A VIOLENCIA É UN PROBLEMA DE TOD@S

TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Facemos un chamamento a todas as mulleres para que non toleren nas súas relacións, tanto públicas como privadas, ningunha afrenta a súa dignidade e integridade, sumándose á defensa de cantas iniciativas tendan á erradicación da Violencia de Xénero.
Respéctame as miñas diferencias, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,...

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails