Dende o Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol queremos facer públicas as diversas irregularidades que esta a cometer o Concello de Ferrol contra o Ateneo Ferrolán e os seus traballadores e traballadoras. Tras dous anos de obras de rehabilitación, o edificio histórico cedido á entidade xa se atopa en plenas condicións de funcionamento, pola cal entendemos que non existen motivos para demorar máis aló a reincorporación dos traballadores e traballadoras aos seus postos.
Logo de ter reducido o espazo dispoñible para o Ateneo, limitando dese xeito a súa capacidade en favor de outras entidades ideoloxicamente mais afíns ó goberno municipal, este compracese en anunciar a cesión dun edificio publico (o antigo hospicio) a unha asociación empresarial. Estas actuacións das que son directamente responsables o alcalde e o seu equipo de goberno, so teñen coma obxectivo o debilitamento dunha entidade que polo seu carácter plural e a súa vocación de achegamento da cultura ó pobo, é un ben en si mesmo.
O Ateneo Ferrolán é unha entidade de carácter cultural, cun modelo de xestión económica que ocasionaba un custo mínimo ó Concello. Por elo non pode ser utilizado por parte do goberno municipal coma unha oportunidade de negocio. É precisamente a xestión privada de bens públicos e o clientelismo, os que ocasionan gastos desproporcionados e innecesarios. Coidamos que a mais que posible irrupción dunha empresa coma EULEN, con vínculos familiares co PP, na xestión do edificio do Ateneo, causaría unha importante precarizacion das condicións laborais nesta entidade.
Dende a CNT, comunicamos que calquera tipo de medida ou iniciativa que supoña un prexuízo aos intereses dos traballadores e traballadoras do Ateneo; sexa o despido, a subcontratación ou a concesión da xestión a empresas privadas, atoparán unha resposta decidida por parte deste sindicato.
Ferrol 7 de decembro de 2012
Comunicado da CNT en apoio ás traballadoras e traballadores do Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.12.12XII Xornadas "Mostra de Curtametraxes"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.11.12A celebrar os días 19, 20 e 21 de decembro do 2012
Etiquetas: Xornadas Curtametraxes
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.11.12O Ateneo Ferrolán e a A.C. Fuco Buxán, organizan unha HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO no seu centenario.
O martes, 20 de novembro, ás 19,30h. na Galería Sargadelos de Ferrol.
Interveñen:
- Enrique Barrera Beitia, Historiador
“O contexto político-social da época” - José Luis Forneiro Pérez, Profesor de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC.
“Vida e obra de Celso Emilio”
Entrada libre.
O Martes, 27 de novembro na Galería Sargadelos haberá un Recital Poético – Musical e Exposición Bibliográfica da obra de Celso Emilio Ferreiro
@s Traballador@s do Ateneo Ferrolán responsabilizamos ao Alcalde Rey Varela
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.11.12Os traballadores do Ateneo Ferrolán COMUNICAMOS que, hoxe día 7 de novembro ás 12,30 quedaba lista, probada e funcionando a instalación que estaba pendente da acometida do gas no edificio do Ateneo Ferrolán según nos confirmaron os operarios que levaban a cabo dita obra; de feito as rúas Méndez Núñez e Magdalena abertas e cortadas ao tráfico xa presentan o seu aspecto habitual, logo de máis de 10 días abertas para tal acometida.
O pasado mes de setembro, logo da reunión mantida co alcalde Rey Varela e os Presidentes históricos desta entidade centenaria, se nos comunicou que volverían a habilitar un espazo onde poder exercer o noso traballo no edificio do Ateneo Ferrolán, logo de 2 anos de obras de rehabilitación nas que estivemos dentro do inmoble desenvolvendo as tarefas administrativas desta entidade e que tivemos que deixalo en xuño para facilitar o remate das obras, estando xa no mes de novembro é urxente normalizar a nosa situación administrativa, tal e como quedou comprometido o Alcalde na citada entrevista.
