REXISTRO SONORO
As gravacións sonoras das edicións do Premio Internacional de Gaita "Constantino Bellón" están dispoñibles no repositorio dixital do Ateneo Ferrolán no Internet Archive: Concurso de Gaita Constantino Bellón
INTRODUCIÓN
O Ateneo
Ferrolán ven realizando o Concurso
Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”, un certame
único en Galicia de composición e interpretación de gaita galega, para
solistas, dende o ano 1991.
Este certame está dirixido á potenciación da
música de gaita galega, por ilo o Xurado cualificador valora o emprego de xiros
e técnicas tradicionais propiamente galegas. Outra das condicións básicas para
participar no mesmo, é a obrigatoriedade de presentar partituras inéditas, polo
cal, ano tras ano vai aumentando dun xeito importante a calidade e cantidade de
pezas creadas exclusivamente para este certame. Do mesmo realízase unha
gravación e posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan
á FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre o día 31 do mes de agosto.
O ámbito e alcance do “Constantino Bellón”, tanto
a nivel de participación como de publicidade, está a acadar cada ano unha
meirande importancia no panorama da música tradicional galega, considerado como
un dos máis importantes certames a nivel internacional. Desde hai varias
edicións creouse unha participación directa na final de catro gaiteiros
seleccionados dos centros galegos da emigración galega de todo o mundo. De cara
a ilo e a promoción da nosa música, tanto a publicidade como as gravacións
posteriores se envían a tódolos centros galegos da emigración.
RESEÑA HISTÓRICA
O "Constantino Bellón" foi creado polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para servir como unha plataforma de expresión e
presentación de novas pezas e autores, e para axudar a manter, potenciar e
prestixiar a figura do Gaiteiro Integral da nosa música tradicional de
gaita galega. Isto, fixémolo baixo a forma dun concurso de composición e
interpretación de gaita que pretende manter o xeito de tocar a GAITA
GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.
Dentro desa liña, quixemos imprimirlle unhas
características propias e coherentes cos seus obxectivos. Así, o
"Constantino Bellón" é coñecido polo estrito das súas Bases, que
están a convertelo na plataforma máis representativa e garante da nosa música
de gaita. Outras das características de seu, son o propio nome e o logotipo do
Concurso, realizado cun dos debuxos máis representativos do pintor LUÍS SEOANE, coa tradicional figura do
gaiteiro galego que vai impresa en toda a publicidade, así como nunha peza de
cerámica, elaborada por Sargadelos e que se entrega a todos os gaiteiros
finalistas e ás entidades colaboradoras.
Entendiamos que o "Constantino Bellón"
debería de xogar un papel representativo de Galiza e Ferrol polo
que, as súas edicións veñen a realizarse, dun xeito ininterrompido, o día 31 de
agosto, como data significativa na nosa cidade, e engadindo tamén o día 30 para
o de composición.
Ó chamarlle “CONSTANTINO
BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena
homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos,
souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.
No apartado de colaboracións conseguimos as máis
representativas, como poden ser as das institucións públicas: Concello de
Ferrol, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, complementadas a nivel
privado coa participación de Sargadelos e posteriormente, do Obradoiro SEIVANE co seu significado
sempre comprometido na defensa da cultura
galega.
Dende a 6ª edición, no
ano 1996, introduciuse unha variación moi importante como é a participación de
catro gaiteiros das Comunidades Galegas
do Exterior. Esta novidade foi posible grazas á aportación da Secretaría Xeral de Emigración que
financiou durante 14 anos os gastos derivados da participación dos mesmos.
Neste sentido, engadiuse como Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón”,
o Premio “Gaiteiro de Soutelo”,
acadando co mesmo unha presenza en todo o mundo galego, por medio dos envíos de
publicidade e gravacións do mesmo, a todos os centros galegos do país e da
diáspora.
Tamén, e dende o ano 2003
engadiuse o Punto nº 9 ás Bases do Constantino Bellón o Concurso de Composición para Gaita Galega Solista. Evento ao que lle dedicamos un día máis na celebración
o día 30 de agosto.
Tamén, dende o ano 2008
engadiuse ao Punto nº 5 das Bases do “Constantino Bellón” referente ao Gaiteiro de Soutelo, o Premio Seivane, que consiste nunha
gaita feita e personalizada especialmente para esta edición que será concedida a aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor
defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional
do gaiteiro.
