Presentación libro "Náufragas no mar e na terra" poemario da autora Elisabeth Oliveira que estará acompañada por Eugénia Sanmartín (actriz e cantora)
Venres día 2 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Elisabeth Oliveira naceu na rexión de Lille (Francia), de pai e nai portugueses. Creceu navegando entre dúas culturas e linguas. É licenciada en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. Instalouse en Galiza en 1995 e namourou definitivamente desta terra e desta xente. En 2016, publicou POESIS, un poemario en catro linguas con cancións creadas a partir dos poemas, tamén en catro linguas.
"Náufragas no mar e na terra", poemario integramente en galego (novembro 2019) é unha homenaxe ás mulleres valentes que arriscan a vida nun mar cemmenterio por tentar salvala ou maltratadas na terra. O poemario pecha cun poema esperanzador.
A autora participou en varios festivais (Entreverbas, Kerouak, Poesía Salavxe) e numerosos recitais en Galiza e Portugal.
Leva o grupo "Noite de Letras" de Pontevedra que reúne artistas unha vez ao més e o club de lectura en portugués da libraría Paz (Pontevedra).
Ningún comentario:
Publicar un comentario