Os traballadores do Ateneo responsabilizamos ao alcalde Rey Varela que, pola demora na recepción da obra, estase a poñer en perigo os nosos postos de traballo. O Alcalde Rey Varela non contestou ás nosas comunicacións presentadas por rexistro no Concello, non lle interesa nin lle importa a perda de máis postos de traballo nesta cidade.
Xa non hai máis desculpas ... a instalación do gas está rematada!
Sr. Alcalde Rey Varela queremos traballar, recepcione xa as obras da sede do Ateneo Ferrolán!
Asinan:
Mª Soledad Fontenla Fuster
Cristina Meizoso Alonso
Fernando Rivera García
Etiquetas: Novas
Mércores día 17 de outubro as 11 horas na Galería Sargadelos
(Por mor das obras de rehabilitación da nosa sede, pechada dende xuño do ano 2010)
Asistirán:
- Miguel Tellado, PP
- Alvaro Montes Celeiro, CxG
- Fernando Blanco, BNG
- Beatriz Sestayo, PSdG-PSOE
- Yolanda Díaz, Alternativa Galega de Esquerda
Entrada libre e gratuíta.
O debate será retransmitido en diferido no programa de radio Divertimento para Pequenos Monstros, o xoves ás 18h. en Rádio FilispiM, no 93.9 da FM.
Etiquetas: Novas
Programación do 4º Trimestre do Ateneo Ferolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.10.12Descarga a Programación [PDF]
Etiquetas: Novas
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.9.12Benquerido/a socio/a:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o xoves día 4 de outubro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda no auditorio do Ateneo Ferrolán, coa seguinte
ORDE DO DÍA
- 1.- Situación do edificio da nosa sede.
- 2.- Presentación programación actividades 4º trimestre.
- 3.- Memoria económica. Donativos e cotas.
- 4.- Campaña captación socios e socias.
- 5.- Estatutos. Socios protectores.
- 6.- Rogos e preguntas
Asdo.- Ramón Veloso Rodríguez
Presidente
Listado da Selección do XXII Certame Fotografía Medio Ambiente 2012.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.6.12Noraboa a tod@s!
INAUGURACIÓN: martes día 5 de xuño de 2012
HORA: 20 horas.
LUGAR: Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.
O Xurado cualificador do XXII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2012, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), OVIDIO ALDEGUNDE ÁLVAREZ (Fotógrafo) e XOAN PORTO (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 31 de maio de 2012, toma os seguintes acordos: seleccionar un total de 50 fotografías para a exposición fotográfica e entrega de Premios.
- ALBERTO PORRES VIÑES – TARRAGONA
MAR EN CALMA
INMENSIDAD - ANA ISABEL PERNAS TARACIDO, CARIÑO (A CORUÑA)
CATIVEIRO - CARLOS CRUZ LOPEZ, FERROL
PAISAJE ARTIFICIAL - EDUARDO PEREIRA GORGOZO, NARÓN
XIRASOLES E FABRICAS
OLLADA DE NAI - FERNANDO ROMÁN AREÁN, MILLADOIRO - AMES (A CORUÑA)
BOLBORETA
CASTIÑEIRO - GUILLERMO LLORCA FREIRE, FERROL
INVERNÍA - IVÁN FERNÁNDEZ TABOADA, FERROL
CONSTRUCCIONES QUE TOCAN EL CIELO - JESÚS PAZOS LAVANDEIRA, FERROL
PASTOREO
ENFERMA TERMINAL - JORDI REIG PURGIMON, SOLSONA (LLEIDA)
ROELLA
OCELL - JORGE MEIS DÍAZ, FERROL
NUBES
AGUA DE LLUVIA - JOSÉ ARDÁ BLANCO, LIMODRE - FENE
(DE)LIRIOS - JOSE FRANCISCO RODRIGUEZ NIETO, NARON
