O Concello de Ferrol aproba a cesión da sede do Ateneo

Edificio Ateneo Ferrolán (Foto de Xoán Porto)

Ferrol, 18 xuño de 2018
O pleno extraordinario do Concello de Ferrol celebrado na mañá deste luns 18 de xuño, aprobou oficializar a cesión de uso do edificio completo sito no número 202-204 da rúa Magdalena ao Ateneo Ferrolán, para regularizar e estabilizar a situación dunha entidade emblemática, singular e senlleira da nosa cidade e referente para toda unha comarca que leva anos batallando por ser un referente cultural alternativo e independente.
A proposta de cesión, que defendía no pleno o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, foi aprobada cos votos favorables do Goberno de Ferrol, xunto ao grupo municipal do PSOE. En total, 10 votos a favor e 14 abstencións (as de PP, BNG, e a edila non adscrita). “O Ateneo deu mostras da súa xenerosidade con todas as entidades, é un referente a nivel galego con moita historia e foron castigados”, lembraba hoxe o concelleiro.

Temos que lembrar que este edificio xa era a sede do Ateneo Ferrolán dende o ano 1986. 
Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa importante colaboración do Concello, do M.O.P.U. e de Caixa Galicia en 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762) trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html

Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca no mes de maio de 2018


Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca no mes de maio de 2018

Presentación da novela: "Invisible" de Carolina Pernas Sueiras. Mércores 6 de xuño ás 20 h.

Presentación da novela: "Invisible" de Carolina Pernas Sueiras
Mércores día 6 de xuño ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Intervirán no acto: Nico Vidal (periodista), Miguel Toval (editor) e a autora do libro Carolina Pernas
Organiza: Edicións Embora

Unha muller gris, anodina, esquecida e que sente invisible decidiu finalmente facerse notar. E estallo tomando moi en serio. Ao final do camiño está o suicidio, pero antes ten contas que saldar, “amigos” cos que reencontrarse e moita posta en escena que organizar, porque a súa saída deste chamado teatro da vida vai ser todo un espectáculo.


Related Posts with Thumbnails