Orixinalmente destinado a vivenda (1762), é unha construción de estilo predominantemente neoclásico. Trátase dun dos edificios máis representativos do barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación.
En 1985 foi rehabilitado e restaurado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol: o "Ateneo Ferrolán".
O Ateneo
Ferrolán disporá sen límite de
tempo do edificio municipal do século XVIII que ocupa dende hai máis de 30
anos na rúa Magdalena 202-204.
O Concello de Ferrol aprobou por unanimidade ceder en precario de forma indefinida ao Ateneo Ferrolán o edificio que ocupa desde fai anos: un inmoble do século XVIII pertencente ao Concello e procedente do Legado Carbajal.
Datos e algunhas fotos de Turgalicia
0 comentarios :
Publicar un comentario