EL ULTIMO ARBOL - JOSE JUAN BUJONES COUCE, O BURGO - CULLEREDO (A CORUÑA)
EL GUARDIÁN DEL MAR - JOSE LUIS GARCÍA GARCÍA, MÁLAGA
AMANECER
SEGOU - JOSE MEIS MEAÑO, MABEGONDO - (A CORUÑA)
PAISAJE PRIMITIVO (FERROLTERRA)
DIALOGOS ARBOREOS - JOSÉ ROMERO PARADELA, A CORUÑA
GOLPE DE MAR - JUAN ANTONIO PALACIOS GARCÍA, EIBAR (GUIPÚZCOA)
OTZARRETA
AMANECER EN DEBA
SAKONETE - JUAN MANUEL HERNÁNDEZ LÓPEZ, COLLADO - VILLALBA (MADRID)
BOSQUE ANIMADO
PAPAMOSCAS CERROJILLO
BUITRES NEGROS - LUIS BOTANA PÉREZ, FERROL
ESTRELLAS DE MAR - MANUEL LÓPEZ FRANCÉS, VILLENA - ALICANTE
PESCA EN CIUDAD DE ÁGILAS 4
CAMINO A LA PLANTACIÓN
MANOS QUE TRABAJAN, NO SON MANOS, SINO ALHAJAS - MARIO LLORCA LOUREIRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA
EL MUNDO DIMINUTO - MARIO PEREDA BERGA, MADRID
IN.S.O.S.TIBLE - MIGUEL ALEJANDRO AGREDA ROJAS, QUÉBEC - CANADA
A LA INTEMPERIE - MIGUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ, FERROL
CABALIÑO DE DEUS - PABLO COVELO FIGUEIREDO, VIGO
SÓLTATE - PABLO GUTIERREZ VARGA, FERROL
ACORRALADOS - RAFAEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, MÁLAGA
TRIUNFO DE LA NATURALEZA - RAMÓN SEQUEIRO FERREÑO, FERROL
ENRREDO - ROBERTO MARÍN RICO, FERROL
ABERRACIÓN - ROBERTO ZALDÍVAR EZQUERRO, LOGROÑO
PAISAJE CONTAMINADO
HERIDA ABIERTA - VICTOR RAMOS CANCELA, FERROL
ANGRY BIRD - VICTOR RIVERA JOVE, FERROL
INDECISIÓN
MI RINCÓN - XAN XE CORRAL PAZ, FENE
PAISAXE DUNHA CADEIRA ESPIDA
A FRAGA QUEIMADA
Etiquetas: Certame Fotográfico, Novas

Se queres colaborar co Ateneo Ferrolán, podes adquirir algún dos artigos que temos á venda poñéndote en contacto co Ateneo Ferrolán mediante o email secretaria@ateneoferrolan.org
ARTIGO
|
IMAXE
|
PREZO
|
Libro “Hildegart en La Tierra”
| 15 € | |
Libro “El manuscrito encontrado en Ciempozuelos”
| 10 € | |
Libro “A mi no me doblega nadie”
| 13 € | |
Libro “El problema sexual tratado por una mujer española”
| 8 € | |
Libro “Paternidad Voluntaria”
| 8 € | |
Libro “A emigración galega e o sindicalismo cubano”
| 6 € | |
Camisetas “Concepción Arenal”
"As forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse" Concepción Arenal
Camiseta á venda/solidaria co Ateneo Ferrolán. Para muller, home e nen@s en diferentes tallas e cores |
10 €
| |
Crachás:
|
1 €
| |
Tenda Online actualizada a febreiro de 2016
Etiquetas: Bono Axuda, Cultura
Revista Atenea nº44 [Especial Crise e Cultura]
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.5.12Etiquetas: Revista ATENEA
Nova sección na Revista Atenea: ESPAZO ATENEÍSTA
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.5.12
O Ateneo Ferrolán, pon á vosa disposición a Revista "ATENEA" nunha nova sección que chamaremos ESPAZO ATENEÍSTA, onde as socias, socios e a cidadanía en xeral teñan unha canle de expresión libre para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados, artigos, críticas... para que enviedes unha colaboración de máximo 1.000 caracteres en idioma galego que, de ser seleccionada, sairá publicada na nosa publicación. Ven sendo unha continuación do xa comezado na nosa revista, pero agora terá unha sección fixa.