EDICIÓN DAS GRAVACIÓNS
O "Constantino Bellón" foi creado polo ATENEO FERROLÁN, no ano 1991, para
servir como unha plataforma de expresión e presentación de novas pezas e
autores, e para axudar a manter, potenciar e prestixiar a figura do Gaiteiro
Integral da nosa música tradicional de gaita galega. Isto, fixémolo baixo a
forma dun concurso de composición e interpretación de gaita que pretende manter
o xeito de tocar a GAITA GALEGA con xiros e técnicas propiamente galegos.
Do mesmo, realízase unha gravación para a súa
posterior edición no ano 1991 dun LP (disco en vinilo) e nos seguintes anos en
CD, dicir que dende o ano 2003 vimos contando co equipo móbil de gravación da
RTVG que realiza as gravacións en directo os dous días no Teatro Jofre de
Ferrol coa posterior edición en disco compacto das pezas e autores que chegan á
FINAL do concurso, que se celebra en Ferrol sempre os días 30 e 31 do mes de
agosto.
A distribución desta gravación é gratuíta
achegando, entre outros, a entidades culturais, a todos os Centros Galegos do
Exterior copias para a súa distribución e arquivo nas súas fonotecas.
Os dezanove anos da edición deste disco supón un
amplo arquivo de pezas inéditas para gaita galega creadas para este Concurso
organizado polo Ateneo Ferrolán.
OS PREMIADOS
5.1 Premio “Gaiteiro solista”
ANO 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da Xiada e Xota
para Ourense.
ANO 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira.
Ano
1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da Cabra e Muiñeira
picada.
ANO 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa
interpretación de Preludios de
gaita e Aturuxeira.
ANO 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira.
ANO 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con “Non te namores meniña”
(Tradicional) e “Saltareira” (xota), de Pepe Vaamonde.
ANO 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con “Peizoquiña”, de Suso
Vaamonde e “Muiñeira do mesón”, de Suso Vaamonde.
ANO 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con “Valse de Cecebre”,
de
Pedro Lamas e “Postludio Indigestat”, de autor.
ANO 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con “Piricuchiña” e “A gaita de
Melchor”,
de Iván Costa.
ANO 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, “Alalá de Pradías”, de Pepe
Vaamonde, “415 de Casto Sampedro”,
“Muiñeira de San Froilán” de Pepe
Vaamonde.
ANO 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con “A codea de pan” de Daniel Bellon
e
“O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira” de Pedro Lamas
Varela.
ANO 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con ”Barlovento” e
“Cuasimuiñeira”
de Oscar Miranda.
ANO 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con ”Aloumiños” e “Andame
unha
pulga atrás dun piollo” de Agustín Sánchez.
ANO 2004. Alberto Coya Otero, de Hio (Pontevedra), con ”¡Malditas palletas ...!
e
“Non me amoles” de Alberto Coya Otero.
ANO 2005. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Un lustro” de Daniel
Bellón García, “Río de Anxo” de Xosé Romero Suárez e “Prieguiceira” de Ernesto
Campos.
ANO 2006. Daniel Bellón García, de Fene (A Coruña), con “Fisterra, variacións de
noitébrega”, de Brian Booshby- Xosé R. Suárez (Daniel Bellón) e “Sen máis “ de
Daniel Bellón.
Ano
2007. Brais Monxardín López, de A Fonsagrada (Lugo), con “Aria, suite nº 3”
de J.S. Bach / Arranxos Pepe Vaamonde e “Aires de San Martín” de Brais
Monxardín
López. REVOGADO POSTERIORMENTE.
ANO 2008. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Abime des
Oiseaux” de Olivier Messiaem e “Xota da utopía” de Pablo Devigo Vázquez.
ANO 2009. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº 1
ou A Xana”de Pablo Devigo Vázquez e “Xota nº 2 ou Carral 1846” de Pablo Devigo
Vázquez.
ANO 2011. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº2,
Canto de afiador” de Pablo Devigo Vázquez e “Chacona en DOM” de Pablo Devigo
Vázquez.
