Buscar neste blog

06 outubro 2005

Constantino Bellón

Fotos de José J. Presedo

REXISTRO SONORO

As gravacións sonoras das edicións do Premio Internacional de Gaita "Constantino Bellón" están dispoñibles no repositorio dixital do Ateneo Ferrolán no Internet Archive: Concurso de Gaita Constantino Bellón

 INTRODUCIÓN


O Ateneo Ferrolán ven realizando o Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”, un certame único en Galicia de composición e interpretación de gaita galega, para solistas, dende o ano 1991.

Este certame está dirixido á potenciación da música de gaita galega, por ilo o Xurado cualificador valora o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas. Outra das condicións básicas para participar no mesmo, é a obrigatoriedade de presentar partituras inéditas, polo cal, ano tras ano vai aumentando dun xeito importante a calidade e cantidade de pezas creadas exclusivamente para este certame. Do mesmo realízase unha gravación e posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre o día 31 do mes de agosto.

O ámbito e alcance do “Constantino Bellón”, tanto a nivel de participación como de publicidade, está a acadar cada ano unha meirande importancia no panorama da música tradicional galega, considerado como un dos máis importantes certames a nivel internacional. Desde hai varias edicións creouse unha participación directa na final de catro gaiteiros seleccionados dos centros galegos da emigración galega de todo o mundo. De cara a ilo e a promoción da nosa música, tanto a publicidade como as gravacións posteriores se envían a tódolos centros galegos da emigración.




RESEÑA HISTÓRICA

O "Constantino Bellón" foi creado  polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o "Constantino Bellón" é coñecido polo estrito das súas Bases, que están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do Concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor LUÍS SEOANE, coa tradicional figura do gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a todos os gaiteiros finalistas e ás entidades colaboradoras.

Entendiamos que o "Constantino Bellón" debería de xogar un papel representativo de Galiza e Ferrol polo que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de agosto, como data significativa na nosa cidade, e engadindo tamén o día 30 para o de composición.

Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.

No apartado de colaboracións conseguimos as máis representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel privado coa participación de Sargadelos e posteriormente, do Obradoiro SEIVANE co seu significado sempre comprometido na defensa da cultura  galega.

Dende a 6ª edición, no ano 1996, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de catro gaiteiros das Comunidades Galegas do Exterior. Esta novidade foi posible grazas á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que financiou durante 14 anos os gastos derivados da participación dos mesmos. Neste sentido, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón”, o Premio “Gaiteiro de Soutelo”, acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de publicidade e gravacións do mesmo, a todos os centros galegos do país e da diáspora.

Tamén, e dende o ano 2003 engadiuse o Punto nº 9 ás Bases do Constantino Bellón o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración o día 30 de agosto.

Tamén, dende o ano 2008 engadiuse ao Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón” referente ao Gaiteiro de Soutelo, o Premio Seivane, que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición que será concedida a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro.

EDICIÓN DAS GRAVACIÓNS

O "Constantino Bellón" foi creado  polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.

Do mesmo, realízase unha gravación para a súa posterior edición no ano 1991 dun LP (disco en vinilo) e nos seguintes anos en CD, dicir que dende o ano 2003 vimos contando co equipo móbil de gravación da RTVG que realiza as gravacións en directo os dous días no Teatro Jofre de Ferrol coa posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre os días 30 e 31 do mes de agosto.

A distribución desta gravación é gratuíta achegando, entre outros, a entidades culturais, a todos os Centros Galegos do Exterior copias para a súa distribución e arquivo nas súas fonotecas.

Os dezanove anos da edición deste disco supón un amplo arquivo de pezas inéditas para gaita galega creadas para este Concurso organizado polo Ateneo Ferrolán.

OS PREMIADOS

    5.1 Premio “Gaiteiro solista”

ANO 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da Xiada e Xota
para Ourense.

ANO 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira.

Ano 1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da Cabra e Muiñeira
picada.

ANO 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa interpretación de Preludios de
gaita e Aturuxeira.
  
ANO 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira.

ANO 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con “Non te namores meniña”
(Tradicional) e “Saltareira” (xota), de Pepe Vaamonde.

ANO 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con “Peizoquiña”, de Suso
Vaamonde e “Muiñeira do mesón”, de Suso Vaamonde.

ANO 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con “Valse de Cecebre”, de
Pedro Lamas e “Postludio Indigestat”, de autor.

ANO 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con “Piricuchiña” e “A gaita de Melchor”,
de Iván Costa.

ANO 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, “Alalá de Pradías”, de Pepe
Vaamonde, “415 de Casto Sampedro”,  “Muiñeira de San Froilán” de Pepe
Vaamonde.

ANO 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con “A codea de pan” de Daniel Bellon e
“O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira” de Pedro Lamas
Varela.

ANO 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con ”Barlovento” e “Cuasimuiñeira”
de Oscar Miranda.

