Ciclo de Documentários em Língua Portuguesa



Organizado pola EOI de Ferrol o seu departamento de portugués proxectarán 

no #AteneoFerrolán unha serie de documentais en VO dentro do ciclo:

Ciclo de Documentários em Língua Portuguesa
 Organiza: EOI Ferrol

- José e Pilar (Miguel Gonçalves Mendes) [Portugal] 
22 de febreiro ás 17 h.

- A vida é um sopro (Fabiano Maciel) [Brasil] 
2 de marzo ás 19 h.

- Lixo extraordinário (Lucy Walker) [Brasil] 
9 de marzo ás 17 h. 
(Tivemos que cambiar o horario, o 9 de marzo esta proxección será ás 17 h. e non como marca o cartel)
Desculpar as molestias.
 
- Pfunguza / Eu, Mucavele [Moçambique] 
15 de marzo ás 17 h.

Charla sobre Renda Básica Incondicional. Mércores día 1 ás 18 h.



Charla sobre Renda Básica Incondicional

Mércores día 1 de marzo ás 18 h.

Ponentes:

Fernando Martínez
Marta Díaz Marcos
David Crespo

Entrada Libre.

IV Mostra de Documentais en Galego. 23 marzo ás 19 h.


IV Mostra de Documentais en Galego
xoves día 23 de marzo de 2017 ás 19 h.

Unha vez máis, o Ateneo Ferrolán na súa aposta polo AUDIOVISUAL, organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO que nacen no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego. 

PARTICIPA!!!!

Achéganos os teus traballos acompañados dunha ficha cos teus datos e do documental presentado antes do 1 de marzo para facer a selección do programa deste ano.

Para máis info: secretaria@ateneoferrolan.org ou chámanos 981.357.970

Proxección do documental "23" e Coloquio. Xoves 23 de febreiro ás 19 h.


O Ateneo Ferrolán proxectará  o documental "23" 
o vindeiro xoves 23 de febreiro ás 19 h.

Este documental non chegou nunca a emitirse nin proxectarse en ningures. 

"No documental "23" queremos contar as vivencias e experiencias da tardiña do 23 de febreiro de 1981 cun grupo de vinte e tres homes e mulleres que aparecían nas listas negras elaboradas pola  ultradereita. Aquela noite os concellos das cidades galegas estiveron abertos, ocupados por concelleiros de esquerdas e do nacionalismo galego. Probablemente nunca saberemos quen elaborou as famosas listas negras, que saíron publicadas por primeira vez en febreiro de 1991 en La Voz de Galicia."

Posteriormente realizarase un coloquio sobre o tema. O coloquio contará coa participación da directora do documental, Helena Villares, e con dous dos protagonistas, Rafael Pillado Lista e Bernardo Máiz Vázquez.

O documental, producido por Nemedón Producións Audiovisuais, gravouse no ano 2010. A idea orixinal e o guión correron a cargo de Pilar Faxil e Helena Villares. Participaron no documental Mariano Abalo Costa, Pilar Allegue Aguete, Pedro Arias,  Miguel Cancio, Francisco Carballo, Marisa Domínguez, Alfredo Fernández, Manuela Fraguela Seoane, Xosé Manuel García Crego, Pilar García Negro, Chefa Hermo Ínsua, Ramón Lorenzo, Bernardo Máiz Vázquez, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Muruzábal Arlegui, Rafael Pillado Lista, María Xosé Queizán, Manuel Rivas Barros, Xosé María Rivera Arnoso, Francisco Rodríguez Sánchez, Elvira Souto Presedo, Miguel Vázquez Calvo e Francisco Villanueva.


A proxección e posterior coloquio decorrerán o xoves 23 de febreiro de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

O evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/1855663611389427/

Día de Rosalía de Castro. 24 de febreiro ás 20 h. #RosalíaTe


Facémonos partícipes do Día de Rosalía de Castro
que se celebra o 24 de febreiro, día do nacemento da nosa autora. 

No Ateneo Ferrolán celebrarémolo cun acto este venres día 24 ás 20 h. no que participarán Rosa Martínez, Aurora Varela, Antón Cortizas e Rosa Méndez.

Aberto o espazo por se alguén quere sumarse e ler algún 
poema da nosa ilustre autora.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. 
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

Exposición de pinturas de Sole Lamas "Coloreando o mundo". Venres 17 de febreiro ás 20 h.



Exposición de pinturas de Sole Lamas "Coloreando o mundo".

Do 17 de febreiro ao 30 de abril 


Inauguración o venres día 17 de febreiro de 2017 ás 20 h. 
nas salas de exposicións do#AteneoFerrolán

Entrada libre.

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/418558011821538/

Conferencia: "Ten futuro a Teoloxía da Liberación?" por Juan José Tamayo. Venres 10 de febreiro ás 19,30 h.



Conferencia: "Ten futuro a Teoloxía da Liberación?" 
por Juan José Tamayo

Venres día 10 de febreiro ás 19,30 h.
Entrada libre.


O próximo venres día 10 de febreiro o profesor, filósofo e teólogo Juan José Tamayo dará unha conferencia no #AteneoFerrolán, organizada polo Club de Prensa que versará sobre se ten futuro a Teoloxía da LiIberación á que está moi vencellado.

Adoita ser moi crítico coa actual xerarquía católica e ao Vaticano non lle gusta o que divulga en moitas das súas escritas.

O evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/190309204781743/

Presentación libro "Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea", de Xosé Luís Santos Cabanas. Xoves 9 febreiro ás 20 h.





O xoves 9 de febreiro ás 20 h. 

Axóuxere Editora presenta no #AteneoFerrolán o libro
 "Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea" 

de Xosé Luís Santos Cabanas

En Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea hai unha fronteira que divide o mundo, a que forman os muros e os arames da prisión, e tamén quilómetros e quilómetros de estradas, percorridos co desexo de achegarse a un ser querido, de reducir a distancia que o separa do fogar. 

Crónicas dunha viaxe, a do autor e a súa compañeira, para ver o fillo. 

Axóuxere Editora
axouxerestream.com

O evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/1180764965373469/


Ciclo de Conferencias "Ferrolterra, presente e futuro con Luis Villares". Xoves día 2 de febreiro ás 19,30 h.

A A.C. FUCO BUXÁN convídate ó ciclo de conferencias-debate que leva por título FERROLTERRA, PRESENTE E FUTURO, unha análise da nosa realidade dende una perspectiva progresista e de esquerdas. Na segunda destas conferencias intervirá o voceiro parlamentario de EN MAREA LUIS VILLARES e terá lugar o vindeiro xoves 2 de febreiro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.


Có devandito ciclo a A.C. FUCO BUXÁN pretende contribuir ó debate sobre aprofunda crise na que está inmersa a nosa bisbarra e na procura de solucións por parte de tod@s, polo que a túa presenza e participación é importante no coloquio posterior. A tal fin convidaremos ás forzas da esquerda do noso país que presentarán as súas alternativas i escoitar as voces da cidadanía.

Related Posts with Thumbnails