Buscar neste blog

16 decembro 2019

XXVI Xornadas da Gaita "Antón Varela (Tonecho)" Ateneo Ferrolán. 20 de decembro ás 20 h.


XXVI Xornadas da Gaita "Antón Varela (Tonecho)" Ateneo Ferrolán
20 de decembro de 2019 ás 20 h.



XORNADAS DA GAITA
A celebrar en decembro no Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.

Pois ben, logo dun tempo retomamos estas Xornadas renomeándolas como Xornadas da Gaita "Antón Varela (Tonecho)" en homenaxe a Tonecho que foi o coordinador dende os seus inicios e contamos cos parabéns da súa filla Erika e do novo coordinador das mesmas Marcos García.

Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.

Entre outros e durante vintecinco anos pasaron polo ATENEO FERROLÁN entre outros:

IVÁN COSTA
BAILA NA CRIBA
CARLOS ZAERA E OSCAR IBAÑEZ
JEAN CRISTOPHE MAILLARD
RAPARIGOS
XEREMIERS DE CALATRABA (Mallorca)
GRUPO UNIVERSIDADE POPULAR DE VIGO
FUXAN OS VENTOS
A MUSGAÑA ( Asturias)
ALFOLIES
JOHN & FRANCES
CARLOS NUÑEZ
DAVID SPILLANE AND BAND (Inlgés e rumano)
ANXO PINTOS
DÚO BERTRAND
PATRIC MOLARD (Breton)
MILLADORIO
PEC – TONI
JOSÉ FERREIRÓS
MARIE LE CAM - Gaiteira Solista Bretona (Gaita Escocesa)
GRUPO FOLK “VERIA”
TRIO "3 DAS CÓXEGAS"
LUVAS VERDES
BANDA DE GAITAS AGARIMO
RONCOS DO DIABO (Portugal)
TRÍO VAAMONDE, LAMAS & ROMERO
AIRINHOS DEL CAMPITO
BERROS DO CASTRO
DÚO DE ZANFONAS «SOBRE RODAS»

03 decembro 2019

Mostra pictórica "PERSONAXES" de Carmen Prado. Ate o 27 de decembro de 2019

Mostra pictórica "PERSONAXES" de Carmen Prado
do 3 ao 27 de decembro no #AteneoFerrolán

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, de dicir o que quere, expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotián, situacións, sentimentos cuativos, posturas inacabadas da vida real, personaxes que nos contan historias por terminar. Unhas veces son encontro co seu eu máis íntimo e recolleito e outras pura extroversión.

Carmen consegue penetrarnos no seu mundo persoal, ela vai aos poucos perfeccionando a súa pintura, a súa expresividade, depurando liñas e mellorando composicións que xa sempre foron o seu punto máis forte.

Pintora intuitiva e de profunda motivación, a forma e a composición son a súa tarxeta de presentación máis clara, pero non só conténtase con iso, os seus aterciopeladas mesturas de cor xunta coas suas liñas suaves e sinuosas, convídannos a apreciar ese mundo moi seu rico en ideas, cheo de sentimentos e desbordando esa sensibilidade tan especial que atráenos e conquístanos.

Despois de case 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, en 2013 realiza a súa primeira exposición pictórica.

Que en menos de 4 anos teña obra en Inglaterra, Dinamarca, Francia, Marrocos e en gran parte da nosa xeografía demostra a gran acollida da súa obra.

Esta exposición titúlase Personaxes. Son obras con moita forza que definen perfectamente o carácter independente e case anárquico da súa autora e que, case seguro, non van deixar a ninguén indiferente.