar o panorama político de xeito irreversible.