O “Constantino Bellón”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.
O “Constantino Bellón” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.
O “Constantino Bellón” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros e gaiteiras galegas.
Ó chamarlle “Constantino Bellón”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.
O Ateneo Ferrolán, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega “Constantino Bellón”.

MEMORIA
O “Constantino Bellón” foi creado polo Ateneo Ferrolán, no ano 91, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter e potenciar a nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a figura dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a gaita galega con xiros e técnicas propiamente galegos.
Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o “Constantino Bellón” é coñecido polo estrito das súas bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor Luís Seoane, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a todos os gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.
Entendiamos que o “Constantino Bellón” debería de xogar un papel representativo de Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade.
No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos, co seu significado de industria comprometida na defensa da cultura galega.
Dende a 6ª edición, no ano 96, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das comunidades galegas do exterior. Esta novidade foi posible grazas á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financia os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste sentido, engadiuse como punto nº 5 das bases do “Constantino Bellón” o “Premio Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a todos os centros galegos do país e da diáspora.
Tamén, e dende o ano 2003 engadiuse o punto nº9 das bases do “Constantino Bellón”o concurso de composición para gaita galega solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.
Como referencia, adiantar que a día de hoxe, recén celebrado o 18º Concurso, temos a edición das dezasete finais, en formatos de longa duración, audio e disco compacto. e nas dúas últimas gravacións contamos coa edición do premio de composición.
Tamén, dende o ano 2008 engadiuse ao punto nº5 das bases do “Constantino Bellón” referente ao “Premio Gaiteiro de Soutelo”, o “Premio Seivane”, que consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición que será concedida a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.
Por último, dicir que temos como obxectivo a publicación dun libro que recolla un traballo de investigación que terá tres apartados relacionados coa música de gaita: Historia e evolución da gaita, Afinación da gaita e un terceiro sobre A palleta e o roncón.
Na mesma publicación recolleranse a impresión de todas as partituras inéditas (máis de 500), que ano tras ano se veñen presentando ó “Constantino Bellón”, así como a gravación en formato compacto de todas as finais realizadas, o cal suporía unha contribución moi importante cara á música galega. A difusión da mesma pensamos orientala cara a: escolas de música, conservatorios, bandas, así como centros de ensino e grupos relacionados coa música.
Dentro desta publicación, quixeramos introducir uns traballos complementarios, nos cales gustariamos de contar coa participación de determinadas persoas da cultura galega, ben por ter unha relación co “Constantino Bellón” e a súa historia ou, por ferroláns que están a contribuír no desenvolvemento da nosa cultura, como pretendemos que faga o “Constantino Bellón”, co cal ofreceriamos un todo máis ferrolán. Eses traballos servirían como introducción de cada capítulo da publicación.

