III Xornadas de Documentación do Ateneo. Xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.


III Xornadas de Documentación do Ateneo

"Bibliotecas especializadas: experiencias"

O xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.

As Bibliotecas Especializadas nas III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 1 e o venres 2 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as III Xornadas de Documentación «Bibliotecas especializadas: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

Como instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan elementos informativos a investigación (científica, humanística e social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos sociais moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.

A profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, Rocío Ameneiros Rodríguez, impartirá a conferencia inaugural poñendo en contexto o concepto, a tipoloxía e funcións das bibliotecas especializadas e as súas coleccións.

Pola súa banda, Tomás Lagunas Montero, facultativo da Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín” abordará a formación en estratexias na investigación e a formación documental destinada aos estudantes de Fin de Grao e Fin de Máster.

Para rematar o primeiro día das xornadas, Eliseo Fernández Fernández, como responsable da Biblioteca Técnica da “Escuela Antonio de Escaño”, enumerará os servizos que prestan as distintas Bibliotecas da Escola aos alumnos e persoal.

Ao día seguinte, responsables do Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (E.P.A.P.U.) do Centro Penitenciario de Teixeiro, relatarán as experiencias da biblioteca escolar como dinamizador da vida académica nun medio penitenciario.

A continuación, Félix Villares Mouteira, director da Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol explicará as características dunha das máis importantes bibliotecas do país cun fondo de monumental importancia histórica e patrimonial.

Uxía Gutiérrez Couto pechará as xornadas cunha charla sobre a Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia, a evolución dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca virtual para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde.

As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación.

Máis información


Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org





Fotos: https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1778400312415948

Ferrol en negro contra a violencia machista. Venres #25N Proxección "Ladybird, ladybird" ás 19 h.



#25N Dia Internacional Contra a Violencia de Xenero

O Ateneo Ferrolán participa da campaña:

"Ferrol en negro contra a violencia machista"

Campaña: http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia cara á muller no Iº Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.

Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e a violación e o acoso sexual a nivel de estados incluíndo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.

Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.

En 1999, a ONU deu caracter oficial a esta data

A violencia de xénero é unha secuela que non podemos combater sen a implicación de todas e todos.


O venres dia 25 de novembro as 19 h. no Ateneo Ferrolán 

Proxeccion da pelicula de Ken Loach “LADYBIRD, LADYBIRD”

Ano 1994 Duración 102 min. País Reino Unido
Director Ken Loach

Reparto: Crissy RockVladimir Vega, Ray Winstone, Sandie LavelleMauricio VenegasClare PerkinsJason Stracey

Sinopse: Maggie ten catro fillos, todos de distintos pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, albisca a posibilidade de refacer por fin o seu fogar. Con todo, o seu pasado segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos seus fillos, pero Maggie non se dá por vencida.

Presentación do libro «El Fulgor». Xoves 17 de novembro ás 19 h.



Presentación do libro «El Fulgor» 
da autora Magali Rodríguez  
Xoves día 17 de novembro ás 19 h. no salón de actos do #Ateneo

Sinopsis:
«Durante el Baile de Primavera, cuando la paz reina en el Ducado, un incendio devasta la mansión. Una extraña pareja murmura entre cortinajes. El caos corre como la pólvora y no hay escapatoria posible del infierno.
Seis meses antes los engranajes de una armonía confusa encajan mientras la Duquesa se adapta a sus cercanos treinta años. Los gemelos Casio y Owen son incapaces de ocultar el desprecio mutuo. Los hermanos Lisitsa dividen sus caminos y Libelle se preocupa por un secreto que no debería haber descubierto.
La cuenta atrás ha comenzado, ¿cómo se inició el incendio? ¿Quién es el culpable? ¿Quién sobrevivirá?»

Es una novela que mezcla lo fantástico con la ciencia ficción. Una distopía en un mundo perfecto que oculta otra realidad bajo su esplendor.

Sobre mí:
Nací en Buenos Aires, Argentina en 1990, A los 14 años me vine a vivir a España con mi familia y desde entonces vivo en Ferrol. Desde niña siento una auténtica pasión por la literatura. Participé en varios concursos, ganando el concurso de microrrelatos en gallego con el relato "O novo mundo" organizado por el CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro en el que estudio.

Redes Sociales:

"Fotografiar con mal tiempo, un buen momento" de Eduardo Blanco Mendizábal. Venres día 18 ás 20,30 h.



Eduardo Blanco Mendizábal presenta o seu libro 
"Fotografiar con mal tiempo, un buen momento"

o venres día 18 de novembro, ás 20.30 h no Ateneo Ferrolán (Ferrol).
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.

Esta obra está especialmente indicada para aqueles afeccionados á fotografía que desenvolven a súa actividade ao aire libre e para os apaixonados da meteoroloxía que desexan mellorar a súa técnica fotográfica.

"O autor analiza as diversas condicións atmosféricas e os fenómenos físicos que se producen na natureza (nubes, tormentas, eclipses, néboa, meteoros ópticos, auroras polares, volcáns, terremotos, etc.) e achega consellos prácticos para sacarlles partido. Para iso baséase na súa experiencia como fotógrafo profesional, xa que traballou esta temática durante varios anos visitando lugares como o deserto do Sahara, a selva do Amazonas, o macizo dos Alpes ou o círculo polar ártico, sen esquecer o que sucedía á beira da súa casa.

Ademais de valiosos recursos técnicos e os datos de realización da toma, neste libro atoparás unha variada galería de imaxes que inspirarán as túas próximas saídas fotográficas".


Máis información sobre o libro: 

http://ebmfoto.com/tienda/libros-ebooks/foto-mal-tiempo/

Exposición "Empoderamento da Muller" e Recital Poético. Mércores 16 ás 19 h.



Mostra "Cinema e Sociedade 2016" 


Mércores 16 de novembro ás 19 h. inauguración da exposición "Empoderamento da Muller" e durante o cal se realizará un recital de poesía acompañando ao violín Estrela e coa participación de:

Aurora Varela
Angeles Delgado
Cristina Sainz
Rosa Martínez
Silvia Romaus



Documental "10 anos da Rádio Livre e Comunitária" da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM. Venres 11 ás 20,30 h.





Presentación do documental
"10 anos da Rádio Livre e Comunitária" da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM

que se estrea o 11 de Novembro de 2016 ás 20,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/1800768893544858/

Queremos agradecer ao equipo que desinteresadamente, con agarimo e profesionalidade crearon este documental: Juanpa Ameneiros, Xende López e Óscar Quant. Un traballo fantástico! ao Ateneo Ferrolán por acollernos dende o principio e á A.C. Fuco Buxán por facilitarnos o noso local, a ese feixe de músicos, artistas e persoas en xeral que colaboraron xenerosamente connosco e nos prestaron axuda cando a necesitamos, a quen colabora dalgún xeito coa radio: facendo programas, escoitando, divulgando, como socias ou socios colaboradores, mercando material, rifas, CDs, camisolas, chapas, asistindo ás nosas sesións vermú, ós ciclos de cinema ou o festival Conspirando por umha Rádio Livre, a quen participa nas exposicións e nos FilispiM Vai!, a quen dá sentido a este proxecto servíndose del para difundiren as súas actividades e reivindicacións ou escoitándo ao outro lado do aparato.

Grazas a quen puxo parte do seu tempo e adicación dentro do Colectivo OPAÍÍ.

Ao voso servizo estamos.
Rádio Filispim. Novembro 2016.

Related Posts with Thumbnails