De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto con nós:
- E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
- Telf.: +34 981 357 970
- Fax: 981 354 098
- Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
O Ateneo ten duas Salas de Exposicións, unha na primeira plantra e outra na segunda, podes ver mais fotos na sección Instalacións desta web.
Este é o Contrato para a utilización das salas.
1) PERIODICIDADE. Deberán transcorrer, cando menos, dous anos dende a anterior mostra individual presentada polo autor na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán e un ano de expoñer en calquera sala desta localidade.
2) SALA DE EXPOSICIÓNS. A cesión da Sala e as horas de visitas do público serán os establecidos polo Ateneo Ferrolán. A utilización da sala conleva uns gastos engadidos –fixos e extras- que correrán por conta do autor da exposición, por un valor de 200 €, para o público en xeral, salvo no caso dos socios/as do Ateneo que se establece en 100 €. Esta cota leva implícitos os dereitos como contrapartida, por parte do Ateneo de:
- 1- Deseño, confección e impresión de cincuenta tarxetas a cor.*
- 2- Inauguración pública da exposición, cunha copa de viño.*
- 3- Apertura da exposición e gastos implícitos.
- 4- Gastos de luz e megafonía.
*Como alternativa, o expositor/a poderá asumir o gasto dos apartados 1 e 2, e só tería que aboar ó Ateneo Ferrolán 30 € (Socios/as e público en xeral) en concepto de gastos da Sala de Exposicións.
3) MATERIAL IMPRESO. Terá que estar en galego e debe figurar o logotipo do Ateneo Ferrolán co enderezo, teléfono e demais referencias. O deseño terá que ser entregado con antelación, 15 días antes da exposición, no Ateneo Ferrolán para a súa aprobación.
4) MONTAXE E DESMONTAXE. A exposición deberá ser montada e retirada polo autor ou persoa autorizada por el, adaptándose ás datas e horarios marcados polo Ateneo Ferrolán. O Ateneo achegará unha persoa que colaborará neste traballo.
- a) A Sala concédese nas condicións de instalacións nas que se atopa, non autorizándose ningunha modificación que conleve alteracións na súa estructura.
- b) Os gastos de transporte e embalaxe da obra serán por conta e risco do autor.
- c) O Ateneo Ferrolán velará pola conservación das obras, non responsabilizándose, en ningún caso dos posibles danos ocasionados por perda, destrucción ou deterioro que poidan ocasionarse durante o traslado ou permanencia na Sala.
6) REFERENCIAS PROFESIONAIS. O solicitante deberá de achegar con este documento un dossier no que incluirá o currículum vítae, material impreso doutras exposicións, recortes de prensa e fotografías dalgunhas das obras a expoñer ou obras recentes.
7) DOAZÓN. O autor, previo acordo coa entidade, comprométese a doar unha obra da mostra realizada que pasará a formar parte do Patrimonio da Entidade.
A SINATURA DO PRESENTE DOCUMENTO IMPLICA A ACEPTACIÓN DE TODAS E CADA UNHA DAS CONDICIÓNS INCLUÍDAS NEL.



































0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada