As entidades ATENEO FERROLÁN e CAIXANOVA convocan o VII Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2009.
Este certame está dirixido a centros de ensino, entidades ou sociedades culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, coa fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.
Buscar neste blog
29 xaneiro 2009
Desconto nas entradas do Jofre para @ soci@s do Ateneo
Hola a tod@s.
Para acreditar que sodes SOCI@S do ATENEO FERROLÁN e acadar así os descontos, é necesario que pasedes polas nosas oficinas e retiredes unha CERTIFICACIÓN que acredite a vosa alta nesta entidade.
Grazas, se tedes dudas comunicádevos con nós!
Un saúdo da Xunta Directiva!
O Concello establece descontos do 20% nas entradas do Teatro Jofre para favorecer a asistencia.
Xa está na rúa a nosa revista trimestral "ATENEA 33"
SUMARIO ATENEA 33
EDITORIAL
SERVIZOS
- BIBLIOTECA – HEMEROTECA
- BREVES HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA (6)
- PROXECTO FUNDACIÓN BARRIÉ DE LA MAZA
- DÍA DA BIBLIOTECA
- JULIA UCEDA: FILLA ADOPTIVA DE FERROL
- FALECEU O POETA RAMIRO FONTE
- ATENEO SANTIAGO DE CUBA
- 60 ANOS DA DECLARACIÓN DEREITOS HUMANOS
- CARTA ABERTA DO PRESIDENTE DO ATENEO
- CAMPAÑA CAPTACIÓN SOCIOS / SOCIAS
- INFORME CARTA EUROPEA DAS LINGUAS
- FSG: ALIANZA E MOBILIZACIÓNS PARA O 2009
- PROGRAMA RADIO FILISPIM “ATENEA”
- ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL “A CASA DO POETA”
- “EM DEFENSA PRÓPIA” por SECHU SENDE
- “O CONCELLO DE FERROL NO REINADO DE ISABEL II. 150 ANOS” por PILAR BLANCO VIDAL
- “A MORTE DOCE DA LÍNGUA” por Carlos Callón
- “REFLEXIÓNS” por Eliseo Zaera Ríos
- PROGRAMACION XANEIRO – FEBREIRO – MARZO 09
- MEMORIA ACTIVIDADES do ATENEO ANO 2008
- CONVOCATORIA XIX CERTAME FOTOGRÁFICO MEDIO AMBIENTE 2009
- CONVOCATORIA VII CERTAME INFANTIL E XUVENIL ATENEA 2009
- DÍA DA NON VIOLENCIA MACHISTA
- JULIA UCEDA VALIENTE
- RAMIRO FONTE
- MAHMUD DARWIX
22 xaneiro 2009
A casa do poeta, espectáculo poético-musical
Seguindo a liña da "Volta ás Rías Galegas en verso" e de "Elaborando o meu delirio", presento a nova xira que levará A casa do poeta polos pobos da nosa terra, recuperando as vellas tradicións trobadorescas e levando a cultura ás rúas, as prazas, sempre que o tempo acompañe, senón refuxiarémonos en teatros, librarías, bares... Convertendo este proxecto nun espectáculo en movemento, que eleve a poesía e outras artes tamén con menos repercusión ao lugar que lle corresponde, amosando un anaco máis da diversidade cultural de Galicia.
20 xaneiro 2009
Fito Mansilla en concerto no Ateneo Ferrolán
Sábado día 31 ás 20 horas.
Entrada:Destacan nel dúas vertentes: Por unha banda, unha firme aposta encamiñada cara ao pop e o rock, onde imperan as melodías rotundas e elegantes. E por outro, o intimismo máis espido, que flúe do sentir dun home que sempre quixo amar a corazón aberto –sen vacinas contra a dor –, respirar a realidade a bocanadas e vivir a pé de beirarrúa, para sentir o pulso da cidade, o belo caos que nos circunda.
- Público 5 €
- Socios e Socias 3 €
www.myspace.com/fitomansilla
www.morganbritos.net
16 xaneiro 2009
Xornadas, exposición e proxección sobre o medio mariño
Venres 30 de xaneiro
Organiza a Sociedade Galega de Historia Natural (Delegación Ferrol), sección “Mamíferos Mariños” e “Museo da Natureza”.