De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico a túa proposta facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 30 de xuño de 2012.
Etiquetas: Novas, Revista ATENEA
O venres día 11 de maio ás 20,15 h. no Centro Cultural Carballo Calero, con entrada de balde e organizado polo Ateneo Ferrolán, haberá un concerto do CORO MIXTO DIAPASÓN baixo o lema:
"Homenaxe á diversidade lingüística"
A coincidencia o participar ámbolos dous nun obradoiro de música contemporánea, impartido polo seu director Juan Brage, foi o desencadeante e elemento decisivo no devir do Coro, xa que Diapasón interpreta fundamentalmente música coral contemporánea, tanto culta coma popular.
O Coro e unha interesante mixtura de persoas de diferentes idades. Está formado por 22 membros, moitos deles, os máis xóvenes, estudantes no Conservatorio de música de Ferrol.
No concerto de hoxe, Diapasón fará un percorrido por varios lugares do mundo, cantando temas compostos en diversas falas hasta oito distintas- tratándo de homenaxear así ó máis importante instrumento de comunicación e entendemento entre as persoas, a linguaxe.
PROGRAMA
E. Morricone / (Film La Misión) Italia. Latín
Open thou mine eyes
J. Rutter. Inglaterra Inglés
Hanacpachap cussicuinin
Anónimo. Perú. Quechúa
An Irish blessing
Popular Irlanda. Inglés
*Dirait-on
M. Lauridsen. EE.UU. Francés
*A Gaelic blessing
J. Rutter. Inglaterra. Inglés
*AveVerum
W. A. Mozart. Austria. Latín
*Unchained melody
A.North/ (Film Ghost) EE.UU. Inglés
Boiadeiro
Cavalcanti - Caldas. Brasil. Portugués
Duerme negrito
A.Yupanki / (J.Brage). Argentina. Castelán
Esta tierra
J.Busto España. Castelán
What a wonderful world
Weis-Thiele. EE.UU. Inglés
Mamma mía
ABBA / (J.Brage) Suecia. Inglés
Il Cu- cú
O. Berti. Italia. Italiano
*Os teus ollos C. Enriquez - C. Chané. Galicia. Galego
*Pomba dourada
A.Cunqueiro - L. E. Batallán. Galicia. Galego
Cada noite
R..Castro - M..Zumalave / (Domínguez). Galicia. Galego
Canto de berce
R.Groba Galicia. Galego
*Acompañamento de piano (Iago González)
Director: Juan Brage
Etiquetas: Música en Directo, Novas
XXII Certame Fotográfico sobre medio-ambiente do Ateneo Ferrolán.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.4.12Etiquetas: Certame Fotográfico
Etiquetas: Mostra de Documentais en Galego
A Constitución de 1812. Ferrol e Alonso López
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.3.12a cargo de: Teodosio Ramírez Criado.
Avogado, especialista en Dereito Constitucional. Colaborador habitual en diferentes medios de comunicación.
DATA: xoves día 15 de marzo de 2012
HORA: 8 tarde.
LUGAR: Galería Sargadelos.
Etiquetas: Conferencias
Participa no especial: "A cultura como alimento contra a crise"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.3.12O Ateneo Ferrolán, volve a poñer á vosa disposición a Revista "ATENEA" para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática:
Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados...... e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº44 de abril-maio-xuño 2012.
De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012.
Etiquetas: Novas, Revista ATENEA
Participa na II MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.2.12GRAZAS POR PARTICIPAR!
Etiquetas: Mostra de Documentais en Galego
Revista Atenea nº43 [Un conto de nadal atípico para unha nenez atea]
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.1.12Revista Atenea [a revista do Ateneo Ferrolán] nº43 de Xaneiro-Febreiro-Marzo de 2012
Etiquetas: Revista ATENEA