ANO 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con ”Aloumiños” e “Andame
unha pulga atrás dun piollo” de Agustín Sánchez.

ANO 2004. Alberto Coya Otero, de Hio (Pontevedra), con ”¡Malditas palletas ...! e
“Non me amoles” de Alberto Coya Otero.

ANO 2005. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Un lustro” de Daniel
Bellón García, “Río de Anxo” de Xosé Romero Suárez e “Prieguiceira” de  Ernesto
Campos.

ANO 2006. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Fisterra, variacións de
noitébrega”, de Brian Booshby- Xosé R. Suárez (Daniel Bellón) e  “Sen máis “ de
Daniel Bellón.

Ano 2007. Brais Monxardín López, de A Fonsagrada (Lugo), con  “Aria, suite nº 3”
de  J.S. Bach / Arranxos Pepe Vaamonde e  “Aires de San Martín” de Brais
Monxardín López. REVOGADO POSTERIORMENTE.

ANO 2008. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con  “Abime des
Oiseaux” de Olivier Messiaem  e “Xota da utopía”  de Pablo Devigo Vázquez.  

ANO 2009. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 1
ou A Xana”de Pablo Devigo Vázquez e “Xota nº 2 ou Carral 1846” de Pablo Devigo
Vázquez.        

ANO 2011. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº2,
Canto de afiador” de Pablo Devigo Vázquez e “Chacona en DOM” de Pablo Devigo
Vázquez.  


ANO 2013. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº4,
Surr” de Pablo Devigo Vázquez e “Asturias (Leyenda)" de I. Albéniz. Adaptación
Pablo Devigo Vázquez


    5.2 Premio “Gaiteiro de Soutelo”

ANO 1997

Anabel Arias Andrés - Sabadell (España)          

María Isabel Mouzo Ameijeiras - Bos Aires-Arxentina                 

Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo                               

Miguel Angel Freire Santos - Xenebra- Suiza     


ANO 1998

Anabel Arias Andrés -  Sabadell (España)          

Carina Fragoso Pegito - Bos Aires-Arxentina       

Elvira Lara Fernández - Cornellá (Barcelona)

        
ANO 1999

David Martínez Montes - La Habana (Cuba)          

Walter Andrés Almirón García - Buenos Aires (Arxentina)           

Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo (Bizkaia)                          

Manuel Coedo Freijo - Terrassa (Barcelona)                          


ANO 2000 

Carina Fragoso Pegito - Buenos Aires – Arxentina.

Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.


ANO 2001

Walter Andres Almirón Garcia - Arxentina.

Daniel Lumbreras Rodriguez - Guipuzkoa.

Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.

Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.


ANO 2002

David Rodríguez Anido - Londres (Reino Unido).

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti (Guipúzcoa).

Magalí Tella - Suiza.

Walter Andrés Almirón García - Arxentina.


ANO 2003

Santiago  Agustín Molina - Bos Aires (Arxentina)

Francisco Franco Caamaño - Baracaldo (Bizkaia)

Walter Almirón García - Bos Aires (Arxentina)

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián (Donostia)


ANO 2004

Juan Pablo Aguirre Alegre - Bos Aires, Arxentina.

Julio Jesús León Pérez - Castellón.

Santiago Agustín Molina - Arxentina.

Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.


ANO 2005 

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa

Pablo Martín Rocco Couselo - Arxentina

Juan Pablo Aguirre Alegre - Arxentina

Anáisy Gómez Fernández - Habana, Cuba


ANO 2006

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa

Vicente Carlos González Siri  - Rincón de la Bolsa, Uruguay

Laura Burgué Fernández - Hospitalet de Llobregat, Barcelona

Raúl Lacilla Crespo - Barcelona


ANO 2007

Jordi Torres  - Bos Aires - Arxentina

Raúl Lacilla Crespo - Barcelona - España

Manuel Gómez García - Altza-Gipuzkoa- España

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián – España


ANO 2008

Jordi Torres - Bos Aires - Arxentina

Vicente Carlos González  Siri - Uruguai

Santiago Agustín Molina - Arxentina

Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián – España


ANO 2009

Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez - Bos Aires - Arxentina

Eric Alexander Corrante - Venezuela

Santiago Agustín Molina - Arxentina

Daniel Lumbreras Rodríguez - Donostia – España


ANO 2011 

Diego Bello Fernández - Bembibre, León 

Xosé Antonio Constela Martínez - Xenebra, Suiza      
 
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia 

Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez - Arxentina


ANO 2013
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia 

Walter Andrés Almirón García - Arxentina

Raquel García Martínez - Valencia


    5.3 Mención Gaita Galega “Constantino Bellón”


ANO  1995 

Mención Gaita de Ouro - Quinteto Tradicional “Raparigos”   

Mención Gaita de Prata - Carlos Zaera Landeira


ANO 1996 

Mención Gaita de Ouro - Antón Corral, Universidade Popular de Vigo

Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Garceiras”


Ano 1997 

Mención Gaita de Ouro - José Seivane Rivas, artesán

Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Rosales”

