Buscar neste blog

04 abril 2018

"Carvalho Calero: profesor e lingüísta". Xoves día 5 de abril as 20 h.


Ferrol reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero 
en todas as súas dimensións.

No Ateneo Ferrolán acolleremos dúas palestras: 
  • A primeira das palestras, "Carvalho Calero: profesor e lingüísta" terá lugar este xoves día 5 de abril as 20 h. con Xosé Mª Dobarro e Aurora Marco.
  • A outra palestra "A acción política de Carvalho" con Bernardo Máiz Vázquez será o xoves día 19 de abril ás 20 h. 

O Concello de Ferrol ven de presentar este mediodía polo miúdo o contido dunha homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero, ilustre historiador e lingüista nado en Ferrol Vello, para o que este municipio por unanimidade e co apoio da Mancomunidade da ría de Ferrol segue a reivindicar a Real Academia Galega que se lle adique, en xustiza, en recoñecemento a súa figura e legado o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Máis info na paxina do Concello de Ferrol: http://www.ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/4080

Ningún comentario: