Buscar neste blog

21 marzo 2025

Presentación libro " Ciudad de de la Selva. Historia e arqueoloxía nos Montes de Casaio"

 


O martes 25 de abril as 19:00h acollemos no salón de actos a presentación do libro  " Ciudad de de la Selva. Historia e arqueoloxía nos Montes de Casaio"


A " Ciudad de la Selva" foi un conxunto de campamentos da guerrilla anti franquista instalados nos montes de Casaio ( Carballeda de Valdeorras), zoa montañosa pola que pasaron guerrilleiros míticos como Manuel Girón Bazán, Manuel Fernández Álvarez ( Gafas) ou Francisco López Martinez (Quico).

Tratase dun dos pucos espazos á marxe do franquismo tras a Guerra Civil e estivo en pé desde 1940 ata xullo de 1946, momento no que foi destruida pola Garda Civil.


O libro é  froito da investigación do proxecto Sputnik Labrego que na súa web o define como  "O obxectivo principal deste proxecto de investigación é analizar as formas de resiliencia e de adaptación das sociedades labregas galegas perante procesos históricos de grandes transformacións, poñendo de relevo o papel da materialidade na construción da identidade labrega. Aquí confluirán as historias e os obxectos das sociedades labregas ao longo de diferentes tempos e culturas: da cultura galaica prerromana, da sociedade galaico-romana, baixo o monarquía Suevo, do tempo dos Irmandiños, da invasión francesa ou da Guerra Civil do 1936 e a Guerrilla"


Sobre o libro e o proxecto pódese atopar máis información na súa web premer aquí



20 marzo 2025

Exposición Pictórica F.Gochi

 




Ata o 28 de marzo acollemos a obra pictórica de Manuel F. Gochi , na sala 2 , andar 3.

Uns oleos que xa anuncian a chegada da primaveira e enchen de cor a sala. da cor dos campos e das fragas, que xa ule a chegada do verán.

Da súa obra e del mesmo ninguén mellor que o mesmo Gochi para darnos unha semblanza :


"Nacín en Salamanca. Na miña mocidade tiven a oportunidade, grazas ao meu pai (Pío F. Muriedas) de coñecer tanto á persoa como a obra, dos máis significativos pintores e escultores da época como; Pablo Serrano, Jorge Oteiza, Antonio Sedano, Antonio Quirós, Enrique Gran, Ángel Medina, Ismael Olabarrieta, Francisco Arias, Modesto Ciruelos, #Ver Zanetti e un longo elenco do mellor dos anos 70. Esa relación influíu considerablemente no meu interese pola pintura.

En 2018 inicio a miña actividade como pintor profesional.

Por diferentes circunstancias residín en Salamanca, Zaragoza, Santander, Bilbao, Barcelona e actualmente en Oviedo.



O meu estilo está influído polo expresionismo e o fovismo do XIX cunha pincelada solta, forte e atrevida, onde prima ante todo a cor. A técnica empregada é óleo sobre lenzo e traballo unhas medidas entre 3030 e 100100 cm. A temática nestes anos centreina de momento en cinco áreas: "Ceo e copas", "Campos de Castela", "Árbores" "Paisaxe urbana" e "Natureza morta""



17 marzo 2025

Atenea Especial Feminista



 Có gaio do 8M e dentro das iniciativas do Ateneo Ferrolán neste día publicamos unha Atenea Especial fóra da habitual publicación trimestral.

Nela quixemos dar voz e protagonismo a visión de mulleres feministas da comarca que reflexionan sobre temas tan diversos como a necesidade do 8M , a muller no deporte ou no rural ou novas da mesma entidade como o concurso de cartaces feministas.


Atoparemos por títulos :

  • "O 8M máis necesario" .Karina Castelao. Pedagoga. Articulista en sección feminismo " Él Común".Cofundadora PFRG (Plataforma Feminista Radical de Galicia)
  • "A muller no rural". Ana Gundín. Ex concelleira de Igualdade no Concello de San Sadurniño. Libreira en "Brétema"
  • "A vogalía da Muller no Ateneo Ferrolán nos anos 80" Sonia Mauriz Pereira. Licenciada en Humanidades. Directiva do Ateneo Ferrolán.
  • "A realidade non cabe nun lema" A.C.G.Doutoranda en Socioloxía pola UDC. Graduada en Comunicación con mestrado en Políticas Sociais nomeadamente en Igualdade. Traballadora do mar e do bar(hostalaría)
  • "Andro-espello" Sarah Lamas. Políticas e investigación social
  • "Concurso cartaces do 8M" Ateneo Ferrolán.
  • "A montaña tamén é nosa" Sonia Mauriz Pereira.
Para  Descargar PDF . 

Próximamente no repositorio do Ateneo Ferrolán.


04 marzo 2025

Exposición en metal de Manuel Armada

 Desde o 15 de febreiro ata o 28 de abril acollemos da sala 1 do Ateneo Ferrolán a exposición de escultura en metal de Manuel Armada Santalla.




Manuel Armada Santalla , é natural de Cedeira e ex mecánico da Renault en Ferrol.


Un día de 2022 recollendo o seu taller xurdelle a inspiración de reciclar os ferrallos e ferramentas en esculturas que tocan todo tipo  de temáticas , a vida rural , o Quixote, as Meninas , santos , animais, vehículos, deportes...nada escapa a imaxinación deste prolifico artista que se atreve incluso a convertir obxectos como sachos en pezas abstractas.