        
ANO 1998 

Mención Gaita de Ouro - Emilio Corral Vázquez, gaiteiro
      
Mención Gaita de Prata - Real Coro “Toxos e Froles”

        
ANO 1999                          

Mención Gaita de Ouro - Juan Bello Mallou

Mención Gaita de Prata -“Os Montes”                      


Ano 2000                          

Mención Gaita de Ouro - Enrique Otero Covelo

Mención Gaita de Prata - Asociación Xuvenil “Xacarandaina” 
        

ANO 2001                          

Mención Gaita de Ouro - Luciano Pérez Dìaz

Mención Gaita de Prata - “Faiscas do xabre”                                      


Ano 2002                          

Mención Gaita de Ouro - Xosé López Bao, artesán

Mención Gaita de Prata - Orfeón Terra Nosa                                      


ANO 2003                          

Mención Gaita de Ouro - Rogelio Groba y Groba

Mención Gaita de Prata - Escola de Gaitas de Ortigueira. Mención especial a Xavier
Garrote.                                                 


ANO 2004 

Mención Gaita de Ouro - José Luis Calle

Mención Gaita de Prata - Programa de Radio “LUME NA PALLEIRA”


ANO 2005                          

Mención Gaita de Ouro - José Temprano Castro

Mención Gaita de Prata - Conservatorio de música tradicional e folk de Lalín   


Ano 2006                          

Mención Gaita de Ouro - Alvaro Seivane Maside 

Mención Gaita de Prata - Grupo Milladoiro e a Manuel García Pereira, Lolete


Ano 2007                          

Mención Gaita de Ouro - Rubén González López

Mención Gaita de Prata - Cantigas da Terra                                                                                                                        

ANO 2008                          

Mención Gaita de Ouro[1]  Ao programa da TVG “ALALÁ”


ANO 2009 

Mención Gaita de Ouro - Miguel Doval González


ANO 2011                          

Mención Gaita de Ouro - Xosé Manuel Seivane Magide  


ANO 2013                          

Mención Gaita de Ouro - Pablo Carpintero 


5.4 Premio “Composición”


ANO 2003- JESÚS ÁLVAREZ LOZANO pola partitura para Gaita e Piano  “ALALÁ E JOTA DE RIBEIROÁ”



ANO 2004- AGUSTÍN SÁNCHEZ IGLESIAS pola partitura para Gaita e Piano “CAPRICHO DE GAITA”



ANO 2005- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRÍGUEZ pola partitura para Gaita e Orquestra de Corda
“CARMINA UTRICULARIS”


ANO 2006- ERNESTO CAMPOS CAMESELLA pola partitura para Gaita e Piano “AMENCER EN FISTERRA”


ANO 2007- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura Fantasía para Gaita e Piano “TROULA PARA
CONSTANTINO”


ANO 2008- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano


FINALISTAS nesta edición: 
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.


ANO 2009- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola partitura “LUGRÍS” para Gaita Solista, Orquestra de corda,
percusión e piano.

Accésit a: JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “TUMBALEIRA” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano. PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra “JOTA” para Gaita, Orquestra de corda e Piano.


ANO 2011- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ  pola partitura “As cousas de Sabela” Suite para Gaita
Solista en La e Orquestra.

Accésit a: JESUS RODIL RODRIGUEZ pola obra “OCTOPUS” para Gaita e Piano. PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola obra “LOIA” para gaita en Do5 e electrónica en vivo.


ANO 2013- JDANIEL ROMAR SAMBADE  pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda".

Accésit a: JAVIER Mª LÓPEZ RODRIGUEZ pola obra “The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5  con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo). LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.(Para gaita solista e corda)  


5.5 Premio “Seivane”


ANO 2008

SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA de Arxentina


ANO 2009

ERCIK ALEXANDER CORRENTE ESPINOZA de Venezuela


ANO 2011

XOSÉ ANTONIO CONSTENLA MARTÍNEZ de León


ANO 2013

RAQUEL GARCÍA MARTÍNEZ de Valencia





[1] A partir deste ano so concederase a Mención Gaita de Ouro desaparecendo a de Prata                                                                                                                       
 

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Menudo nivel de gaiteiros!...Non hai outro concurso que o iguale! ADIANTE!

Anónimo dixo...

A que estades esperando para dar os Finalistas deste ano??

alumno de Bellon dixo...

Si la Xunta de Galicia, no colabora, habrá que quitar ese premio de las bases del concurso, y seguir con el concurso primitivo, pero poner en los carteles " la parte del concurso... no se realizará por falta de colaboracion de la Xunta..." asi todos contentos.. los de aqui por lo menos tienen un gran concurso y el Ateneo Ferrolán mete una paja en el ojo de la Xunta.
Mejor esto que suspender!!!!

Unknown dixo...

La edición de este añoo (2009) la transmiten??? Quiero ver a los chicos de Argentina!!!!