Buscar neste blog

24 abril 2018

XI Semán de Poesía Salvaxe "A palavra encarnada". Xoves 26 de abril ás 18 h.

XI Semán de Poesía Salvaxe "A palavra encarnada"
En Ferrol os días 25, 26, 27 e 28 de abril


No Ateneo Ferrolán o xoves 26 de abril ás 18 h.

Escoitaremos a:

Rosalía Fernández Rial (1988) concibiuse a través da palabra, ideando unha xénese inicial desde a literatura escrita e a linguaxe escénico. 

Lois Pérez 
(Lugo, 1979) é mestre, poeta, dramaturgo, contador de historias e humorista, e o centro da súa actividade artística é a narración oral e a escrita.


Máis info e evento no facebook:  https://www.facebook.com/events/196151291002257/

https://www.facebook.com/notes/karlotti-val/xi-poes%C3%ADa-salvaxe-todas-as-voces-para-habitar-os-d%C3%ADas/10155491748508059/

21 abril 2018

Exposición e Charla "Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós". Luns 23 de abril ás 19,45 h.

 
 O luns día 23 de abril o Club de Prensa de Ferrol máis o Ateneo Ferrolán presentan a Exposición "Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós". As mobilizacións estudiantís do 68 en Compostela.

Inauguración ás 19,45 h e poderá visitarse ate o 6 de maio no #AteneoFerrolán

Ás 20 h. Charla na que participará Ricardo Gurriarán, historiador e membro da F10M. Comisario da exposición "Do Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós"

17 abril 2018

Proxección Documental ARTE+MULLER+GALICIA. Venres 20 de abril ás 20 h.



Proxección Documental ARTE+MULLER+GALICIA

dirixido por Rosario Sarmiento

Venres día 20 de abril ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Organiza: Club de Prensa Ferrol

Este documental expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra result fundamental para entender o desenvolvemento da hstoria da arte contemporánea en Galiza.

O feito de ser muller marcou para moitas delas p desenvolvemento da súa traxectoria profesional e, sobre todo, a súa presenza e protagonismo nos espazos de poder e decisión.


Evento: https://www.facebook.com/events/1657358517688267/


Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre". Mércores 18 de abril ás 19,30 h.


Presentación Documental: "Touro-O Pino: A ameaza do cobre"

Mércores día 18 de abril ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán
Entrada libre.


Nós Televisión e Tingalaranga Audiovisual veñen de presentar ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario dirixido por Xosé Bocixa que aborda en 55 minutos a través da voz de científicos, veciñas e veciños, alcaldes, empresari@s, o conflito xurdido polo proxecto de reabrir a mina de Touro e O Pino.


Xosé Bocixa (As Encrobas, 1967) dirixe ‘Touro, O Pino: A ameaza do cobre’, un documentario en que se mergulla na resposta veciñal ao macroproxecto que quer reactivar as antigas minas de cobre. 
Dá voz a veciños, alcaldes, científicos… para ofrecer un relato real do que está en xogo non só nesta comarca, senón tamén no país.

13 abril 2018

Charla: 15 anos con Couso. Luns 16 de abril às 19 h



Charla-Coloquio: 15 anos con Couso.
Luns día 16 de abril às 19 h no Ateneo Ferrolán

Enrique Santiago, avogado da familia e Secretario Xeral do Partido Comunista.

09 abril 2018

Presentación Disco "Reflejos" de Adrián Vigo & Banda. Venres 13 de abril ás 20 h.





Presentación Disco "Reflejos" de Adrián Vigo & Banda

Venres día 13 de abril ás 20 h. no #AteneoFerrolán

Entrada: 5 €


Concerto de Adrián Vigo, un virtuoso que rompe barreiras, acompañado da súa banda presentan o seu segundo disco "Reflejos"

https://www.facebook.com/FetenProducciones/

04 abril 2018

"Carvalho Calero: profesor e lingüísta". Xoves día 5 de abril as 20 h.


Ferrol reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero 
en todas as súas dimensións.

No Ateneo Ferrolán acolleremos dúas palestras: 
  • A primeira das palestras, "Carvalho Calero: profesor e lingüísta" terá lugar este xoves día 5 de abril as 20 h. con Xosé Mª Dobarro e Aurora Marco.
  • A outra palestra "A acción política de Carvalho" con Bernardo Máiz Vázquez será o xoves día 19 de abril ás 20 h. 

O Concello de Ferrol ven de presentar este mediodía polo miúdo o contido dunha homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero, ilustre historiador e lingüista nado en Ferrol Vello, para o que este municipio por unanimidade e co apoio da Mancomunidade da ría de Ferrol segue a reivindicar a Real Academia Galega que se lle adique, en xustiza, en recoñecemento a súa figura e legado o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Máis info na paxina do Concello de Ferrol: http://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/4080