Gañadores das anteriores edicións foron:
- Ano 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da xiada e Xota para Ourense.
- Ano 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira.
- Ano 1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da cabra e Muiñeira picada.
- Ano 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa interpretación de Preludios de gaita e Aturuxeira.
- Ano 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira.
- Ano 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con Non te namores meniña e Saltareira, de Pepe Vaamonde.
- Ano 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con Peizoquiña, de Suso Vaamonde e Muiñeira do mesón, de Suso Vaamonde.
- Ano 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con Valse de Cecebre, de Pedro Lamas e Postludio indigestat, de autor.
- Ano 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con Piricuchiña e A gaita de Melchor, de Iván Costa.
- Ano 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, con Alalá de pradías, de Pepe Vaamonde, 415 de Casto Sampedro e Muiñeira de San Froilán de Pepe Vaamonde.
- Ano 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con A codea de pan de Daniel Bellon e O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira de Pedro Lamas Varela.
- Ano 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con Barlovento e Cuasimuiñeira de Oscar Miranda.
- Ano 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con Aloumiños e Andame unha pulga atrás dun piollo de Agustín Sánchez.
- Ano 2004. Alberto Coya Otero, de Hio (Pontevedra), con Malditas palletas ...! e Non me amoles de Alberto Coya Otero.
- Ano 2005. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con Un lustro de Daniel Bellón
- García, Río de anxo de Xosé Romero Suárez e Prieguiceira de Ernesto Campos.
- Ano 2006. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con Fisterra, variacións de noitébrega, de Brian Booshby - Xosé R. Suárez (Daniel Bellón) e Sen máis de Daniel Bellón.
- Ano 2007. Brais Monxardín López, de A Fonsagrada (Lugo), con Aria, suite nº 3 de J.S. Bach / Arranxos Pepe Vaamonde e Aires de San Martín de Brais Monxardín López. Revogado posteriormente.
- Ano 2008. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con Abime des oiseaux de Olivier Messiaem e Xota da utopía de Pablo Devigo Vázquez.
Desde o ano 2003 engadiuse o punto nº9 das bases do "Constantino Bellón" o concurso de composición para gaita galega solista.
- Ano 2003. ÁLVAREZ LOZANO, Jesús. Alalá e "jota" de ribeiroá, partitura para gaita e piano.
- Ano 2004. SÁNCHEZ IGLESIAS, Agustín. Capricho de gaita, partitura para gaita e piano.
- Ano 2005. LÓPEZ RODRIGUEZ, Javier María. Carmina utricularis, partitura para gaita e orquestra de corda .
- Ano 2006. CAMPOS CAMESELLA, Ernesto. Amencer en Fisterra, partitura para gaita e piano .
- Ano 2007. DEVIGO VÁZQUEZ, Pablo. Fantasía. Troula para Constatino, partitura para gaita e piano .
- Ano 2008. DEVIGO VÁZQUEZ, Pablo. Bría, partitura para gaita solista en DO, cordas e piano.
Finalistas nesta edición 2008:Mencións concedidas:
- LÓPEZ RODRIGUEZ, Javier María. A derradeira sintaxe, partitura para gaita e orquestra de corda.
- BELLAS GARCIA, David. Historia de amor en Bb, partitura para gaita, violín e piano.
- Ano 1995.
Mención Gaita de Ouro. Quinteto Tradicional “Raparigos”.
Mención Gaita de Prata. Carlos Zaera Landeira. - Ano 1996.
Mención Gaita de Ouro. Antón Corral, Universidade Popular de Vigo.
Mención Gaita de Prata. Grupo Tradicional “Os Garceiras”. - Ano 1997.
Mención Gaita de Ouro. José Seivane Rivas, artesán.
Mención Gaita de Prata. Grupo Tradicional “Os Rosales”. - Ano 1998.
Mención Gaita de Ouro. Emilio Corral Vázquez, gaiteiro.
Mención Gaita de Prata. Real Coro “Toxos e Froles”. - Ano 1999.
Mención Gaita de Ouro. Juan Bello Mallou.
Mención Gaita de Prata. “Os Montes”. - Ano 2000.
Mención Gaita de Ouro. Enrique Otero Covelo.
Mención gaita de Prata. Asociación xuvenil “Xacarandaina”. - Ano 2001.
Mención Gaita de Ouro. Luciano Pérez Díaz.
Mención Gaita de Prata. “Faiscas do xabre”. - Ano 2002.
Mención Gaita de Ouro. Xosé López Bao, artesán.
Mención Gaita de Prata. Orfeón Terra Nosa. - Ano 2003.
Mención Gaita de Ouro. Rogelio Groba y Groba.
Mención Gaita de Prata. Escola de Gaitas de Ortigueira-Mención Especial a Xavier Garrote. - Ano 2004.
Mención Gaita de Ouro. José Luis Calle.
Mención Gaita de Prata. Programa de radio “Lume na palleira”. - Ano 2005.
Mención Gaita de Ouro. José Temprano Vastro.
Mención Gaita de Prata. Conservatorio de Musica Tradicional e Folc de Lalín. - Ano 2006.
Mención Gaita de Ouro. Alvaro Seivane Maside
Mención Gaita de Prata. Grupo Milladoiro e a Manuel García Pereira, "Lolete". - Ano 2007.
Mención Gaita de Ouro. Rubén González López.
Mención Gaita de Prata. Cantigas da Terra. - Ano 2008.
Mención Gaita de Ouro. Programa da TVG “ALALÁ”.
A partir deste ano so concederase a Mención Gaita de Ouro desaparecendo a de Prata.

4 comentarios:
Menudo nivel de gaiteiros!...Non hai outro concurso que o iguale! ADIANTE!
A que estades esperando para dar os Finalistas deste ano??
Si la Xunta de Galicia, no colabora, habrá que quitar ese premio de las bases del concurso, y seguir con el concurso primitivo, pero poner en los carteles " la parte del concurso... no se realizará por falta de colaboracion de la Xunta..." asi todos contentos.. los de aqui por lo menos tienen un gran concurso y el Ateneo Ferrolán mete una paja en el ojo de la Xunta.
Mejor esto que suspender!!!!
La edición de este añoo (2009) la transmiten??? Quiero ver a los chicos de Argentina!!!!
Publicar un comentario en la entrada