III Xornadas de Documentación do Ateneo
"Bibliotecas especializadas: experiencias"
O xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.
As
Bibliotecas Especializadas nas III Xornadas de Documentación do
Ateneo Ferrolán
O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves
1 e o venres 2 de decembro, a partir das 17.00 horas,
na súa sede da rúa Magdalena, as III Xornadas de Documentación
«Bibliotecas
especializadas: experiencias»,
presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.
Como
instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan
elementos informativos a investigación (científica, humanística e
social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos
sociais moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en
traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer
as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo
tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar
visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que
realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o
Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.
A
profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación
da UDC, Rocío Ameneiros Rodríguez, impartirá a conferencia
inaugural poñendo en contexto o concepto, a tipoloxía e funcións
das bibliotecas especializadas e as súas coleccións.
Pola
súa banda, Tomás Lagunas Montero, facultativo da Biblioteca
do Campus de Esteiro “Casa do Patín” abordará a formación en
estratexias na investigación e a formación documental destinada aos
estudantes de Fin de Grao e Fin de Máster.
Para
rematar o primeiro día das xornadas, Eliseo Fernández Fernández,
como responsable da Biblioteca Técnica da “Escuela Antonio de
Escaño”, enumerará os servizos que prestan as distintas
Bibliotecas da Escola aos alumnos e persoal.
Ao
día seguinte, responsables do Centro Público de Educación e
Promoción de Adultos (E.P.A.P.U.) do Centro Penitenciario de
Teixeiro, relatarán as experiencias da biblioteca escolar como
dinamizador da vida académica nun medio penitenciario.
A
continuación, Félix Villares Mouteira, director da
Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de
Mondoñedo-Ferrol explicará as características dunha das máis
importantes bibliotecas do país cun fondo de monumental importancia
histórica e patrimonial.
Uxía
Gutiérrez Couto pechará as xornadas cunha charla sobre a
Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia, a
evolución dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca
virtual para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de
saúde.
As
XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio
moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do
Ateneo Ferrolán.
O contexto das XornadasDOC
As
XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar
visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que
realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación.
Máis información
Máis
información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org
Fotos: https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1778400312415948
Ningún comentario:
Publicar un comentario