ANO 2013. Pablo Devigo Vázquez, de Castro Caldelas (Ourense) con “Preludio nº4,
Surr” de Pablo Devigo Vázquez e “Asturias (Leyenda)" de I. Albéniz. Adaptación
Pablo Devigo
Vázquez
5.2 Premio “Gaiteiro de Soutelo”
ANO 1997
Anabel Arias Andrés - Sabadell
(España)
María Isabel Mouzo Ameijeiras - Bos Aires-Arxentina
Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo
Miguel Angel Freire Santos - Xenebra- Suiza
ANO 1998
Anabel Arias Andrés - Sabadell
(España)
Carina Fragoso Pegito - Bos
Aires-Arxentina
Elvira Lara Fernández - Cornellá
(Barcelona)
ANO 1999
David
Martínez Montes - La
Habana (Cuba)
Walter Andrés Almirón
García - Buenos Aires
(Arxentina)
Alberto Sanmartín Montaña - Barakaldo (Bizkaia)
Manuel Coedo Freijo - Terrassa (Barcelona)
ANO 2000
Carina
Fragoso Pegito - Buenos Aires – Arxentina.
Pilar
Rodríguez Otero - Venezuela.
ANO 2001
Walter Andres Almirón Garcia - Arxentina.
Daniel Lumbreras Rodriguez - Guipuzkoa.
Pilar Rodríguez Otero - Venezuela.
Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.
ANO 2002
David Rodríguez Anido - Londres
(Reino Unido).
Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti
(Guipúzcoa).
Magalí Tella - Suiza.
Walter Andrés Almirón García - Arxentina.
ANO 2003
Santiago Agustín Molina - Bos Aires (Arxentina)
Francisco Franco
Caamaño - Baracaldo (Bizkaia)
Walter Almirón García - Bos Aires (Arxentina)
Daniel Lumbreras Rodríguez - San Sebastián (Donostia)
ANO 2004
Juan Pablo Aguirre Alegre - Bos Aires, Arxentina.
Julio Jesús León Pérez - Castellón.
Santiago Agustín Molina - Arxentina.
Manuel Fernández Ruíz - Valladolid.
ANO 2005
Daniel
Lumbreras Rodríguez - Donosti, Guipúzcoa
Pablo Martín Rocco Couselo - Arxentina
Juan Pablo Aguirre Alegre - Arxentina
Anáisy Gómez Fernández - Habana,
Cuba
ANO 2006
Daniel Lumbreras Rodríguez - Donosti,
Guipúzcoa
Vicente Carlos González Siri - Rincón de la Bolsa, Uruguay
Laura Burgué Fernández - Hospitalet
de Llobregat, Barcelona
Raúl Lacilla Crespo - Barcelona
ANO 2007
Jordi Torres - Bos
Aires - Arxentina
Raúl Lacilla Crespo - Barcelona
- España
Manuel Gómez García - Altza-Gipuzkoa-
España
Daniel Lumbreras Rodríguez - San
Sebastián – España
ANO 2008
Jordi Torres - Bos
Aires - Arxentina
Vicente Carlos González Siri - Uruguai
Santiago Agustín Molina - Arxentina
Daniel Lumbreras Rodríguez - San
Sebastián – España
ANO 2009
Nicolás Ramiro Pérez Rodríguez - Bos
Aires - Arxentina
Eric Alexander Corrante - Venezuela
Santiago Agustín Molina - Arxentina
Daniel Lumbreras Rodríguez - Donostia
– España
ANO 2011
Diego Bello Fernández - Bembibre,
León
Xosé Antonio Constela Martínez - Xenebra,
Suiza
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia
Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez - Arxentina
ANO 2013
Daniel Lumbreras Rodríguez, - Donostia
Walter Andrés Almirón García - Arxentina
Raquel García Martínez - Valencia
5.3 Mención Gaita Galega “Constantino Bellón”
ANO 1995
Mención Gaita de Ouro - Quinteto Tradicional “Raparigos”
Mención Gaita de Prata - Carlos Zaera Landeira
ANO 1996
Mención Gaita de Ouro - Antón Corral, Universidade Popular de Vigo
Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Garceiras”
Ano 1997
Mención Gaita de Ouro - José Seivane Rivas, artesán
Mención Gaita de Prata - Grupo Tradicional “Os Rosales”
ANO 1998
Mención Gaita de Ouro - Emilio Corral Vázquez, gaiteiro
Mención
Gaita de Prata - Real Coro
“Toxos e Froles”
ANO 1999
Mención
Gaita de Ouro - Juan
Bello Mallou
Mención
Gaita de Prata -“Os
Montes”
Ano 2000
Mención
Gaita de Ouro - Enrique Otero
Covelo
Mención
Gaita de Prata - Asociación
Xuvenil “Xacarandaina”
ANO 2001
Mención
Gaita de Ouro - Luciano Pérez
Dìaz
Mención
Gaita de Prata - “Faiscas do
xabre”
Ano 2002
Mención
Gaita de Ouro - Xosé López Bao,
artesán
Mención
Gaita de Prata - Orfeón Terra
Nosa
ANO 2003
Mención
Gaita de Ouro - Rogelio Groba y
Groba
Mención Gaita de Prata - Escola de Gaitas de Ortigueira.
