O Edificio


Orixinalmente destinado a vivenda (1762), é unha construción de estilo predominantemente neoclásico. Trátase dun dos edificios máis representativos do barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación. En 1985 foi rehabilitado e restaurado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol: o "Ateneo Ferrolán".



O Ateneo Ferrolán disporá sen límite de tempo do edificio municipal do século XVIII que ocupa dende hai máis de 20 anos na rúa Magdalena 202-204.

O Concello de Ferrol aprobou por unanimidade ceder en precario de forma indefinida ao Ateneo Ferrolán o edificio que ocupa desde fai anos: un inmoble do século XVIII pertencente ao Concello e procedente do Legado Carbajal.


Datos e algunhas fotos de Turgalicia

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails