Edificio Ateneo Ferrolán (Foto de Xoán Porto)
Ferrol, 18 xuño de 2018
O pleno extraordinario do Concello de Ferrol celebrado na mañá deste luns 18 de xuño, aprobou oficializar a cesión de uso do edificio completo sito no número 202-204 da rúa Magdalena ao Ateneo Ferrolán, para regularizar e estabilizar a situación dunha entidade emblemática, singular e senlleira da nosa cidade e referente para toda unha comarca que leva anos batallando por ser un referente cultural alternativo e independente.
A proposta de cesión, que defendía no pleno o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, foi aprobada cos votos favorables do Goberno de Ferrol, xunto ao grupo municipal do PSOE. En total, 10 votos a favor e 14 abstencións (as de PP, BNG, e a edila non adscrita). “O Ateneo deu mostras da súa xenerosidade con todas as entidades, é un referente a nivel galego con moita historia e foron castigados”, lembraba hoxe o concelleiro.
Temos que lembrar que este edificio xa era a sede do Ateneo Ferrolán dende o ano 1986.
Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa importante colaboración do Concello, do M.O.P.U. e de Caixa Galicia en 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762) trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario