De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto con nós:
- E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
- Telf.: +34 981 357 970
- Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204.
- CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Estas son as Bases para a utilización das salas.
1) PERIODICIDADE. Deberán transcorrer, cando menos, dous anos dende a anterior mostra individual presentada polo autor na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán e un ano de expoñer en calquera sala desta localidade.
2) SALA DE EXPOSICIÓNS. A cesión da Sala e as horas de visitas do público serán os establecidos polo Ateneo Ferrolán.
3) MATERIAL IMPRESO. Terá que estar en galego e debe figurar o logotipo do Ateneo Ferrolán co enderezo, teléfono e demais referencias. O deseño terá que ser entregado con antelación, 15 días antes da exposición, no Ateneo Ferrolán para a súa aprobación.
4) MONTAXE E DESMONTAXE. A exposición deberá ser montada e retirada polo autor ou persoa autorizada por el, adaptándose ás datas e horarios marcados polo Ateneo Ferrolán. O Ateneo achegará unha persoa que colaborará neste traballo.
- a) A Sala concédese nas condicións de instalacións nas que se atopa, non autorizándose ningunha modificación que conleve alteracións na súa estructura.
- b) Os gastos de transporte e embalaxe da obra serán por conta e risco do autor.
- c) O Ateneo Ferrolán velará pola conservación das obras, non responsabilizándose, en ningún caso dos posibles danos ocasionados por perda, destrucción ou deterioro que poidan ocasionarse durante o traslado ou permanencia na Sala.
6) REFERENCIAS PROFESIONAIS. O solicitante deberá de achegar con este documento un dossier no que incluirá o currículum vítae, material impreso doutras exposicións, recortes de prensa e fotografías dalgunhas das obras a expoñer ou obras recentes.
7) DOAZÓN. O autor, previo acordo coa entidade, comprométese a doar unha obra da mostra realizada que pasará a formar parte do Patrimonio da Entidade.
A SINATURA DO PRESENTE DOCUMENTO IMPLICA A ACEPTACIÓN DE TODAS E CADA UNHA DAS CONDICIÓNS INCLUÍDAS NEL.
1 comentario:
Os responsables do Ateneo poderían ter un detalle e sacar do esquecemento, dignificando a un dos seus veciños que deu a súa vida pola liberdade e as loitas antifascista no Arsenal.
Neste ano é o 75º aniversario do fusilamiento de Manuel Barreiro Rey asasinado con 25 anos parece ser que só os vivos ou algúns mortos elixidos e mais guapos ten un lugar nesta cidade.
http://resistenteconcausa.blogspot.com.es/
Publicar un comentario