Mención especial a Xavier
Garrote.
ANO 2004
Mención Gaita de Ouro - José Luis Calle
Mención Gaita de Prata - Programa de Radio “LUME NA
PALLEIRA”
ANO 2005
Mención Gaita de Ouro - José Temprano Castro
Mención Gaita de Prata - Conservatorio
de música tradicional e folk de Lalín
Ano 2006
Mención Gaita de Ouro - Alvaro Seivane Maside
Mención Gaita de Prata - Grupo
Milladoiro e a Manuel García Pereira, Lolete
Ano 2007
Mención Gaita de Ouro - Rubén González López
Mención Gaita de Prata - Cantigas da Terra
ANO 2008
Mención Gaita de Ouro[1] Ao programa da TVG “ALALÁ”
ANO 2009
Mención Gaita de Ouro - Miguel Doval González
ANO 2011
Mención Gaita de Ouro - Xosé Manuel Seivane Magide
ANO 2013
Mención Gaita de Ouro - Pablo Carpintero
5.4 Premio “Composición”
ANO 2003- JESÚS
ÁLVAREZ LOZANO pola
partitura para Gaita e Piano “ALALÁ E JOTA DE
RIBEIROÁ”
ANO 2004- AGUSTÍN SÁNCHEZ IGLESIAS pola
partitura para Gaita e Piano “CAPRICHO DE GAITA”
ANO 2005- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRÍGUEZ pola
partitura para Gaita e Orquestra de Corda
“CARMINA UTRICULARIS”
ANO 2006- ERNESTO CAMPOS CAMESELLA pola
partitura para Gaita e Piano “AMENCER EN FISTERRA”
ANO 2007- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola
partitura Fantasía para Gaita e Piano “TROULA PARA
CONSTANTINO”
ANO 2008- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola
partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano
FINALISTAS nesta edición: JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.
ANO 2009- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola
partitura “LUGRÍS” para Gaita Solista, Orquestra de corda,
percusión e piano.
Accésit a: JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra
“TUMBALEIRA” para Gaita, Orquestra de Corda e Piano. PABLO DEVIGO VÁZQUEZ coa obra “JOTA”
para Gaita, Orquestra de corda e Piano.
ANO 2011- JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ pola partitura “As cousas de Sabela” Suite
para Gaita
Solista en La e Orquestra.
Accésit a: JESUS
RODIL RODRIGUEZ pola obra
“OCTOPUS” para Gaita e Piano. PABLO
DEVIGO VÁZQUEZ pola obra “LOIA” para
gaita en Do5 e electrónica en vivo.
ANO 2013- JDANIEL ROMAR SAMBADE pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda".
Accésit a: JAVIER Mª LÓPEZ RODRIGUEZ pola obra
“The bagpipe in my life”. (Para gaita solista en Do 5 con quinteto de frauta, clarinete,
piano, violín e violonchelo). LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son”.(Para gaita solista e corda)
5.5 Premio “Seivane”
ANO 2008
SANTIAGO AGUSTÍN MOLINA de
Arxentina
ANO 2009
ERCIK ALEXANDER CORRENTE
ESPINOZA de Venezuela
ANO 2011
XOSÉ ANTONIO CONSTENLA MARTÍNEZ de León
ANO 2013
RAQUEL GARCÍA MARTÍNEZ de Valencia
4 comentarios:
Menudo nivel de gaiteiros!...Non hai outro concurso que o iguale! ADIANTE!
A que estades esperando para dar os Finalistas deste ano??
Si la Xunta de Galicia, no colabora, habrá que quitar ese premio de las bases del concurso, y seguir con el concurso primitivo, pero poner en los carteles " la parte del concurso... no se realizará por falta de colaboracion de la Xunta..." asi todos contentos.. los de aqui por lo menos tienen un gran concurso y el Ateneo Ferrolán mete una paja en el ojo de la Xunta.
Mejor esto que suspender!!!!
La edición de este añoo (2009) la transmiten??? Quiero ver a los chicos de Argentina!!!!
Publicar un comentario