Club de Lectura do Ateneo - Martes día 1 de outubro ás 1 7 ,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.9.19
Club de Lectura do Ateneo
Martes día 1 de outubro ás 1
7
,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros martes de cada mes.
Estamos a leer
"A prosa modernista de Valle-Inclán: Sonata de Primavera e Sonata de Estío"
Encontros
coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros
martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola
profesora ANXELES SEOANE.
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Letras, Libros
Exposición de Pinturas e Esculturas de Chelo Facal . Do 4 ao 29 de outubro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.9.19
Exposición de Pinturas e Esculturas de Chelo Facal
"Un mundo de luz, un mundo de cores"
do 4 ao 29 de outubro nas salas de exposicións do Ateneo Ferrolán
Inauguración o venres día 4 de outubro ás 20 h.
Inauguración o venres día 4 de outubro ás 20 h.
Presenta Pedro Brañas, comisaria da exposición María Cajaraville e fotógrafo Emilio Romero.
https://www.facebook.com/chelo.facalcasado
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/382313562449179/
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Esculturas, Exposicións, Ferrol
Faite soci@ do Ateneo. Patrimonio da Cidade!
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 12.9.19
Tes dous minutos?
Asóciate ao Ateneo Ferrolán
Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci@!
OPCIÓN 1
Descarga o seguinte formulario, imprímeo e encheo cos teus
datos. Despois, fainolo chegar a nosa sede, ben en persoa
ou por correo ordinario a:
Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402-Ferrol
OPCIÓN 2
formulario a secretaria@ateneoferrolan.org
Datos precisos para asociarse ao Ateneo Ferrolán:
- Nome e apelidos:
- DNI:
- Enderezo:
- Poboación:
- Código Postal:
- Provincia:
- Teléfono:
- Correo electrónico:
- Data de nacemento:
- Profesión:
- Entidade bancaria:
- Número de conta IBAN:
- Tipo de cota: cota reducida (4’75 €/mes) ou cota normal (9,50 €/mes)
--------------------------------------------------------------------------
Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa
Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo.
Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.
Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......
Facéndote socio - socia
colaboras da mellor forma posible co noso proxecto cultural.
Ateneo Ferrolán "Un lugar de encontro para a cultura"
dende 1879 Patrimonio da Cidade
--------------------------------------------------------------------------
dende 1879 Patrimonio da Cidade
--------------------------------------------------------------------------
Etiquetas: Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Estatutos
Curso Intensivo de Adestramento Actoral en Ferrol. Do 16 ao 19 de setembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.9.19
CURSO INTENSIVO DE ADESTRAMENTO ACTORAL EN FERROL
con Fernando Tato
Datas do curso: do 16 o 19 de Setembro.
Horario: 10:00 a 14:00 (16 horas)
Precio: 120 euros.
A quen vai dirixido: Actores e actrices profesionais e en formación.
Onde: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204, Ferrol (A Coruña)
Curso
de adestramento intensivo para actores e actrices profesionais e/ou
estudantes de arte dramática. Adestramento práctico onde se aprende a
autonomía actoral necesaria á hora de preparar unha proba, personaxe ou
escena. Exercicios técnicos, improvisacións, creación de personaxes,
escenas de teatro e guións de cine.
Fernando Tato
Actor con ampla traxectoria en Televisión, cine e teatro. Ten participado en series como Pulsaciones ou Matadero para Antena 3, O Faro , Lobos e Cordeiros ou Libro de Familia para TVG, en películas como Toro de Kike Maillo e en diversas obras de teatro para diversas compañías.
Fernando
Tato conta con máis de 10 anos de formación continua con distintos
mestres e técnicas, mais basea o seu adestramento, fundamentalmente, na
súa colaboración de máis de seis anos con Lorena García de Las Bayonas
no ‘Centro del Actor’.
Se che interesa, envíanos o teu currículo, para valorarmos a túa admisión a:
Prazas limitadas.
Etiquetas: Actividades, Cine, Obradoiros, Talleres, Teatro