Patrocina o Concello de Ferrol [Concellería de Medio Ambiente].
Participa o Ateneo Ferrolán.
Xoves 5 de febreiro
- 12h. – Apertura da exposición “Azul e Branco” – “A Natureza Galega”
Presentación da exposición fotográfica sobre a Antártida de Carlos Caraglia que poderá visitarse ata o día 28 de Febreiro. O “Museo da Natureza” compartirá o espazo expositivo cunha representación dos últimos traballos de conservación e montaxes de esqueletos realizados nos últimos tempos.- 18:30h. – Presentación do vídeo “Proxecto polar”
Conferencia e proxección do vídeo, impartido polo autor e director do proxecto, Carlos Caraglia. A través de imaxes de vídeo e fotografías de gran formato contemplamos distintas paisaxes do continente xeado así como dos animais que poboan estas terras. Con esta exposición preténdese sensibilizar á xente da fraxilidade duns ecosistemas únicos que alberga tesouros aínda por descubrir.
Venres 6 de Febreiro
- 18:30h. - Conferencia “Fósiles de cetáceos modernos”
Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Pescadores locais obteñen en redes de arrastre espécimes destes fósiles que datan do Mioceno e Plioceno, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos fangosos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Conferencia impartida por Ismael Mijan Vilasanchez Integrante da XDL da SGHN Ferrol.
Venres 13 de febreiro
- 18:30h. – Conferencia “Anatomía e fisioloxía dos cetáceos”
Os cetáceos, uns animais complexos adaptados a un medio tan alleo e hostil como é o mar, posúen uns mecanismos fisiolóxicos de adaptacións froito da evolución dende os primeiros antepasados, hai uns 50 millóns de anos, termorregulación, locomoción ou algo tan fundamental como o aleitado das crías baixo a auga. Conferencia impartida pola Doutora Nuria Alemañ do Departamento de Anatomía e Produción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC).
Mércores 25 de febreiro
- 18:30h. – Conferencia “Proxecto de recuperación da tartaruga de coiro en Costa Rica”
As tartarugas mariñas teñen unha antigüidade de máis de 100 millóns de anos e ao longo da súa historia foron capaces de sobrevivir a cambios no medio, incluso a aqueles que orixinaron a desaparición dos dinosauros. Nembargante, poucas décadas de actividades humanas (saqueo de ovos, captura de exemplares adultos, pesca accidental, contaminación, destrución de hábitats,...) as puxeron en serio perigo de extinción. Conferencia impartida por Sonia Aguiar Berea integrante da XDL da SGHN Ferrol.
Venres 27 de Febreiro
- 18:30h. – Conferencia “Unha ría a recuperar”
Impartida polo Biólogo da Cofradía de Barallobre e membro da SGHN Ferrol, Joan Ferreiro Caramés.
- 18:30h. – Conferencia “Recuperación de lobos Mariños e tartarugas na UCI da SGHN Ferrol”
As tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) creouse para atender a focas e tartarugas en primeira fase de recuperación, na que polas súas doenzas precisan tratamento veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. Conferencia impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN.
Todas as actividades serán no Salón de actos do Ateneo Ferrolán
Organiza a Sociedade Galega de Historia Natural (Delegación Ferrol), sección “Mamíferos Mariños” e “Museo da Natureza”.
Patrocina o Concello de Ferrol [Concellería de Medio Ambiente].
Participa o Ateneo Ferrolán.
15 xaneiro 2009
Exposición dos Irmáns Suárez Picallo
O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo.
Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse unha comisión encargada de organizar unha serie de actos.
A exposición Irmáns Suárez está composta por 10 paneis biográficos, seis dedicados ás 3 grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.
Esta EXPOSICIÓN estará no ATENEO FERROLÁN (2ª planta) dende o 16 ao 30 de xaneiro.
Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse unha comisión encargada de organizar unha serie de actos.
A exposición Irmáns Suárez está composta por 10 paneis biográficos, seis dedicados ás 3 grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.
Esta EXPOSICIÓN estará no ATENEO FERROLÁN (2ª planta) dende o 16 ao 30 de xaneiro.
13 xaneiro 2009
Bases para o XIX certame fotográfico do Medio Ambiente 2009
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)